Corticosterona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corticosterona.
Número CAS: 50-22-6.
Nome IUPAC: (11β)-​11,​21-​dihidroxipregn-​4-​ene-​3,​20-​diona.
Outros nomes: 17-desoxicortisol.

A corticosterona [1] [2] (CORT) ou 17-desoxicortisol [3] é unha hormona esteroide de 21 carbonos do grupo dos corticosteroides producida no córtex adrenal.

Funcións[editar | editar a fonte]

En moitas especies, incluíndo anfibios, réptiles, roedores e aves, a corticosterona é un glicocorticoide principal,[4] que intervén na regulación da enerxía, reaccións inmunitarias e nas respostas ao estrés.

Porén, nos humanos, a corticosterona ten unha feble actividade hormonal, e a súa importancia débese fundamentalmente a que é un intermediario na vía esteroidoxénica que vai da pregnenolona á aldosterona, e que é a seguinte:

pregnenolonaproxesteronadesoxicorticosterona → corticosterona → aldosterona

Nos humanos prodúcese corticosterona principalmente na zona zona fasciculata do córtex das glándulas adrenais. A corticosterona é convertida en aldosterona polo encima aldosterona sintase, que se encontra só nas mitocondrias das células da zona glomerulosa, que é a capa máis superficial do córtex adrenal.

Produción e liberación[editar | editar a fonte]

Un exemplo de vía de liberación desta hormona nos animais, concretamente nos anfibios da especie de tritóns Tarichia granulosa, é a exposición á luz ultravioleta B da súa pel; este estímulo parece desencadear neles a xeración interna de corticosterona. [5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ChemSpider Corticostrone
  2. CHEBI Corticosterone
  3. PubChem compound Corticosterone
  4. "e.hormone | The Hormones : Corticoids". http://e.hormone.tulane.edu/learning/corticoids.html. Consultado o 2009-04-09. 
  5. C. Michael Hogan (2008) Rough-skinned Newt (Taricha granulosa), Globaltwitcher, ed. Nicklas Stromberg [1]

Outras imaxes[editar | editar a fonte]