José María Crecente Vega
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Crecente Vega")
Xosé María Crecente Vega, nado en Castro de Rei en 1896 e finado en Segovia en 1948, foi un escritor e sacerdote galego.
[editar] Traxectoria
Estudou nos Seminarios de Mondoñedo e Lugo, foi catedrático de latín fora de Galicia. A formación clásica maniféstase na elegancia e sobriedade con que trata os motivos populares. Como escritor seguiu a liña de Antonio Noriega Varela, de carácter ruralista que o enlazan co século XIX.
É autor dun único libro, Codeseira, publicado en 1933, onde o tratamento da paisaxe ofrece resonancias clásicas.
En 2002, o Centro Ramón Piñeiro publicou a obra poética que quedara inédita, nun volume titulado Folla Bricia. Poesía galega completa [1], nunha edición crítica realizada por Ricardo Polín que inclúe tamén os textos de Codeseira.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |