Cracovia - Kraków

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Coordenadas: 50°03′42″N 19°56′14″W / 50.06167°N 19.93722°W / 50.06167; -19.93722

Cracovia
Flag of Krakow.svg Krakow Herb.png
Bandeira Escudo
Mapa
Krakow Mapa1.PNG
Información
País Flag of Poland.svg Polonia
Voivodía Pequena Polonia
Superficie 327 km2
Poboación 754.854 (2009)
Densidade 2,308.4 h/km²
Alcalde Jacek Majchrowski
009KrakówRynek.jpg
www.krakow.pl/

Cracovia (en polaco Kraków, alemán Krakau) é a segunda cidade da Polonia actual, e unha das máis antigas cidades da Polonia histórica, cunha poboación de 780.000 no ano 2004 (1.4 millóns, tendo en conta a área de influencia metropolitana). Esta cidade histórica está situada á beira do río Vístula (Wisła) e aos pés do outeiro Wawel. É tamén a capital da rexión da Pequena Polonia (desde 1999).

Cracovia é tradicionalmente unha das cidades punteiras en educación, cultura e movementos artísticos e tamén achega un importante peso económico ao país. Foi fundada ó redor do ano 700, atacada e devastada polos mongois en 1241, 1259 e 1287, e capital de Polonia entre 1320 e 1596. Formou parte do Imperio austríaco, co nome de Krakau, de 1795 a 1809 e de 1846 a 1914. Durante a invasión de Polonia por parte da Alemaña nazi foi a capital do Goberno Xeral e a poboación xudía foi movida a un recinto fechado chamado Gueto de Cracovia desde onde os foron trasladando aos campos de exterminio de Auschwitz-Birkenau ou Płaszów.

O Centro Histórico de Cracovia foi inscrito pola UNESCO en 1978 na lista do Patrimonio da Humanidade, o mesmo ano en que Karol Wojtyła, ata entón arcebispo de Cracovia, foi elixido Papa. A cidade é sede dunha das máis antigas e prestixiosas universidades de Europa, a Universidade Iaguelónica, universidade que conta ademais cun Centro de Estudos Galegos.

Etimoloxía [editar]

Tradicionalmente afírmase que o nome de Cracovia deriva de Krakus (tamén Krak ou Grakch), o lendario fundador da cidade e líder da tribo dos Lechitians. En polaco, Kraków é unha forma posesiva arcaica de Krak e, esencialmente, significa "(cidade) de Krak". O nome de Krakus podería provir de "krakula", unha verba protoeslava que designa o bastón dun xuíz, ou da palabra protoeslava "krak", que significa carballo, árbore considerada sacra.

A primeira fonte documentada en que aparece mencionado o Príncipe Krakus (escrito Grakch) data de 1190. A cidade existía xa no século VII, habitada pola tribo de Wislanie.

Galería de imaxes [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: