Coque Malla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCoque Malla

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jorge Malla Valle Editar o valor em Wikidata
22 de outubro de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , músico , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz e guitarra Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisGerardo Malla (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Amparo Valle (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webcoquemalla.es Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0539846 Musicbrainz: fe457773-93a8-45e0-a228-112692334bdc Songkick: 559648 Discogs: 1950105 Allmusic: mn0001890380 Editar o valor em Wikidata

Jorge Malla Valle, coñecido como Coque Malla, nado en Madrid o 22 de outubro de 1969, é un actor español, e o líder do grupo de rock Los Ronaldos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do actor Gerardo Malla e da actriz Amparo Valle, nace en Madrid en 1969. Aos 15 anos, xunto con Ricardo Moreno, Luís García e Luís Martín forma o grupo de rock Los Ronaldos, do que será voz, guitarra e líder. Cos Ronaldos grava cinco discos: Los Ronaldos, Saca la lengua, Sabor salado, 0 e Idiota. Conseguindo grandes éxitos con cancións como "Adiós papá", "Quiero más", "Qué vamos a hacer", "Por las noches" etc. A fama levaraos a facer xiras por España, Chile e Cuba. O grupo disólvese en 1998.

En 1995 colabora no éxito de Los Rodríguez, "Mucho Mejor", do disco Palabras más, palabras menos. A partir de entón traballa na súa carreira en solitario e na súa faceta de actor en películas como Todo es mentira.

En 2006 colabora co grupo musical Pereza, no disco Los amigos de los animales, no tema "Algo para cantar". En 2007 colabora con Ariel Rot, no disco Dúos, tríos y otras perversiones, no tema "El tiempo lo dirá".

En 2010 cede a canción do seu grupo Los Ronaldos "No puedo vivir sin ti" para unha campaña publicitaria da marca IKEA.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Soy un astronauta más (1999)
  • Sueños (2004)
  • La hora de los gigantes (2009)

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Días de cine (2007)
  • Schubert (2005)
  • Sex (2003)
  • Nada en la nevera (1998)
  • La leyenda de Balthasar el Castrado (1996)
  • El Efecto mariposa (1995)
  • Todo es mentira (1994)
  • ¡Dispara! (1993)
  • Madregilda (1993)
  • El columpio (1992)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]