Corea do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Corea do Sur - 한국")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
대한민국
大韓民國
Daehan Minguk
República de Corea
Bandeira de Corea do Sur Escudo de Corea do Sur
Bandeira Escudo
Lema: 널리 인간을 이롭게 하라
(Traer beneficios a tódalas persoas)
Himno nacional: Aegukga
 
Locator map of South Korea.svg
 
Capital
 • Poboación
Seúl
10.000.000 hab (2007)
Cidade máis poboada Seúl (서울)
Linguas oficiais
Coreano
Forma de goberno República Presidencialista
Park Geun-hye (박근혜)
Jung Hong-won (정홍원)
Independencia
 • República
 • Rendición do Imperio do Xapón
 • Constitución
do Imperio do Xapón
1 de marzo de 1919
15 de agosto de 1945

17 de xullo de 1948
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 107º
99.538,7 km²
0,3%
238 km
2 413 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 25º
48.846.823 (2007
498 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 13º
US$ 957.053 millóns
US$ 19.750 (2007)
PIB (PPA)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 14º
US$ 1.200.879 millóns
US$ 24.782 (2007)
IDH (2005) 0,921 (26º) – Alto
Moeda Won surcoreano (원)
Xentilicio Coreano, -na o Surcoreano, -na
Fuso horario UTC+9
Dominio de Internet .kr
Prefixo telefónico +82
Prefixo radiofónico D7A-D9Z, HLA-HLZ, DSA-DTZ, 6KA-6NZ
Código ISO 410 KOR KR
Membro de: ONU, APEC, OCDE
Tódolos países do mundo

Corea do Sur oficialmente a República de Corea (Coreano: Daehan Minguk (Hangul: 대한 민국; Hanja: 大韓民國)), é un pais asiático que ocupa a metade sur da Península de Corea . A capital é Seúl. A flor nacional de Corea do Sur é o hibisco de siria.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Corea forma unha península que se estende ao longo de 1.100 km desde a súa xunta co resto de Asia. Limita ao norte con Corea do Norte, ao leste co Mar do Leste (Mar do Xapón), ao sur co Estreito de Corea (a través do cal fai fronteira co Xapón) e co Mar da China Oriental, e ao oeste co Mar Amarelo, do outro lado do cal se estende China. Alén da parte continental e de moitas illas costeiras, inclúe tamén as illas de Cheju, no Mar da China Meridional, e de Ullung, no Mar do Leste. A paisaxe da metade sur consta de cadeas montañosas parcialmente cubertas de selva, a leste, separadas por vales profundos e estreitos, e de planicies costeiras densamente poboadas e cultivadas, a sur a e oeste.

O clima local é relativamente temperado, coa precipitación a ser mais forte no verán, durante unha breve estación chuviosa chamada xangma, e con invernos que poden por veces ser moi fríos. A capital e maior cidade de Corea do Sur é Seul, no noroeste do pais. Outras cidades principais son Incheon, situada preto de Seúl, Daejeon, localizada no centro do pais, Gwangju, situada no suroeste e Daegu e Busan, localizadas no sueste.

Historia[editar | editar a fonte]

Política[editar | editar a fonte]

O xefe de estado da República de Corea é o presidente, elixido por voto directo popular para un único mandato de cinco anos. Ademais de ser o representante máis alto da república e o comandante-en-xefe das forzas armadas, o presidente tamén ten considerábeis poderes executivos e nomea o primeiro ministro despois de o aprobar o parlamento, amais de tamén nomear e presidir o Consello de Estado, ou goberno.

O parlamento coreano, unicameral, chámase Asemblea Nacional, ou Gukhoe (국회). Os seus membros serven en mandatos de catro anos. Está composto actualmente por 299 deputados, dos cales 243 elíxense por voto rexional e os restantes son distribuídos por votos de representación proporcional. O corpo xudiciario mais elevado é o Supremo Tribunal, cuxos xuíces son nomeados polo presidente co consentimento do parlamento.

O 12 de marzo de 2004, o parlamento surcoreano votou a destitución de Roh Moo-hyun debido a acusacións de fraude electoral e incompetencia. O primeiro-ministro Goh Kun dirixirá o pais ata que o Tribunal Constitucional decida sobre a destitución.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Corea do Sur.

