Corrosion of Conformity

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corrosion of Conformity
Corrosion-of-conformity-band.jpg
Orixe Raleigh, Carolina do Norte, Flag of the United States.svg
Período 1982 – 1987
1989 – 2006
2010 – actualidade
Xénero(s) sludge metal, stoner metal, crossover thrash, hardcore punk
Selo(s) discográfico(s) Sanctuary, Columbia, Metal Blade, Relativity, Caroline, Southern Lord
Membros Reed Mullin
Woody Weatherman
Mike Dean
Pepper Keenan
Antigos membros Karl Agell
Phil Swisher
Simon Bob Sinister
Eric Eycke
Robert Stewart
Benji Shelton
Jimmy Bower
Jason Patterson
Na rede
http://www.coc.com/

Corrosion of Conformity (tamén coñecida como C.O.C.) é unha banda estadounidense de heavy metal procedente de Raleigh, Carolina do Norte e formada en 1982. Durante case toda a súa existencia a banda estivo composta polo guitarrista Woody Weatherman, o baixista Mike Dean, o batería Reed Mullin e o vocalista e guitarrista Pepper Keenan (que se uniu ao grupo en 1989). Despois dun hiato en 2006, Corrosion of Conformity regresou no 2010 sen Keenan, que actualmente está en Down.

Ata a data Corrosion of Conformity leva editados sete álbums de estudio, dous EPs, un recompilatorio e un álbum ao vivo. O seus tres primeiros lanzamentos foron por selos independentes, e estes chamaron a atención de Columbia Records, coa cal asinaron en 1993, lanzando Deliverance, o seu disco máis exitoso ata a data, un ano máis tarde. Os seus seguintes tres álbum tamén foron un éxito de crítica. Corrosion of Conformity está actualmente traballando no seu oitavo álbum de estudio, o cal agardan editar durante o ano 2011.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]