Couso de Salas, Muíños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Couso de Salas
Santuario dos Miragres
ConcelloMuíños[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°57′42″N 7°55′27″O / 41.96166667, -7.92416667Coordenadas: 41°57′42″N 7°55′27″O / 41.96166667, -7.92416667
Área6,9 km²
Poboación111 hab. (2017)
Densidade16,09 hab./km²
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Couso de Salas é unha parroquia do concello de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 147 habitantes, dos cales 75 eran homes e 72 mulleres.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial, do século XVII, ten unha nave con arco de triunfo sobre pilastras de aceso ao presbiterio e sancristía. O retablo, da mesma época, ten dous corpos, con base con relevos dos Evanxelistas pareados e ático coa Trindade.

O santuario dos Miragres comezou a construírse a inicios do século XIX cunha arquitectura de grandes pretensións, pero ficou sen rematar. No retablo maior, que repousa sobre a figura de dous grandes anxos, destaca a Virxe rodeada de anxos.

Couso de Salas na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • A Virxe da Aparecida/ onde foi aparecer:/ antre Couso e Porqueirós,/ meniñas, vámola ver [2].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Couso de Salas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Couso de Salas no concello de Muíños (Ourense)

Calvelo | Cerdedo | Couso de Salas | A Pousa | O Reguego

Parroquias de Muíños[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Muíños

Barxés (Santa María) | Cados (Santa María) | Couso de Salas (Santiago) | Farnadeiros (San Pedro) | As Maus de Salas (Santa Baia) | Muíños (San Pedro) | Parada de Ventosa (San Pedro) | Porqueirós (Santo André) | Prado de Limia (San Salvador) | Requiás (Santiago) | Souto de Limia (Santa María) | Xermeade (San Miguel)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 52). Santiago de Couso de Salas e Santo André de Porqueirós son parroquias do concello de Muíños.