Corea do Sur consta dunha Cidade especial (Teukbyeolsi; 특별시; 特別市), 6 Cidades metropolitanas (Gwangyeoksi, singular e plural; 광역시; 廣域市), e 9 Provincias (do, singular e plural; 도; 道).


Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Corea do Sur.

O crecemento económico de Corea do Sur nos últimos 30 anos foi espectacular. O PIB per capita, que era de só 100 $ en 1963, chegou a case 9800 dólares en 2002; o PIB actual é 18 veces maior que o de Corea do Norte. A Corea do Sur está entre as dez maiores economías do mundo. O éxito económico do pais debese a un sistema de lazos íntimos desenvolvidos entre o goberno e a iniciativa privada, que inclúe crédito facilitado, restrición a importacións, subsidios a determinados sectores e incentivo ao traballo.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación de Corea é unha das mais homoxéneas, étnica e lingüisticamente, do mundo. A única minoría é unha pequena comunidade chinesa, se ben que as persoas cuxos pais son parellas mestizas (por exemplo, fillos de soldados americanos ou de homes de negocios europeos) sexan encaradas como unha minoría e frecuentemente discriminadas (por exemplo, polos cativos na escola). Os coreanos viviron na Manchuria durante moitos séculos e son hoxe unha minoría na China, e Stalin enviou millares de coreanos de Vladivostok e Khabarovsk, contra a súa vontade, para a Asia Central (na antiga Unión Soviética), mentres que a maioría da poboación coreana do Xapón foi levada para o pais como traballadores forzados durante o período colonial (entre 1910 e 1945).

A inestabilidade política, social e económica na Corea do Sur levou moitos sur-coreanos a emigrar para outros países, en particular aos Estados Unidos de América e ao Canadá. California ten un número moi alto de coreanos e coreano-americanos: ben mais de un millón de persoas.

Deportes[editar | editar a fonte]

A arte marcial do taekwondo orixinouse en Corea. Nas décadas de 1950 e 1960, creáronse regras modernas para normalizarlo, e en 2000 converteuse en deporte olímpico. Outras artes marciales coreanas inclúen o hapkido, o taekkyon, o tangsudo, o kuk sool won, o soo bahk do e o kumdo.

O béisbol foi introducido a Corea en 1905 e desde entón converteuse no deporte de espectadores máis popular en Corea do Sur.KOIS (2003), pág. 632. Establecida en 1982, a Organización Coreana de Béisbol foi a primeira liga deportiva profesional no país. O equipo surcoreano finalizou terceiro no Clásico Mundial de Béisbol 2006, segundo na edición de 2009 e gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008.[1]

A porta da paz mundial no Parque Olímpico de Seúl.

En 1988, organizou os Xogos Olímpicos de Seúl 1988, quedando no cuarto lugar do medallero, con 12 preseas de ouro, 10 de prata e 11 de bronce. Regularmente, o país obtén bos resultados no tiro con arco, o tenis de mesa, o bádminton, patinaje de velocidade sobre pista curta, balonmano, hockey sobre xeo, loita de estilo libre, béisbol, judo, taekwondo, patinaje e levantamiento de pesas. gañou máis medallas nos Xogos Olímpicos de Inverno que calquera outro país de Asia. No seu última edición, gañou un total 14 medallas (6 de ouro, 6 de prata e 2 de bronce) para sumar un total de 45 medallas (23 de ouro, 14 de prata e 8 de bronce).

Acolleu os Xogos Asiáticos en 1986 (Seúl) e 2002 (Busán) e será sé de novo en 2014 (Inchon).[2] Tamén foi a sé dos Xogos Asiáticos de Inverno de 1999; e das Universíadas de inverno en 1997 e de verán en 2003. Na Copa Mundial de fútbol de 2002, conjuntamente organizada por Corea do Sur e Xapón, a selección de fútbol converteuse no primeiro equipo da Confederación Asiática de Fútbol en chegar a semifinais.[3] En 2010 celebrouse por primeira vez unha proba do mundial de Fórmula 1, o Gran Premio de Corea do Sur no Circuíto Internacional de Corea, en Yeongam. Ademais, prevese que o Campionato Mundial de Atletismo de 2011 celébrese en Daegu.[4] Tamén son importantes as tres competicións hípicas do país, entre as que destaca a do parque de carreiras de Seúl que é a maior.

Seleccións nacionais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]