Cova de Les Combarelles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mamut gravado de Les Combarelles

A cova de Les Combarelles (en francés grotte des Combarelles) é unha caverna con ornamentación rupestre que está situada no territorio do concello de Les Eyzies de Tayac no departamento de La Dordogne, Francia. Contén máis de 600 gravados parietais, con datación atribuída ao Magdaleniano.

Desde 1979, o sitio figura na lista do patrimonio mundial da UNESCO, conxuntamente con outros lugares prehistóricos e covas ornamentadas da rexión baixo o nome de "Grottes ornées de la vallée de la Vézère".

Visitas[editar | editar a fonte]

Por razóns de conservación, a cantidade de xente que pode entrar na cova está limitada, mais a gruta de Combarelles está sempre accesíbel para visitas (grupos de 6 personas, e é recomendábel reservar con antelación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Louis Capitan, Henri Breuil, Denis Peyrony, Les Combarelles aux Eyzies (Dordogne). París. Institut de paléontologie humaine. 1924.
  • Claude Barrière, L’art pariétal des grottes des Combarelles. SAMRA (Paléo hors-série). 1997.
  • Monique Archambeau e Claude Archambeau, « Les figurations humaines pariétales de la grotte des Combarelles », in Gallia Préhistoire, nº 33, 1991, páxs. 53-81 - ISSN 0016-4127

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]