Crass

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crass
Orixe Epping, Essex, Inglaterra Inglaterra
Período 1977 – 1984
Xénero(s) Anarco-punk
Punk rock
Art rock
Noise rock
Rock experimental
Selo(s) discográfico(s) Small Wonder Records, Crass Records
Membros Penny Rimbaud
Gee Vaucher
Steve Ignorant
N. A. Palmer
Phil Free
Pete Wright
Eve Libertine
Joy De Vivre
Mick Duffield
John Loder
Steve Herman
Web oficial Southern Records


Crass foi unha banda de punk-rock anarquista, fundada no condado de Essex (Inglaterra) en 1977[1] e disolta en 1984. Está considerada como a creadora do anarcopunk.

Historia[editar | editar a fonte]

Crass en Bristol, 1981.

Os membros orixinais foron Penny Rimbaud e Steve Ignorant, membros da comuna Dial House de Epping. Máis tarde axuntouse outra xente da mesma comuna (músicos, técnicos e artistas doutros ámbitos). Pasou a ter dous guitarristas (Phil Free e N.A. Palmer, tamén coñecido como B.A. Nana), tres cantantes (Steve Ignorant, Eve Libertine e Joy De Vivre), un baixista (Pete Wright) un batería (Penny Rimbaud, o maior do grupo), unha deseñadora gráfica (Gee Vaucher, coñecida como G ou G.Sus) e Mick Duffield, encargado das luces e a proxección de películas como fondo nos concertos do grupo.

O seu primeiro concerto tivo lugar nun festival okupa en Huntley Street, no norte de Londres, e pouco despois tocaron no club punk The Roxy en Covent Garden. Tamén fixeron concertos con UK subs, pero non moita xente foi mirar estes concertos.

Crass foi a primeira banda denominada anarcopunk. Proclamaban manifestos contra a política nacional, a guerra, a explotación feminina, a explotacion animal e da Terra, e a prol da igualdade e outras loitas sociais. Boicotearon o ataque do exército inglés prohibido pola ONU na guerra das Malvinas. En 1978 crearon polémica coa canción "Punk is dead", do disco The Feeding of the 5000, na que criticaban a comercialización das bandas punk (especialmente The Clash e Sex Pistols) mediante a sinatura de contratos con discográficas multinacionais.

O seu primeiro disco ía ter 18 cancións, pero o estudio onde ían gravar censuroulles un dos temas, polo que decidiron crear o seu propio selo, C.R.A.S.S. Records. Editaron en vinilo discos de numerosas bandas, incluídos eles mesmos, vendendo os discos a prezo de custo. Crass Records foi o selo paradigmático do movemento anarcopunk británico, dando a coñecer a grupos que posteriormente acadarían a fama en círculos independientes. En parte isto logrouse coa edición dos recompilatorios Bullshit Detector («detector de merda», expresión tomada da canción «Garageland» de The Clash), nos que aparecen as primeiras cancións de grupos como Amebix, Omega Tribe, Chumbawamba ou Napalm Death. Outros dos artistas editados son Zoundz, The Mob, Flux of Pink Indians, Poison Girls, Conflict ou Rudimentary Peni.

O selo, dirixido por Penny Rimbaud, seguía un patrón estético determinado nas capas dos discos, popularizando a tipografía Glue stencil, usada en todos os textos. Posteriormente, Crass Records serviu de inspiración para outros selos discográficos independentes montados por antigos artistas que figuraban nel, como Spiderleg Records de Flux of Pink Indians ou Bluurg de Subhumans. A política do selo era lanzar sempre grupos novos, polo que á parte de Crass, ningún grupo publicaba máis dun disco no selo (agás a excepción de Poison Girls na primeira época). Como unha medida, en parte, para esquivar esta regra, creouse o subselo Corpus Christi, que editou os primeiros LP's de Conflict e Rudimentary Peni.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • The Feeding of the 5000 (1978).
  • Stations of The Crass (1979).
  • Penis Envy (1981).
  • Christ - The Album (1982).
  • Yes Sir, I Will (1983).
  • Acts Of Love (1985).

Recompilacións[editar | editar a fonte]

  • Best Before 1984 (1986).

Ao vivo[editar | editar a fonte]

  • Christ: The Bootleg (1989).
  • You'll Ruin It for Everyone (1993).

EPs[editar | editar a fonte]

  • Ten Notes On A Summer's Day (1986).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rimbaud, P.: Shibboleth - My Revolting Life. 1999, AK Press, páx. 69 (en inglés).