Coracle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dous coracles empregados para a pesca do salmón no río Teifi, en 1972.
Un home dando a vuelta a un coracle.

O coracle é un primitivo bote lixeiro, cuxa forma permite levalo ó lombo e que é empregado tradicionalmente en Gales, mais tamén nalgunhas partes do oeste e do suroeste de Inglaterra, Irlanda (en particular, no río Boyne),[1] e Escocia (particularmente no río Spey). O termo coracle tamén se utiliza para facer referencia a barcos semellantes que se da India, Vietnam, Iraq e o Tíbet.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A verba coracle provén do galés, conato co gaélico, irlandés e escocés e rexístrase en inglés xa no século XVI.

Historia[editar | editar a fonte]

Deseñado para o seu uso nos ríos rápidos de Gales e partes do resto de Gran Bretaña e Irlanda, o coracle empregouse durante séculos, despois de ter sido adoptados por Xulio César na súa invasión de Gran Bretaña a mediados do século -I e utilizounos nas súas campañas en Hispania. Durante a Guerra Civil contra Cneo Pompeio Magno, César fixo uso dos barcos que vira utilizar aos britanos, similares ao coracle galés. César descríbeos así:

A quilla e a armazón facíanse de madeira lixeira; o resto do casco, feito de vimbio trenzado, cubríase con peles.[3]

Os restos dun posible coracle foron atopados nunha tumba da Idade do Bronce en Barns Farm preto da baía Dalgety e outros dous foron descrito en Corbridge e preto de Ferriby.[4]

Segundo Ian Harries, pescador coracle, estes son tan lixeiros e portátiles que poden ser levados sobre nas costas dos pescadores cando van e volven de traballar. Cando a pesca se leva a cabo por dúas persoas, hai un pescador por barca. A rede esténdese polo río entre os dous coracles.

Seguridade[editar | editar a fonte]

O deseño da nave fai do coracle unha nave inestable debido a que se atopa dentro da auga, no canto de estar sobre dela, polo que a barca pode ser transportada sen dificultade polas correntes e polo viento. A Sociedade Coracle publicou directrices para o uso seguro de coracles.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en inglés) Irish Folk Ways. Courier Dover Publications. 2000. pp. 233. ISBN 978-0-486-41440-9. http://books.google.ie/books?id=HjDPRIC6QhwC&pg=PA233&dq=boyne+coracle&lr=&as_drrb_is=q&as_minm_is=0&as_miny_is=&as_maxm_is=0&as_maxy_is=&as_brr=3#v=onepage&q=boyne%20coracle&f=false.
  2. The coracle, an ancient little boat
  3. Commentarii de Bello Civili 1.54
  4. Watkins, Trevor et al. The Excavation of An Early Bronze Age Cemetery at Barns Farm, Dalgety, Fife, Proc Soc Antiq Scot, 112 (1982) 48–141, páxina 119, associated with a late Beaker, and a possible radiocarbon date of 1846 BC + or − 80 years (SRR-528) on page 52. The excavation of an Early Bronze Age cemetery at Barns Farm, Dalgety, Fife. Trevor Watkins. With contributions by Mrs Lin Barnetson, Miss A S Henshall, Dr Dorothy Lunt, Ms Ellen McAdam, Mrs Fiona Roe, Alan Shepherd and Dr C C McCawley
  5. Coracle Society safety guidelines