Cozido à portuguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cozido à portuguesa

O Cozido à portuguesa é un cocido tradicional da cociña portuguesa, composto de diferentes vexetais e legumes cocidos xunto con algunhas carnes: principalmente de tenreira e porco. É un prato invernal de gran contundencia e moi enerxético que se serve quente.

Características[editar | editar a fonte]

Realízase como calquera cocido dos existentes na cociña e entre os vexetais empregados están os feixóns (feijões), patacas (batatas), cenorias (cenouras), nabos, coles (couves) e arroz. Entre os produtos cárnicos inclúese galiña (ou polo, frango), entrecosto de porco afumado (entrecosto de porco), orella de porco, etc. Entre os embutidos está a tradicional farinheira, o chourizo (chouriço), a morcilla (morcela), o chouriço de sangue, etc., todos eles dun profundo sabor afumado, sabor e aroma que o caracteriza fronte a outros cocidos da Península Ibérica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cozido à portuguesa