Coxeración

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A coxeración é a produción conxunta de enerxía eléctrica e calor (normalmente vapor) nunha mesma instalación. Por teren maior rendemento que a produción de ambos por separado, son incentivadas polas institucións públicas.

Características[editar | editar a fonte]

A vantaxe da coxeración é a súa maior eficiencia enerxética xa que se aproveita tanto a calor como a enerxía mecánica ou eléctrica dun único proceso, en vez de utilizar unha central eléctrica convencional e para as necesidades calor unha caldeira convencional.

Ao xerar electricidade mediante unha dínamo ou alternador, movidos por un motor térmico ou unha turbina, o aproveitamento da enerxía química do combustíbel é só do 25% ao 40%, e o resto débese disipar en forma de calor. Coa coxeración, aprovéitase unha parte importante da enerxía térmica que normalmente se disiparía á atmosfera ou a unha masa de auga e evita volvela xerar cunha caldeira. Ademais evita os posibles problemas xerados pola calor non aproveitada.

Regulamento[editar | editar a fonte]

O proceso de coxeración ten un reparto máis ou menos fixo entre produción eléctrico/mecánica e calor. Como as necesidades de ambas as dúas enerxías poden variar de xeito diferente, adoita aparecer un excedente de algunha delas.

A enerxía de coxeración inclúese no Réxime Especial de enerxía que lle permite utilizar a coxeración para proverse de toda a calor que necesite e inxectar na rede eléctrica a enerxía eléctrica que non necesite, a una tarifa fixa. Deste xeito evítase que outra central produza esa enerxía dun xeito menos eficiente.

Maquinaria utilizada para instalacións de coxeración[editar | editar a fonte]

  • Turbina de vapor
    • Turbinas de vapor a contrapresión.
    • Turbinas de vapor con toma intermedia.
  • Turbina de gas
  • Motor de combustión interna
  • Pila de combustíbel
  • Microturbinas
  • Motores Stirling
  • Ciclos Rankine con fluído orgánico