Corredor do Henares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase Corredor do Henares ao territorio situado nas comunidades de Madrid e Castela-A Mancha próximo á veiga do río Henares (afluente do Jarama). Esténdese entre Madrid e Guadalaxara entre as que se sitúan as localidades principais do eixo, sendo estas Torrejón de Ardoz, Alcalá de Henares, Azuqueca de Henares e Guadalaxara.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dunha zona de importancia empresarial pola súa localización estratéxica: próximo á capital, ao Recinto Feiral (Parque Feiral Juan Carlos I) e ao aeroporto de Madrid. Ademais, dispón de boas comunicacións, sobre todo mediante ferrocarril (atravésana dúas liñas, a de ferrocarril convencional e a de Alta Velocidade, con estacións en Madrid e Guadalaxara) e estrada (ten dúas vías de alta capacidade, a autovía A-2 e a autoestrada R-2).

Na zona realizáronse diversas melloras entre as que destaca a existencia do Porto Seco de Madrid en Coslada e outro en Azuqueca, un parque tecnolóxico en Alcalá etc.

A paisaxe humana e industrial configurou un continuo urbano desde Madrid ata a cidade de Guadalaxara no que sobresaen, por número de habitantes os municipios de Alcalá de Henares (204.120), Torrejón de Ardoz (118.441), Coslada (91.218), Guadalaxara (83.789), San Fernando de Henares (41.384), Azuqueca de Henares (33.735), Mejorada del Campo (22.812) e Meco (12.580).

Municipios[editar | editar a fonte]

Os municipios que conforman o Henares atópanse distribuídos entre as comunidades autónomas de Madrid e Castela-A Mancha . Por orde alfabética: