Correos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edificio de Correos en Vigo, obra de Manuel Gómez Román.

O servizo postal ou servizo de correos é un sistema dedicado a transportar cartas, así como outros documentos escritos e paquetes de tamaño pequeno ou medio ao redor do mundo, así como xiros. Todo documento enviado a través do sistema postal é chamado correo ou correspondencia. Os paquetes son "envíos postais" que se poden transportar por terra, mar, ou aire; cada un con tarifas diferentes dependendo da duración na entrega. Un sistema postal pode ser privado ou estatal. Os sistemas privados a miúdo teñen impostas restricións por parte dos gobernos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Caixa do correo en Pontevedra.  
Bocas de correo en Pontevedra.  

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Correos

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]