Cornelius (músico)
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
| Keigo | |
|---|---|
Cornelius en 2007 |
|
| Nome completo | Keigo Oyamada |
| Alias | Cornelius |
| Naceu | 27 de xaneiro, 1969 |
| Orixe | Tokio, Xapón |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | Músico, Produtor, Vocalista |
| Xénero | Shibuya-kei Indietronica Rock alternativo Art rock |
| Instrumento(s) | Guitarra, Voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | Trattoria Records, Warner Music Group, Matador Records , Everloving Records |
| Relacionado con | Flipper's Guitar Takako Minekawa |
| Tempo en activo | |
| Web | Páxina oficial |
Cornelius (コーネリアス, kooneriasu), de nome real Keigo Oyamada (小山田圭吾),nado o 27 de xaneiro, 1969 en Setagaya, Tokio, é un artista e produtor xaponés, situado na posición 43 dos cens músicos máis importantes de Xapón segundo HMV.[1]
Traxectoria [editar]
Oyamada saltou a fama como membro do dúo de pop chamado Flipper’s Guitar, un dos grupos clave da escena de Shibuya-kei de Tokio. Despois da disolución do grupo en 1991, Oyamada púxose o alias de "Cornelius" e embarcouse nunha carreira en solitario.
Numerosos críticos americanos describen o estilo musical do artista como similar a de Beck, a quen recoñece como influencia xunto con The Beach Boys, The Jesus and Mary Chain, Primal Scream e banda brasileira Kassin + 2, xunto moitos outros.
A música de Cornelius podería describirse como experimental e exploratoria, xa que a cotío incorpora elementos disonantes harmonicamente xunto a máis sons familiares e "agradables". Esta tensión, ademais da súa práctica de levar nos sons e os samples de cultura de masas, tons electrónicos puros, e os sons da natureza (como no seu álbum Point), levouno a ser categorizado como un "gusto adquirido".
Elixiu o seu pseudónimo en homenaxe ó personaxe do filme O planeta dos simios.
Notas e Referencias [editar]
Ligazóns externas [editar]
- SEEN: Download Cornelius
- cornelius-sound.com - Páxina oficial (en xaponés e en inglés)
- corneliusjapan.com - Páxina semi-oficial (en inglés)
- Perfil en Nippop | Cornelius
- Páxina de Cornelius en Matador Records
|
|||||||||||||||||