Evaristo Correa Calderón
Evaristo Correa Calderón, nado na Pena (Baralla) o 11 de febreiro de 1899 e finado na Pobra de Trives en 1986, foi un escritor e xornalista galego.
[editar] Traxectoria
Fillo do médico e escritor Antonio Correa Fernández. Membro das Irmandades da Fala, colaborou coa Nosa Terra, foi redactor-xefe de El Pueblo Gallego, fundador (co seu irmán Juan Antonio) de Vanguardia Gallega e director de Resol. Publicou os libros de contos Luar (1923), Conceición singela do Ceo (1925) e Margarida a da sorrisa de aurora (1927) e o caderno de poemas Ontes (1924).
Dende 1931 foi profesor de historia en diversos institutos de España e comezou o seu arredamento da ideoloxía galeguista. A partir da Guerra Civil española, xa en Galicia colaborou cos sublevados e xa desde o primeiro día ingresou na Falange Española, adicouse á crítica literaria de autores clásicos españois e non volveu a escribir en galego.
Desde finais da década de 1940, xa residindo en Salamanca, colaborou con Fernando Lázaro Carreter na redacción de libros de texto. Entre a súa obra en castelán salientan os ensaios Arte Métrica (1938), Baltasar Gracián : su vida y su obra (1970), as edicións críticas de Baltasar Gracián e as novelas La noche céltica (1955) e De aquí. a la primavera: novela de la montaña gallega (1983).