Conversa usuario:Tfeliz

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquivo de mensaxes antigas:

Escreva ao final || Escriba ao final || Escriba al final || Write ate the bottom || Ecrivez a la fin

Día das Letras Galegas 2014, Xosé María Díaz Castro[editar a fonte]

Ola Tfeliz.

Ti que podes, non te animas a comezar fr:Xosé María Díaz Castro na Wikipedia francesa?

Graciñas. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 17 de febreiro de 2014 ás 21:24 (UTC)[responder]

Mozambique[editar a fonte]

Ola,Tiberio. No artigo Mozambique, debeu quedar algo sen ligar na sección Outros artigos.MAGHOI (conversa) 31 de xullo de 2022 ás 09:55 (UTC)[responder]

Correcto! Feito! Deizón! Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 31 de xullo de 2022 ás 10:07 (UTC)[responder]

Ola, TFeliz. Como vai?

Cando hai dúas opcións ortográficas (probable / probábel, todos os / tódolos, Galicia / Galiza, ca / que) adoita respectarse a forma escollida pola primeira persoa que edita un artigo. Vexo que estás a mudar de forma xenérica o termo "ca" por "que", cando ambos os dous son correctos, polo que o seu mantemento está xustificado. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 4 de agosto de 2022 ás 12:03 (UTC)[responder]

Xa procuro manter a opción do artigo, pero estou utilizando o bot Replacer e non sempre tes a visión global. Tentarei facer máis coidado! Deizón! Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 4 de agosto de 2022 ás 12:22 (UTC)[responder]
Aproveito para preguntarche sobre as contraccións como ca + a, ca + o, etc. Estounas a facer. Supoño que fago ben, ou? Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 4 de agosto de 2022 ás 13:03 (UTC)[responder]
Este caso é similar, poden empregarse as dúas formas: ca as / cás , ambas son válidas. Unha aperta! --Estevo(aei)fálame aquí 4 de agosto de 2022 ás 17:27 (UTC)[responder]
Consultei o wikibook e non parece voluntario. Voume dedicar a otra cousa que teño moi oxidada a ortografía normativa. Deizón!! Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 4 de agosto de 2022 ás 18:17 (UTC)[responder]

"ca+o" e "con+o"[editar a fonte]

Boas Tfeliz. Vexo que estás cambiando as formas "ca+a/o/as/os" por cá, có, cás, cós. Segundo as Normas Ortográficas, acentúanse para diferenciar a contracción con+o -> co, de ca+o ->có, cando se trata dunha conxunción comparativa: máis ruín ca o demo -> máis ruín có demo. Nos cambios que fixeches creo que se trata máis ben de "que+o", e para min o erro está en escribir "ca" en lugar que "que". Resumindo: confirma que os cambios que fas son correctos ou non (porque vexo casos de máis que e menos que). A miña formación non é lingüista, así que a miña opinión non vale moito. Saúdos, Pedro Lameiro (conversa) 4 de agosto de 2022 ás 17:34 (UTC)[responder]

Ola Pedro. Só cambiei combinacións de 'ca' + artigo, pero xa me avisaron que parece que son voluntarias. Deizón!! Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 4 de agosto de 2022 ás 18:15 (UTC)[responder]

Borrado de subpáxinas de usuario/a ou borradores[editar a fonte]

Bo día, para borrar as subpáxinas de usuario/a onde se adoita traballar na preparación dos artigos antes de movelos ao espazo principal o procedemento e inserir o modelo "lixo". Para facelo co editor visual prémese o botón inserir e na caixa de busca tecléase "lixo" e escóllese o modelo (ollo non coller o lixo/uso), logo insírese, gárdase e listo. Co editor de fonte abonda con escribir {{lixo} pechando a dobre chave final. Unha vez marcados, nalgún momento alguén da administración pasará a eliminar as subpáxinas de usuario/a. Un saúdo.-- Maria zaos (conversa) 11 de agosto de 2022 ás 16:54 (UTC)[responder]

Perfecto! Deizón! Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 11 de agosto de 2022 ás 16:58 (UTC)[responder]

Ola, TFeliz! Primeiriño de todo agradecerche todo o traballo que estas a facer coas entradas sobre educación. A min personalmente aledoume que alguén se animase a darlle un bo repasiño a esa área. Ademais aledoume ver creada a entrada de Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy, xa que eu creara a de Antonio Gandoy cando comecei a editar aquí (graciñas polas melloras, por certo!) Só unha cousiña: o espíritu e as normas da wikipedia esixen un ton enciclopédico que se alonxe da promoción e baseado en fontes fiables. Por esta razón suxeriríache unha redacción algo máis neutra na introdución, en concreto nesta frase "'...o compromiso firme coa lingua, a cultura, a contorna e o saber propios dos cativos e cativas como referencias imprescindíbeis para o desenvolvemento da personalidade" A razón é que inclúe un xuízo de valor sen achegar referencia ningunha. Se é que tes unha fonte fiable( preferiblemente independente á asociación, pero podería figurar así nos estatutos, por exemplo) que afirme exactamente isto mesmo, pois pona como referencia. Se non existisen esas referencias sería recomendable darlle unha voltiña lixeira á frase para que non se inteprete como un texto promocional. Un saúdo e a seguir!- Maria zaos (conversa) 11 de agosto de 2022 ás 21:34 (UTC)[responder]

Ola María. Esas palabras están tomadas da páxina da asociación. Vouno reformular. Deizón. Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 11 de agosto de 2022 ás 22:27 (UTC)[responder]

Galerías[editar a fonte]

Ola, TFeliz! Como vai todo?

