Costa do Marfil
| République de Côte d'Ivoire República de Costa do Marfil |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A Costa do Marfil é un país africano, limitado ao norte polo Malí e por Burkina Faso, ao leste polo Gana, a sur polo Océano Atlántico e a oeste pola Liberia e pola Guinea. Capital: Yamousoukro.
Índice |
Historia[editar]
Pouco se coñece da historia da Costa do Marfil antes da chegada dos portugueses na década de 1460. Os principais pobos da rexión eran os Kru, orixinarios de Liberia e os Senoufo e os Lobi, orixinarios de Burkina Faso e Malí. Nos séculos XVIII e XIX ocorreu unha migración de pobos de etnía Akan, que migraron de Ghana, e os Malinké, da actual Guinea.
A Francia interesouse pola rexión na década de 1840, e estableceu contatos con xefes locais para ter o monopolio de comercio na área. A Costa do Marfil foi colonia francesa ata o 1960 en que obtivo a independencia.
Entre 2002 e 2004 o país viviu unha Guerra civil: O norte rebelouse. 10.000 cascos azuis da ONUCN (Forza de Paz da ONU na Costa do Marfil), entre eles 4600 soldados franceses, foron posicionadas entre os belixerantes.
O seu presidente-fundador foi Félix Houpbouët-Boigny ata 1993. Os seus sucesores foron, por orde :
- Henri Konan Bédié, que caiu do poder baixo un golde de Estado no nadal do 1999.
- Robert Guéï, que foi asasinado logo dun golpe encabezado polo Movemento Patriótico da Costa do Marfil en 2002.
- Laurent Gbagbo
Organización político-administrativa[editar]
- Artigo principal: Subdivisións de Costa do Marfil.
Costa do Marfil está dividida en 19 rexións (régions) e 80 departamentos (départements). As 19 rexións son as seguintes:
- Agnéby
- Bafing
- Bas-Sassandra
- Denguélé
- Dix-Huit Montagnes
- Fromager
- Haut-Sassandra
- Lacs
- Lagunes
- Marahoué
- Moyen-Cavally
- Moyen-Comoé
- N'zi-Comoé
- Savanes
- Sud-Bandama
- Sud-Comoé
- Vallée du Bandama
- Worodougou
- Zanzan
Xeografía[editar]
- Artigo principal: Xeografía de Costa do Marfil.
Costa do Marfil ofrece unha gama variada de paisaxes, desde a sabana desértica ao norte ata a selva virxe. O límite sur márcano extensas praias. Esta zona, máis chuviosa, caracterízase polas grandes plantacións de produtos de exportación: café, cacao e banana. No norte a paisaxe vese conformado por unha meseta granítica recuberta de sabanas. Nesta área pequenos propietarios cultivan sorgo, millo e maní.
Economía[editar]
- Artigo principal: Economía de Costa do Marfil.
Mantendo lazos próximos con Francia desde a independencia en 1960, a diversificación da agricultura para a exportación, e o estímulo dos investimentos estranxeiros, fixo de Costa do Marfil un dos países tropicais africanos máis prósperos. No entanto, en anos recentes Costa do Marfil viuse suxeita a máis competencia e o descenso dos prezos no mercado global dos seus cultivos agrícolas principais: café e cacao. Isto, xunto cunha alta corrupción interna, fai a vida difícil para os cultivadores e eses que exportan a mercados estranxeiros.
Demografía[editar]
No ano 2007, Costa do Marfil ten unha poboación de 18.000.000 habitantes. A esperanza de vida é de 49 anos. A media de fillos por muller é de 4.43. O 50.9% da poboación esta alfabetizada. Calcúlase que o 7.0% da poboación esta infectada co virus de VIH (SIDA). Desde que se estabeleceu como unha das nacións mais prósperas economicamente de África occidental que cerca de 20 % da súa poboación consiste en traballadores das viciñas Liberia, Burkina Faso e Guinea. Este feito ten orixinado permanentemente unha tensión crecente en anos recentes, principalmente debido ao feito de que grande parte destes traballadores son musulmáns, encanto que a poboación natural da Costa do Marfil é, esencialmente cristián (principalmente católica romana) e animista.A principal etnia é o pobo Baulé, con presenza na maior parte das zonas centrais.
O 4% da poboación é de orixe non africana. Hai moitos cidadáns franceses, britanicos, e españois. Hai aínda unha minoria de misioneiros protestantes norteamericanos e canadianos.
Ultimamente, cerca de 50.000 franceses e outros europeos saíron da Costa do Marfil debido a fortes tensións políticas.
Cultura[editar]
| Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
|---|---|---|---|
Notas[editar]
|
||||||||