Corea do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Corea do Norte - 조선")
조선민주주의인민공화국
Chosŏn Minjujuŭi Inmin Konghwaguk

República Popular e Democrática de Corea
Bandeira de Corea do Norte Escudo de Corea do Norte
Bandeira Escudo
Lema: 강성대국
(Coreano: Poderosa e próspera nación)
Himno nacional: Aegukka (애국가)
 
North Korea (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Pyongyang
3.255.388 (2008)
Cidade máis poboada Pyongyang
Linguas oficiais
Coreano
Forma de goberno Estado unitario juche
monopartidista
Kim Il-sung
Kim Jong-un
Pak Pong-ju
Independencia
• Declarada
• Liberación
• Declaración formal

1 de marzo de 1919
15 de agosto de 1945
9 de setembro de 1948
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 98º
120.540 km²
4.87%
1.673 km
2.495 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 48º
24.051.218 (2009 est.)
198,3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2011)
 • PIB per cápita
Posto 88º
US$ 40.000 millóns
US$ 1.600
PIB (PPA)
 • Total (2011)
 • PIB per cápita
Posto 94º
US$ 40.000 millóns
US$ 1.900
IDH (1998) 0,766 (75º) – Medio
Moeda Won (₩, KPW)
Xentilicio Norcoreano, norcoreana
Fuso horario UTC+9
Dominio de Internet .kp
Prefixo telefónico +850
Prefixo radiofónico P5A-P9Z / HMA-HMZ
Código ISO 408 / PRK / KP
Membro de: ONU
Tódolos países do mundo

Corea do Norte é un país asiático que ocupa a metade norte da Península de Corea. Ten fronteira ao norte con China e con Rusia; a leste co Mar do Xapón; ao sur con Corea do Sur e ao oeste coa Baía da Corea. A súa capital é Pyongyang.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Corea do Norte.

A ocupación militar xaponesa de Corea terminou co fin da Segunda Guerra Mundial en 1945. Corea foi entón dividida en dous partes polo paralelo 38: a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) tomou o control da parte Norte, e o exército dos Estados Unidos da parte Sur. Isto conduciu a que en 1948 establecésense dous gobernos independentes no Norte e no Sur, cada un reclamando a súa soberanía sobre a totalidade de Corea.

As crecentes tensións entre os gobernos do Norte e do Sur desembocaron na Guerra de Corea cando o 25 de xuño de 1950 o exército de Corea do Norte cruzou o paralelo 38 (que actuaba de fronteira) e atacou. A guerra continuou ata o 27 de xullo de 1953, cando o Comité da Organización das Nacións Unidas (ONU), os voluntarios da República Popular China e Corea do Norte asinaron o armisticio da Guerra de Corea. Unha zona desmilitarizada foi establecida para separar aos dous países.

Corea do Norte foi dirixida desde 1948 por Kim Il Sung ata a súa morte o 8 de xullo de 1994. Despois, o 8 de outubro de 1997, o seu fillo Kim Jong-il foi nomeado Secretario Xeral do Partido dos Traballadores Coreanos. En 1998, foi nomeado Presidente da Comisión Nacional de Defensa e a súa posición foi declarada como "o cargo máis alto do Estado". Xeralmente as relacións internacionais melloraron. Ata houbo un cume Norte-Sur histórica en xuño de 2000. Con todo, as tensións volveron a facerse visibles coa continuación por parte de Corea do Norte do seu programa de armas nucleares.

Durante o mandato de Kim Jong-il a finais da década dos noventa, a economía do país descendeu considerablemente e a escaseza de comida fíxose evidente en numerosas áreas. Segundo algunhas organizacións de axuda, un descoñecido pero gran número de persoas (algunhas cifran o número ao redor dos tres millóns; "The Economist" estima que entre 600.000 e 1.000.000) morreron como consecuencia da fame negra norcoreana de 1995-98, intensificada por un colapso no sistema de distribución de comida. Numerosos norcoreanos penetraron ilegalmente en China en busca de alimentos. Corea do Norte é un dos sitios máis illados do mundo, con severas restricións na entrada ou saída do país. A prensa é controlada polo Estado e organizacións de masas, e a ideoloxía Juche, que consiste en non depender dos demais, é a oficial do goberno.

Nos últimos anos, o seu programa nuclear desatou polémica entre os estados nucleares, particularmente Estados Unidos, polos obxectivos do seu desenvolvemento militar. Mentres que o goberno norcoreano argumenta que o desenvolvemento de armamento nuclear ten unha finalidade disuasiva e de eventual defensa, a administración estadounidense e a Unión Europea consideran ilegal a tenencia de material bélico atómico por parte de Corea do Norte.

