Cova de Gargas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mans en negativo da cova de Gargas


A gruta de Gargas é unha das máis célebres cavernas decoradas do Paleolítico superior de Europa.

Situación e historia[editar | editar a fonte]

Esta caverna está situada no concello (commune) de Aventignan (Hautes-Pyrénées, Francia), no límite con o Alta Garona, moi preto de Saint-Bertrand-de-Comminges. As súas coordenadas son: 43º 03' 19" N e 0º 32' 10" L.

A caverna foi obxecto de investigacións científicas desde fins do século XIX, con destaque para as escavacións de É. Cartailhac e H. Breuil. As mans pintadas foron advertidas, por vez primeira, o 11 de xuño de 1906, polo investigador Félix Régnault[1]. Está declarada Monumento histórico francés desde 1910.

Vista do interior da gruta (antes de 1908)
Cova de Gargas

Ocupación prehistórica[editar | editar a fonte]

Gargas ten mostrado indicios de ocupación (osamentas, industria lítica, arte mobiliario) que van desde o Musteriense até a Idade Media, mais é famosa especialmente polas súas pinturas e gravados do Paleolítico superior.

Mans en negativo[editar | editar a fonte]

As pinturas son sobre todo numerosas mans negativas realizadas con a técnica do estarcido ou esténsil (a silueta inicial da figura é logo recheada de cor). Son de cores vermellas (ocre), negras (óxido de manganeso, carbón vexetal), e, unha polo menos, branca (talco). En case a metade das mans (47,3 %) só hai unha falanxe ou coteno (sen contar o pulgar), e só o 15,5 % son mans completas[2], o que ten despertado innúmeras hipóteses para explicar a causa: enfermidades, conxelacións, amputacións rituais... Actualmente prefírese outorgarlle unha explicación de significado simbólico, o que apoian numerosos investigadores, de modo que as diferentes imaxes das mans obteríanse dobrando un ou máis cotenos dos dedos. As mans pertencen a individuos de ambos dous sexos e a todos os tramos de idade, desde meniños a adultos[3]. Investigacións minuciosas mostran que as paredes e lugares onde se representaron mans foron elixidos e preparados cuidadosamente[4].

Representacións figuradas[editar | editar a fonte]

Hai tamén numerosos gravados e pinturas de tipo figurativo, que aparecen noutras partes da cavidade, acompañadas de signos. Os animais máis frecuentemente representados son o cabalo, o bisonte, o uro (ou aurochs), o íbice (Capra ibex) e o mamut.

Datación[editar | editar a fonte]

Unha datación polo método do carbono 14 foi efectuada a partir dunha esteliña de óso fincada nunha fenda dunha das paredes decoradas con mans negativas. Se ben non dá directamente a idade das pinturas, estas deben estar próximas no tempo da data obtida: - 26.860 +- 460 anos BP, o que indica que a gruta era frecuentada no Gravetiense antigo. As mans impresas datan moi probabelmente de ese período o que as torna contemporáneas das mans de Cosquer[5].

Outros[editar | editar a fonte]

A gruta de Gargas está aberta ao público. É recomendábel reservar con antelación.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Foucher Pascal, San Juan-Foucher Cristina, Rumeau Yoan, La grotte de Gargas. Un siècle de découvertes, Édition Communautés de Communes du Canton de Saint-Laurent-de-Neste, 2007, 128 pages.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Regnault, Félix 1906 « Empreintes de mains humaines dans la grotte de Gargas (Hautes-Pyrénées) », Bulletin et Mémoires de la Société d’anthropologie de Paris, t. VII, 5esérie : 331-332.
  2. Web oficial da cova de Gargas gargas.free.fr/PAGE_7.html
  3. Web oficial da cova de Gargas gargas.free.fr/PAGE_7.html
  4. Web oficial da cova de Gargas gargas.free.fr/PAGE_7.html
  5. http://grottesdegargas.free.fr/PAGE_7.html