Conversa usuario:Resorte

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Por motivos académicos as miñas contribucións veranse reducidas por uns meses.
Engade a mensaxe ao final.

Ola! Gran traballo o que estás a facer. No campo da Historia recente de España hai moito por facer. Permitinme completar o teu artigo de Manuel Azaña engadíndolle categorías, unha imaxe e os interwikis. Sexa para ti a miña benvida. --AlberteSi, digame? 14:34, 11 agosto 2006 (UTC)


Benvido á Galipedia [[User:|User:]]. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición. A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe

  • Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—.

Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--Lmbuga Commons - Galipedia 15:26, 11 agosto 2006 (UTC)

Para contactar conmigo

Para contactar comigo, fai click na

palabra Galipedia da miña sinatura.

Fai click despois na pestana editar

da ventá que se abre. Escribe ó final

da páxina e, cando remates, asina (faiz

click no penúltimo botón da barra que

está encima de la caja de edición, o que

ten unha sinatura como debujo).

Ola Resorte, en primeiro lugar agradecerche a túa actividade e colaboración na Galipedia. Logo indicarche 2 problemas que trae consigo a imaxe indicada.

  • O primeiro que percibín é que á imaxe lle falta un dato fundamental para que se poida manter na Galipedia. En tódalas imaxes da Galipedia debe constar a licenza e a orixe (source en inglés) ou fonte de onde foi tirada. Se foi tirada de internet, hai que poñer un enlace á páxina correspondente. A orixe é fundamental porque é o que permite habitualmente demostrar que a licenza é certa. Por mor disto, marquei a imaxe para borrar (nun futuro próximo), marcado que será retirado se se engaden os datos que faltan.
Imagen:Leovigildo 01.jpg
Imagen:Leovigildo 01.jpg
  • Logo reparei no nome da imaxe e deime conta de que a imaxe foi subida doutra wikipedia. Ó buscala, encontreina en Commons. As imaxes de Commons, non tes que subilas á Galipedia. Úsanse coma se xa estivesen subidas. Commons ten imaxes que se poden usar directamente en tódalas Wikipedias. Póñoche un exemplo co esta foto á esquerda.

Vou proceder a substituír nos artigos en que estea presente a imaxe que subiches pola de Commons (que ten maior calidade) e logo borrarei a imaxe que subiches.

O nome da imaxe de Commons é Image:Leovigildo 01.jpg

Se tes algunha dúbida, especialmente sobre as imaxes, non dubides en preguntarme. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:10, 26 agosto 2006 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Ola de novo. Convén que categorices as páxinas que crees, dese xeito poderán ser doadamente localizadas e estarán clasificadas.

Para categorizar tes que colocar ó final do texto esta etiqueta: [[Category:Nome da categoría]]. Por exemplo, á páxina Leovixildo engadinlle a etiqueta [[Category:Monarcas]], de maneira que se vas a Category:Monarcas poderás encontrar ese artigo.

Unha vez que engades a etiqueta da categoría, ó final do artigo encontrarás unha secuencia que pon Categorías: Nome da categoría. Se fas click sobre o nome da categoría, accederás a ela.

En caso de que non saibas en que categoría clasificar a imaxe, coloca calquera destas dúas etiquetas (fan o mesmo): [[Category:Pendente categoría]] ou {{Semcat}}. Dese xeito a imaxe pasará a estar en Category:Pendente categoría e será facilmente localizable para ser categorizada. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:23, 26 agosto 2006 (UTC)

Troquei Sabela por Isabel. Sabela é unha variante do nome de Isabel. O seu emprego neste caso fai totalmente irrecoñecible ó personaxe. É o mesmo que ó bíblico David chamarlle Dauli ou Davide (non procede). Ademais, na bibliografía galega é Isabel II--Lmbuga Commons - Galipedia 12:36, 26 agosto 2006 (UTC)

Ola Resorte, grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.

Paso a explicarche os datos que fan falla e como incorporalos

¿Que debes indicar?

De onde procede a imaxe

  • Se a imaxe é dunha páxina Web, é obrigado colocar un enlace (ligazón) ao lugar exacto do que se recolle a imaxe. Sexa cal for a orixe dunha imaxe, en devandita orixe ten que poñer que se permiten as obras derivadas e o uso comercial. Se no sitio web non aparecen expresos estes conceptos a imaxe poderá ser borrada por violación dos dereitos de autor.
  • se a imaxe é da túa propia autoría, indícao claramente (escribe elaboración propia, eu son o autor...). Se o obxecto que fotografías ten os dereitos de autor restrinxidos (portada dun CD, de libros, programas de tele, pósters,...), a túa foto tamén ten eses dereitos restrinxidos (Tes máis información en Commons:Obras derivadas) e non se pode subir á Galipedia.
  • se a copiaches doutra Wikipedia, coloca un enlace exacto á páxina da imaxe orixinal. Non abonda con dicir que a imaxe se tomou doutra Wikipedia; é necesario indicar o lugar exacto. Ten en conta tamén que algunhas outras Wikipedias, como a inglesa, admiten imaxes baixo a cláusula de fair use que aquí non son aceptables por cuestións legais.