Lembra que na Wikipedia se recollen artigos enciclopédicos, e non debe haber sobrecarga de imaxes. Para iso está o repositorio de arquivos multimedia, Commons. O que debe facerse é incluír as ligazóns correspondentes entre os respectivos proxectos, e listo :) Fixen tamén Commons:Category:Nogueiroa, Parada de Labiote, O Irixo, e ademais estiven categorizando as respectivas imaxes segundo o que recollían. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí Estevo(aei)fálame aquí 18 de agosto de 2022 ás 07:31 (UTC)[responder]

Entendo. Cantas fotos sería de recomendar nun artigo con galería de imaxes? Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 18 de agosto de 2022 ás 07:42 (UTC)[responder]
Mais que cuantitativo, debe ser cualitativo. As imaxes teñen o cometido de ilustrar o texto do artigo; se nun artigo dunha parroquia se fala da igrexa, dunha ponte, dun pazo, dun petróglifo... pois está ben que aparezan as respectivas imaxes, mais son innecesarias as redundantes (o mesmo ítem desde ángulos diferentes, en distintas épocas do ano... aínda que si poderían aparecer, por exemplo, unha ilustración do século XVIII e unha foto actual dunha ponte para contrastar épocas históricas). Non hai ningunha norma establecida ao respecto. Lamentablemente Commons aínda non é moi coñecido, mais o cometido da Galipedia non é replicar todo o seu contido, cómpre distiguir os dous proxectos. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 18 de agosto de 2022 ás 07:52 (UTC)[responder]
Vexo que algúns artigos derivan a un artigo específico de galería de imaxes. Pódese remitir a unha galería en Galipedia e outra en Commons? Ou mellor só Commons? Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 18 de agosto de 2022 ás 08:07 (UTC)[responder]
Eu son partidario de ligar só a Commons, considéroo máis operativo. Respecto ao de Xares, efectivamente Xares, Xares, A Veiga debería ser unha redirección. Así pasa con moitos outras parroquias que só teñen unha entidade de poboación (podes ver, por exemplo, en Lugares da Gudiña, que as ligazóns cara aos lugares do Canizo, San Lourenzo e O Tameirón son redireccións). No caso concreto de Xares cumpriría fusionar contidos antes de crear a redirección. Podes encargarte ti de incluír a información do artigo da aldea no artigo da parroquia? Graciñas, e un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 18 de agosto de 2022 ás 14:38 (UTC)[responder]
Vou mirar isto. Unha última dúbida: Como se fai a referencia a Commons? Pode facerse estruturada como Galería de imaxes de Xares, A Veiga? Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 19 de agosto de 2022 ás 09:45 (UTC)[responder]

Respostas nas conversas[editar a fonte]

Ola TFeliz saudos. Vexo que xa levas un tempo editando na Galipedia pero a hora de contestar a outros usuarios adoitas contestalle desde a tua propia páxina de conversas, non sei se te daras conta que desa forma amenos que o outro usuario entre na tua páxina de conversas non se dara por enterado do que ti lle queres contar. O xeito de manter unha conversa con outro usuario para que se dea por enterado é respondendolle na súa propia páxina de conversas (pois esta avisao que ten conversas) normamente desde a propia ligazón que adoita ter tralo nome de usuario que deixa despois de firmar o texto que escribio na túa páxina de conversas, no teu caso é (Déixame unha mensaxe) (ligazón que estou a usar eu agora) e no meu seria mande e a modo de exemplo no do usuario Estevoai seria falame aquí. Un saudo e Alfonso mande <-- desde aquí siguese a conversa

Ola, métome na conversa para indicar un outro método de resposta. Tamén se pode facer dende a túa páxina de conversa, pero antes de comezar coa resposta debe aparecer @+nome do usuario (todo seguido sen o "+"). Deste xeito, pódese seguir toda a conversa, e ao usuario tamén lle chega a mención. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 20 de agosto de 2022 ás 19:50 (UTC)[responder]
Perfecto @MAGHOI. Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 20 de agosto de 2022 ás 19:57 (UTC)[responder]

escolas de dama[editar a fonte]

Ola, TFeliz! Como vai todo?

Sei que che gusta editar en artigos relacionados coa pedagoxía. Anímaste a botarlle un ollo a escola de dama? Non teño moita idea sobre o asunto, nin sei por onde comezar a buscar referencias :/ Calquera contribución será benvida :) Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 2 de setembro de 2022 ás 09:34 (UTC)[responder]

@Estevoaei Xa miro o que podo facer. Unha aperta! Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 2 de setembro de 2022 ás 11:38 (UTC)[responder]

Capitán Xeneral[editar a fonte]

Boas TFeliz.

A mudanza que andas a facer de "Capitán" e "Tenente Xeneral" por "Capitán" e "Tenente Xeral" penso que non é correcta. Non é o mesmo o rango militar: https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/Xeneral que o adxectivo.

Saúdos - Cossue (conversa) 9 de outubro de 2022 ás 07:50 (UTC)[responder]

Tes razón @Cossue. Por iso os cambiei despois. A RAG ten esas expresións no apartado 'Frases ou expresión con...'. Certamente, cando se di capitán xeneral ou tenente xeneral, é un rango militar, non o adxectivo 'xeral'. Reviseinos todos, salvo erro ou omisión, como se di. Moitas grazas polo toque! Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 9 de outubro de 2022 ás 10:42 (UTC)[responder]

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos[editar a fonte]

Ola Tfeliz.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 10 de marzo de 2023 ás 21:26 (UTC)[responder]

Xa teño coidado, mais pasaríaseme algún. Xa activei a ferramenta. Grazas a ti! Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 11 de marzo de 2023 ás 19:32 (UTC)[responder]