Corifénidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coryphaena_hippurus

Os Corifénidos (Coryphaenidae), chamados comunmente dourados son unha familia de peixes mariños incluída orde dos Perciformes. Están distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.

Característica[editar | editar a fonte]

Presentan unha intensa cor dourada, á que deben o nome [1], e un corpo comprimido lateralmente, alto na rexión cefálica. Liña lateral sinuosa.

Posúen unha única aleta dorsal que percorre todo o corpo desde a cabeza; a anal taménb longa pero comneza á metade do corpo. Nos presentan espiñas nas aletas (48-65 radios brandos na dorsal). Aletas pectorais curtas e algo falciformes e a caudal fortemente furcada. Poden alcanzar talles de 1,5 m de lonxitude máxima.

Son peixes de hábitos superficiais e comportamento peláxico. Aliméntanse de pequenos peixes e outros animais. Captúranse en pesca deportiva pero tamén teñen certo interese comercial (pesca industrial e acuicultura).

É unha das familias de peixes azuis asociados a un alto contido de histidina e, por conseguinte, relacionado con casos de intoxicación por histamina [2].

Clasificación[editar | editar a fonte]

A familia contén un único xénero con dúas especies:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En inglés, Dolphinfishes (peixes-golfiño). En castelán, dorados ou llampuga.
  2. Regulamento CE 2073/2005, da Comisión, de 15 de novembro de 2005, relativo ós criterios microbiolóxicos aplicables ós produtos alimenticios (DO L 338 de 22.12.2005).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]