Córtex insular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cortiza insular")
Corte coronal do cerebro onde podemos ver a Ínsula.

O córtex insular ou ínsula de Reil é unha estrutura do cerebro humano. Atópase situada profundamente na superfice lateral do cerebro, que separa os córtex temporal e parietal inferior. Estas rexións corticais superpostas coñécense como opércula; parte dos lóbulos frontal, parietal e temporal forman unha opércula sobre a ínsula, por isto a ínsula non é visible na cara externa do cerebro e queda cuberta polas estruturas citadas.


Papel nas emocións e sentimentos (relación co sistema límbico)[editar | editar a fonte]

O córtex insular, especialmente a súa porción máis anterior, está relacionado co sistema límbico. A ínsula está a converterse no foco de atención de moitas investigacións pola súa función na experiencia subxectiva emocional e a súa representación no corpo. Antonio Damasio propuxo que esta rexión emparella estados viscerais emocionais que están asociados con experiencia emocional, dando cabida aos sentimentos de consciencia. En esencia esta é unha formulación neurobiolóxica das ideas de Willian James, que primeiro propuxo que a experiencia subxectiva emocional (sentimentos) emerxe desde a interpretación dos estados corporais que son elicitados por sucesos emocionais. Este é un exemplo de pensamento formado.

Funcionalmente falando, pénsase que a ínsula procesa a información converxente para producir un contexto emocionalmente relevante para a exepriencia sensorial. Máis especificamente, a ínsula anterior está máis relacionada co olfacto, gusto, sistema nervioso autonómico e función límbica, mentres a ínsula posterior está máis relacionada con funcións somáticas motoras. Experimentalmente demostrouse que a ínsula xoga un importante papel na experiencia da dor e a experiencia dun gran número de emocións básicas, incluíndo odio, medo, desgusto, felicidade e tristeza.

Estudos funcionais con imaxes demostraron tamén que a ínsula está implicada en desexos conscientes como a necesidade de comida ou a necesidade de droga. O que é común con todos estes estados emocionais é que cada cambio no corpo é asociado con cambios cualitativos na experiencia subxectiva. A ínsula está ben situada para a integración de información relacionando estados corporais en procesos emocionais e cognitivos de orde superior. A ínsula recibe información de aferencias hemostáticas a través de vías sensoriais pola vía do tálamo e envía información ou estímulos a outro gran número de estruturas relacionadas co sistema límbico, como a amígdala, o estriado ventral e o córtex órbitofrontal.

A zona anterior dereita da ínsula demostrouse que é a área do cerebro máis significativamente implicada no proceso da mediación.

Estudos recentes levados por Nasyr Naqvy na Universidade de Iowa demostraron que fumadores de tabaco tras sufrir un dano no córtex insular, por exemplo por un golpe, ven desaparecida a súa adicción ao tabaco. Isto suxire un importante papel da ínsula nos mecanismos neurobiolóxicos da adicción á nicotina e outras drogas e converte esta área en obxectivo para o desenvolvemento de investigación de novos fármacos antiadictivos ou mesmo dos posibles beneficios da estimulación magnética transcranial.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]