Coroa mural
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coroa mural no brasón de Montevideo
Unha coroa mural (en latín corona muralis) era un premio ou distinción en forma de coroa de ouro que se lle daba ó soldado que escalaba primeiro o muro e colocaba o estandarte nunha cidade invadida.
[editar] Heráldica
En heráldica a coroa mural é un adorno ou timbre en forma de coroa ou cerco de muros ou murallas, con almenas e torreóns. Os estados que trocaban do réxime monárquico ó republicano empregábana para substituír á coroa real nos escudos nacionais.