Situación Política[editar | editar a fonte]

A República Democrática Popular da Corea é unha ditadura comunista rixidamente centralizada a través do Partido dos Traballadores de Corea, único permitido, aínda que todo o poder está concentrado nunha soa persoa , Kim Il Sung dende o final da década de 1940 ata súa morte o 1994, e que é agora o seu fillo, Kim Jong Il.

División Administrativa[editar | editar a fonte]

A Corea do Norte está subdividida en 9 provincias, 3 cidades controladas directamente polo goberno central e algunhas outras rexións especiais.

Listaxe Cidade Provincia Pob. Listaxe
0322 Pyongyang Turm der Juche Idee Aussicht.jpg
Pyongyang
Hamhung North Korea.jpg
Hamhung
Chongjin.jpg
Congjin
1 Pyongyang Cidade de Pyongyang 3.255.288
2 Hamhung Hamgyong do Sur 768.551
3 Chongjin Hamgyong do Norte 667.929
4 Nampho Pyongan do Sur 366.815
5 Wonsan Kangwon 363.127
6 Sinuiju Pyongan do Norte 359.341
7 Tanchon Hamgyong do Sur 345.875
8 Kaechon Pyongan do Sur 319.554
9 Kaesong Hwanghae do Norte 308.440
10 Sariwon Hwanghae do Norte 307.764
Datos do censo de 2008[1]



Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Corea do Norte.

Corea do Norte atópase na metade norte, a partir do paralelo 38, da península de Corea. Está bordeada por dous mares, ao occidente polo Mar Amarelo e a baia de Corea; e ao oriente polo Mar do Leste. O seu terreo presenta numerosas serras e montañas, separadas por profundos e estreitos vales. Na costa oeste predominan as chairas. O punto máis alto do país é o pico do monte Paektu coñecido en Corea do Norte como "Paektu-san", a 2774 msnm. Entre os ríos máis importantes atópanse o Tumen e o Yalu, os cales forman a fronteira norte con China.

O clima local é tépedo, sendo a época con máis precipitacións o verán, durante unha estación de choivas denominada jangma. Os invernos poden ser moi fortes.

A cidade máis grande de Corea do Norte é o seu capital, Pyongyang (ou P'yŏngyang). Outras cidades a destacar son: Kaesŏng, no sur; Sinuiju, no noroeste; Wŏnsan e Hamhung no leste; e Ch'ŏngjin no nordés.

O territorio é montañoso, con cordilleiras cubertas por bosques ao leste, sobre o litoral do Mar do Xapón.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Corea do Norte.

Corea do Norte ten unha economía dirixida ó estilo soviético. As relacións económicas co estranxeiro son mínimas e o país recibe axuda alimentaria da ONU. Relatos de fame en masa son comúns.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de Corea do Norte.

En Corea do Norte a cultura tradicional é especialmente protexida. O nivel de alfabetización é case total (99% homes e 99% mulleres). A liberdade relixiosa é un dereito constitucional en Corea do Norte. As relixións máis comúns son o budismo, o confucianismo, o chondokio (que combina elementos budistas e cristiáns), e nas rexións interiores, cultos chamánicos tradicionais. É unha cultura moi variada en canto ás súas culturas descendentes da China.

Deportes[editar | editar a fonte]

Os deportes máis practicados no país son o judo e o tenis de mesa (a xogadora Kim Hyang-A miña foi subcampioa nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004).

A mellor participación de Corea do Norte nos Xogos Olímpicos foi en Barcelona '92, onde o combinado nacional conseguiu nove medallas malia que ningún dos seus atletas foi campión olímpico. Nos de Pekín 2008 lograron tamén unha boa participación, gañando dúas medallas de ouro, unha de bronce e tres de prata.

O 17 de xuño do 2009, a selección de fútbol logrou a súa clasificación á Copa Mundial de Fútbol de 2010 celebrada en Sudáfrica, a que foi a súa segunda participación neste evento, logo de empatar sen goles contra Arabia Saudita en Riad, eliminando a Irán e levando aos sauditas á repesca.[2] No campionato quedou eliminada na primeira fase de grupos, tras perder contra Brasil, Portugal e Costa de Marfil (0-3).

Turismo[editar | editar a fonte]

Na República Popular Democrática de Corea, os artigos como plantas, animais, drogas, explosivos, armas, calquera tipo de pornografía, propaganda de masas, radio, sistema de posicionamento global (GPS) e teléfonos móbiles non están permitidos.

Permítense cámaras de fotos (analóxicas ou dixitais), cámaras de vídeo, computadoras portátiles (que non inclúan dispositivos de comunicación por radio ou inalámbricos), computadores de man e reprodutores de discos compactos ou de formato MP3.

Viaxar desde o estranxeiro pode resultar complicado; existen poucos países con representación diplomática norcoreana e só algunhas axencias autorizadas poden organizar viaxes.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]