Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño é o título dun documental realizado por Henrique Rivadulla Corcón sobre a historia das dúas Marías. Foi producido por Ficción Producciones, e estreada o once de abril do 2008 no Teatro Principal de Santiago.
No documental, unha serie de veciños de Compostela relatan a súa relación coas finadas irmás coma Encarna Otero, César Lombera (o veciño que insistiu durante nove anos para que se instalara unha escultura conmemorativa), Salvador García Bodaño, Bernardino Graña ou o historiador Dionisio Pereira. A narración corre a cargo de Farruco.