¿Cal é a licenza da imaxe? (Isto xa o fixeches)

Se é unha obra derivada doutra imaxe ou foto, é posible que teñas que poñer a mesma licenza que tiña a imaxe orixinal.
  • No caso de que sexa copiada dalgún sitio, debes poñer a licenza que nese sitio tiña. Se non sabes a licenza que ten no lugar orixinal, pregúntame indicándome a orixe.

Todas as imaxes que se soben á Galipedia e a Commons deben permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Pero hai máis matices, por iso é polo que hai varias posibles licenzas. A licenza {{PD}} coloca a imaxe no dominio público sen restricciones. En poucas palabras, a licenza {{GFDL}} obriga a que, se se utiliza a imaxe se nomeen os datos que esta ten (autor, lugar de onde se obtivo,...).

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede ás túas fotos.
  • Unha vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Recorda que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses ({{PD}},...)
  • Garda a páxina

¿Como indicalo cando vas subir unha imaxe?

No momento da subida hai unha caixa na cal podes escribir que pon Descrición. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto

A cousa como ves non é doada. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dúbida. Un cordial saúdo.--Lmbuga Commons - Galipedia 10:43, 27 agosto 2006 (UTC)

Por outra banda, marquei para borrar por violación dos dereitos de autor a imaxe Image:Ourense.jpg. É certo que a páxina da que procede a imaxe non ten ningún apuntamento sobre o copyright (eu non o encontrei), pero seguindo a lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explicitamente que as imaxes están no diminio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Non borrei xa a imaxe por se acaso ti es capaz de encontrar algún sitio na páxina onde se indique que o material exposto está no dominio público, eu non o encontrei.

Espero que comprendas que vendo o difícil que pode ser manter un proxecto como o das Wikipedias ante tantos intereses creados que non desexan que a cultura sexa do dominio público provoca que teñamos que ser frecuentemente estritos coas imaxes que coa mellor intención do mundo soben os usuarios. Síntoo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 15:00, 27 agosto 2006 (UTC)

  • Xa deixei por fin ben a mensaxe anterior. Desculpa por facer tantas edicións--Lmbuga Commons - Galipedia 15:14, 27 agosto 2006 (UTC)

Ola Resorte. Quizais non che poida ser nisto de moita axuda. Eu podo dicirche cómo eu fago, pero moito do vocabulario técnico das táboas non o entendo.

A información máis elemental sobre táboas tela en Wikipedia:Como facer táboas.

Eu se quero facer unha desas táboas, como non o entendo todo, copio a estrutura doutra (algunha variación si dou feito). Cando as táboas están entre {{ }}, como a primeira do artigo, quere dicir que hai unha template na que se basea. A prieira palabra desa táboa é Infpolitico, iso quere dicir que hai unha template que se denomina Template:Infpolitico. Para facer unha desas táboas, primeiro tes que crear a template coa estrutura da táboa de xeito semellante a como está creada esa.

A táboa horizontal inferior aparece, ó editar o artigo, tamén entre dous dobres corchetes ({{Presidentes do Goberno da II República}}). Iso quere dicir que nese punto se reproduce exactamente o que aparece no artigo Template:Presidentes do Goberno da II República. Se vas a ese artigo, verás como está composta a táboa ó editalo.

Como ves eu non son quen de che explicar os códigos internos das táboas. Se desexas máis información, o ideal é que o solicites en Wikipedia:A Taberna (axuda), responderache algún usuario con máis experiencia ca min neses quefaceres. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 19:28, 6 setembro 2006 (UTC)

Cidade Real[editar a fonte]

Ola ante todo. Dúas cousiñas:

  • Non sei se ó aplicar as normas da wikipedia para topónimos debería quedar 'Cidade Real - Ciudad Real. Pregunta a alguén con máis experiencia ca min para saber;
  • Creaches o template para o cadro da dereita e está moi ben: o que pasa é que agora non coincide coas táboas doutras capitais (por exemplo, Santander, Cantabria). Non deberían estar homoxeneizadas?

Saudiños --Sobreira (parlez) 17:54, 14 setembro 2006 (UTC)

Ola Resorte!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:16, 15 setembro 2006 (UTC)

Redireccións[editar a fonte]

Boas, Resorte. Quería falar das últimas redireccións que fixeches, a de Primo de Rivera e a da Restauración.

  • Primo de Rivera, non sei se é o mellor redirixila ó dictador Miguel Primo de Rivera, xa que polo apelido pode que sexa máis coñecido Joseantonio Primo de Rivera, e logo tamén temos a Pilar Primo de Rivera, na miña opinión, a entrada Primo de Rivera debería ser unha páxina de homónimos.
  • A de Restauración (que é unha palabra con significado por si mesma) liga a restauración borbónica en España. Se ben é certo que na historia de España esa palabra fai referenza a unha época concreta, a Restauración borbónica tamén podería interpretarse como a volta ó poder dos Borbóns en Francia (penso en Luis XVIII, tralo Imperio de Napoleón).

