Corpse Bride
| Corpse Bride | |
|---|---|
| Título orixinal | Corpse Bride |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Tim Burton Mike Johnson |
| Produtor | Tim Burton Allison Abbate Joe Ranft |
| Guión | John August Caroline Thompson Pamela Pettler Tim Burton |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Johnny Depp Helena Bonham Carter Emily Watson Tracey Ullman Paul Whitehouse Joanna Lumley Albert Finney |
| Música | Danny Elfman |
| Fotografía | Pete Kozachik |
| Montaxe | Chris Lebenzon |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | Warner Bros. |
| Ano | 2005 |
| Duración | 77 min. |
| País | |
| Xénero | Animación |
| Orzamento | $40.000.000 |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
Corpse Bride (A noiva cadáver) é un filme de animación do ano 2005 dirixido por Tim Burton.
Índice |
Argumento [editar]
Ante un matrimonio de conveniencia que unirá o sangue dos enriquecidos burgueses Van Dort e dos paupérrimos aristócratas Everglot, os noivos, Vítor e Vitoria, frustrados porque non se viran nunca antes, sentirán o frechazo dun amor a primeira vista a véspera da súa voda .
Foran prometidos polos seus pais e en canto se ven namóranse, pero Víctor, atacado polos nervios no ensaio pre-voda, non consegue pronunciar os seus votos, acaba queimando o vestido da súa futura sogra e sae correndo cara ao bosque. Alí empeza a ensaiar os votos e acaba colocando a súa alianza no que resulta ser o dedo do cadáver enterrado dunha nova noiva, Emily, que foi asasinada polo seu prometido, que a enganou para roubarlle as xoias e os cartos.
Tempo despois, Vítor ó verse nun apuro, vai ó mundo dos mortos a vivir coa súa agora esposa, e alí ve a diferenza que separa a este do dos vivos.
Ó regresar Víctor ó mundo real coa súa verdadeira prometida, vaise dando conta que en realidade sente algo por Emily e quere correspondela.
Trivia [editar]
- Corpse bride foi estreada o 13 de outubro de 2005.
- A película rodouse fotograma a fotograma e está baseada nunha historia ruso-xudía do século XIX inspirada á súa vez nunha historia xudía aínda máis antiga.
- Corpse bride foi codirixida por Mike Johnson e rodouse nos Studio Vinton de Londres. A versión no seu idioma orixinal conta coas voces de Johnny Depp como Vítor e Helena Bonham Carter (parella do director Tim Burton) como Emily, a noiva cadáver.
A película segue o estilo de Pesadelo antes de Nadal un filme de animación anterior de Burton na que Mike Johnson traballou como animador.
Premios [editar]
- 2005
- Mostra de Venecia - Premio Future Filme Festival Dixital Award
- NBR - Best Animated Feature
- 2006
- Annie - Ub Iwerks Award for Technical Achievement
Ademais foi nominada a outros premios entre os que destaca o Oscar ó mellor filme de animación.
As voces en España [editar]
- Roger Pera - Victor Van Dort
- Mar Roca - Emily -Noiva cadáver
- Graciela Molina - Vitoria Everglot
- Concha García Valero - Nell Van Dort
- Javier Viñas - William Van Dort
- Aurora García - Maudeline Everglot
- Jordi Vila - Finnis Everglot
- Juan Fernández - Xeral Bonesapart
- Jordi Boixaderas - Bonejangles
- Santiago Cortés - Elder Gutknecht
- José Javier Serrano - Maggot
- Óscar Barberán - Barkis Bittern
- Josep María Ullod - Pastor Galswell
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
|
|||||||||||||||||||||||