Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trofeo da Copa Sudamericana.
A Copa Sudamericana é a segunda competición continental de fútbol a nivel de clubs en Sudamérica. Organizada pola Conmebol, comezou a disputarse en 2002.
O equipo que gaña a Copa Sudamericana acada o dereito a disputar a Recopa Sudamericana fronte ó campión da Copa Libertadores.
Diferenzas entre Copa Libertadores e Copa Sudamericana [editar]
As diferenzas entre a Copa Libertadores e a Copa Sudamericana son as seguintes:
- A Copa Libertadores dispútase no primeiro semestre do ano, e a Copa Sudamericana no segundo semestre do ano.
- A Copa Libertadores ten unha fase de grupos como a Liga de Campións da UEFA, que da paso a uns oitavos de final, mentres que a Copa Sudamericana ten o mesmo formato que a Copa do Rei española, polo tanto non hai grupos, e dende o comezo ata a final todo son eliminatorias directas.
- Na Copa Libertadores compiten os mellores equipos de cada liga, mentres que na Copa Sudamericana compiten os seguintes mellores equipos de cada liga. Por exemplo, cada ano van á Copa Libertadores o 1º, 2º e 3º da liga peruana, mentres que o 4º, 5º e 6º va á Copa Sudamericana. En outras ligas como a de Venezuela ou Colombia, clasifícase para a Copa Sudamericana o campión do torneo nacional de copa.
- Na Copa Libertadores cada país membro da Conmebol clasifica a 3 equipos, menos Arxentina e Brasil que clasifican a 5. Na Copa Sudamericana cada país clasifica a 3 equipos, menos Arxentina que clasifica a 6 equipos, e Brasil que clasifica a 8.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
. . . Competicións entre Clubs de Fútbol en Sudamérica:
|
|
| Continentais |
|
|
|
|
|
|
| Ligas |
|
|