Craig Ehlo
Joel Craig Ehlo | |
---|---|
Posición | Base |
Dorsal | 3 |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Nacemento | 11 de agosto de 1961 (62 anos) Lubbock, Texas |
Carreira | |
Universidade | Universidade Estatal de Washington |
NBA Draft | 1983 / Rolda: 3 / Elección: 48 Por Houston Rockets |
Tempadas | 1983–1997 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 7 492 (8,6 pp) |
Rebotes | 3 139 (3,62 pp) |
Asistencias | 2 456 (2,8 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
|
Joel Craig Ehlo, nado en Lubbock (Texas) o 11 de outubro de 1961, foi un xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante 14 tempadas na NBA. Medindo 2,01 metros, xogaba na posición de escolta.
Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
Xogou durante 2 tempadas cos Cougars da Universidade de Washington State, nos que promediou 8,5 puntos e 3,2 asistencias por encontro.
Profesional[editar | editar a fonte]
Foi elixido no posto 48, na terceira rolda do Draft da NBA de 1983 por Houston Rockets, onde permaneceu durante 3 tempadas sen ter demasiada confianza por parte do seu adestrador, xogando apenas 6 minutos por partido. Na tempada 1986-87 fichou por Cleveland Cavaliers, onde pouco a pouco foi facéndose coa titularidade, chegando a facer de media 13,3 puntos, 5,4 rebotes e 4,6 asistencias en 1990. Pero sen dúbida é coñecido por ser o xogador que defendía a Michael Jordan na lendaria xogada chamada The Shot (O Tiro), unha canastra ao final do partido que lle daba a vitoria aos Bulls na primeira rolda dos Playoffs de 1989, á que lle seguiu unha esaxerada celebración por parte de Jordan.[1]
En 1994 foi traspasado a Atlanta Hawks, rematando a súa carreira na tempada 1996-97 no equipo dos Seattle Supersonics. Nos seus 14 anos como profesional promediou 8,6 puntos, 3,6 rebotes e 2,8 asistencias por partido.
Equipos[editar | editar a fonte]
Equipos | Tempadas |
---|---|
Houston Rockets | 1983-1986 |
Mississippi Jets (CBA) | 1986 |
Cleveland Cavaliers | 1986-1993 |
Atlanta Hawks | 1993-1996 |
Seattle Supersonics | 1996-1997 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Jordan consegue "O Tiro"". Enciclopedia da NBA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2014. Consultado o 8 de xullo de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Estadísticas de Craig Ehlo Arquivado 13 de agosto de 2014 en Wayback Machine.
- Web dos fans de Craig Ehlo
- Nados en 1961
- Nados no condado de Lubbock, Texas
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Xogadores dos Seattle SuperSonics