Cotas, Xustáns, Ponte Caldelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cotas
ParroquiaXustáns
ConcelloPonte Caldelas
editar datos en Wikidata ]

Cotas é un lugar da parroquia de Xustáns, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Na actualidade está deshabitado.

Atópase a pouco máis de quilómetro e medio do lugar de Baltar.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi posiblemente fundada a raíz do repoboamento de Galicia na Idade Media. Co nome de Cotiñas ou Castaños, medrou como a típica aldea. Pero co tempo a zona converteuse nun lugar moi propenso a roubos, polo que cara 1790, produciuse un despoboamento que rematou en 1857, coa saída da aldea de Ángela Parrado, que provocou que o núcleo quedase despoboado. A maioría dos habitantes de Cotiñas que marcharon fundaron o núcleo de Baltar, e outros marcharon a núcleos do resto da parroquia.

Poboación[editar | editar a fonte]

Pouco antes de 1790, a poboación de Castaños superaba os 200 habitantes, polo que debía de ser o primeiro ou o segundo núcleo máis poboado da parroquia. Suponse que había máis de 100 homes, xa que no primeiro censo de Baltar aparecen 113 homes adultos.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Xustáns[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Xustáns no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra)

A Aluncía | Baltar | O Chan do Casal | Cotas | O Sobreiro

Parroquias de Ponte Caldelas[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponte Caldelas

Anceu (Santo André) | Caritel (Santa María) | Castro Barbudo (Santa María) | Forzáns (San Fiz) | A Insua (Santa Mariña) | Ponte Caldelas (Santa Eulalia) | Taboadelo (Santiago) | Tourón (Santa María) | Xustáns (San Martiño)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]