Crepis albida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Crepis albida é unha planta da familia das asteráceas de pétalos amarelos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Trátase dunha planta vivaz duns 20–30 cm e talos pouco ramosos. As follass están case sentadas, carecen de pelos glandulares malia estar cubertas dun denso tomento abrancuxado. Presenta un involucro groso, duns 2 cm de diámetro, coas brácteas ovado-lanceoladas, sendo as exteriores pouco máis longas que anchas. Tanto a corola como os aquenios que desenvolve posteriormente son amarelos.

Forma vital: Hemicriptófito[2]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Distribúese polo Mediterráneo occidental, na Península Ibérica, Francia e Italia. Habita en chans pedregosos, entre rochas e penas.

Citoloxía[editar | editar a fonte]

Número de cromosomas de Crepis albida (Fam. Compositae) e taxóns infraespecíficos Crepis albida subsp. asturica (Lacaita & Pau) Babc.[3] 2n=10.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

  • Barkhausia albida var. albida
  • Barkhausia albida var. macrocephala (Willk.) Rouy
  • Barkhausia albida (Vill.) DC.
  • Crepis albida subsp. albida
  • Crepis albida subsp. asturica (Lacaita & Pau) Babc.
  • Crepis albida subsp. grosii (Pau) Babc.
  • Crepis albida subsp. longicaulis Babc.
  • Crepis albida subsp. macrocephala (Willk.) Babc.
  • Crepis albida subsp. scorzoneroides (Rouy) Babc.
  • Crepis albida var. major Willk.
  • Crepis asturica Lacaita & Pau
  • Crepis grosii Pau

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Crepidinae en Cichorieae Portal". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. Consultado o 06 de abril de 2019. 
  2. "Crepis albida". Universidad de las Islas Baleares: Fotografias detalladas e información da especie. Consultado o 2 de xaneiro de 2012. 
  3. Proves Comentarios cariosistemáticos sobre algunas plantas de los Picos de Europa. Valdés Bermejo, E. & S. Castroviejo (1979) Mém. Soc. Bot. Genève 1: 83-98