Copa dos Pireneos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Copa dos Pireneos

A Copa dos Pireneos (en francés: Coupe des Pyrénées) foi unha competición internacional organizada pola Federación Francesa de Fútbol entre 1910 e 1914, na que participaban os clubs profesionais das rexións limítrofes cos Pireneos: Cataluña, País Vasco, Languedoc, Mediodía-Pireneos e Aquitania.

Foi unha das primeiras competicións a nivel internacional que houbo en Europa. A fase final disputábase cada ano nunha sede diferente. O gran dominador da Copa dos Pireneos foi o FC Barcelona, que gañou as catro primeiras edicións. A quinta edición venceuna o FC Espanya, tamén da cidade de Barcelona. A competición deixou de celebrarse logo da quinta edición, en 1914, a causa do estalido da Primeira Guerra Mundial.[1]

Historial de finais[editar | editar a fonte]

Ano Sede Campión Subcampión Resultado
1910 Sète Bandera de España FC Barcelona Bandera de España Real Sociedad 2-1
1911 Tolosa Bandera de España FC Barcelona Francia Gars de Bordeos 4-0
1912 Tolosa Bandera de España FC Barcelona Francia Stades Bordelais Univ. Club 5-3
1913 Barcelona Bandera de España FC Barcelona Francia Comète Simot 7-2
1914 Barcelona Bandera de España FC Espanya Bandera de España FC Barcelona 5-2

Palmarés[editar | editar a fonte]

Equipo Títulos
Bandera de España FC Barcelona 4
Bandera de España FC Espanya 1


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carles Lozano Ferrer (19 de xuño de 2001). "Copa dos Pirineos". rsssf.com. http://www.rsssf.com/tablesp/pyrenees.html. Consultado o 15 de agosto.