Das dúas entradas a que vexo que hai que repensar máis é a de Primo de Rivera. Sen máis, un cordial saúdo. --Adalbertofrenesi(fala) 15:56, 29 setembro 2006 (UTC)

    • Son da opinión de Adalbertofrenesi.--Xosé (✉) 16:05, 29 setembro 2006 (UTC)

Benvida tardía[editar a fonte]

Sei que chego tarde para darche a benvida pero non por iso quería deixar de facelo. Quero aproveitar para agradecerche a túa axuda e o gran número de artigos novos que créaches. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:39, 3 outubro 2006 (UTC)

Caixas de usuario[editar a fonte]

Por favor, botalle unha ollada ós seguintes mensaxes referidos ás caixas de usuarios onde se expoñen os criterios que seguimos User_talk:Porto#Caixas_de_usuario e User_talk:Norrin_strange#Caixas_de_usuario. O criterio vixente neste momento ata que se tome unha decisión definitiva é que as caixas de usuario que fan referencia a crenzas, opinións, afeccións, ideoloxía, ... comprometen a neutralidade e actúan como elemento separador entre os colaboradores. Entendemos que algúns usuarios queiran utilizalas pero trátase de facer aquilo que beneficie en maior mediada o bo funcionamento da Galipedia, e conseguir que este proxecto logre consolidarse evitando, sempre que se poida, aqueles problemas que teñen afectado gravemente a outras Wikipedias. Un último comentario sobre a redirección de Etiquetas de usuario a Caixas de usuario, as redireccións salvo casos excepcionais deben facerse coa pestana mover para que non se perda o historial de edicións. Desfixen a túa última edición nesa páxina porque é contraria á política actual. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:10, 15 outubro 2006 (UTC)

Ola Resorte. Sinto ser portador de malas noticias. Agradézoche o teu esforzo en mellorar os artigos engadindo imaxes, é algo ó que eu tamén me dedico.

Persoalmente, a min -e supoño que a todos nós- as normas da lexislación española, ó non permitiren o uso lexítimo (en:fair use, es:fair use) e outras cousas (70 ou máis anos), parécenme excesivas.

A túa inclusión desa imaxe lembroume que estaba pendente de borrado a que había antes na páxina Compañía de Radio-Televisión de Galicia. Borrei as dúas. Motivo: os logos teñen copyright. Nós ofrecemos as imaxes de xeito que calquera pode realizar obras derivadas e uso comercial, de xeito que, inda que polo uso que lles damos ás imaxes non facemos nada moi grave (inda que si ilegal), si somos responsables do que poidan facer terceiros, e iso si pode ter gravidade.

Síntoo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:56, 25 outubro 2006 (UTC)

Esta mensaxe está relacionada coa imaxe Image:Leopoldo-calvo-sotelo.jpg. É un procedemento habitual revisar todas as imaxes que se publican na Galipedia para comporbar as licenzas e verificar que cumpren os requisitos para se poder publicar neste wiki. No caso da imaxe de Leopoldo Calvo Sotelo a revisión deu como resultado unha situación que ás veces ten pasado en Commons, un sitio web di permitir o uso libre pero non hai constancia de que sexa o propietario dos dereitos que permite reproducir.

Reportajes.org inclúe unha mensaxe co seguinte texto: "Toda la información puede ser reproducida libremente si añade al final del artículo este texto enlazando nuestra web: Información extraída de REPORTAJES.ORG" pero non acredita a autoría de ningunha das fotos nin di de onde proceden. Das comprobacións conclúese que o artigo sobre Leopoldo Calvo Sotelo foi publicado o 31 de marzo de 2006 e que a foto é a mesma que hai no artigo http://www.real-academia-de-ingenieria.org/miembros/academicos/honor/curricula/calsot.htm da Real Academia de Ingeniería publicado o 26 de outubro de 2005. Neste sitio web non teñen ningunha páxina de información legal, sendo así a foto non é libre. Tampouco hai constancia dunha cesión pola súa parte a Reportajes.org . Por desgraza, iso significa que a imaxe debe borrarse. Para concluir, quero dicir que agradecemos sinceiramente o esforzo por buscar unha imaxe libre, sabemos da dificultade que iso supón e dos atrancos que se atopan continuamente para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:05, 8 novembro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Resorte. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:49, 6 decembro 2006 (UTC)

Imaxe de Ourense de noite[editar a fonte]

Estaba revisando as páxinas para borrar e atopei marcada a imaxe de Ourense de noite que tes na túa páxina de usuario. Tiven que borrala porque é unha imaxe con copyright e as condicións de uso do web do Concello de Ourense non permiten a súa utilización libre. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:20, 17 xaneiro 2007 (UTC)

IES Pazo da Mercé[editar a fonte]

Moitas grazas polos teus parabéns, esperamos poder contribuir co noso traballo a esta maravillosa tarefa que é a galipedia. Aínda estamos só principiando o camiño, esperamos non cometer moitos erros, pero se acontecen, pedimos disculpas por adiantatado. Como primeira tarafa ímos tratar de editar artigos o redor das drogas (xa que é a materia na que estamos a estudar na aula). Agora estamos só creando pequenos esbozos dos termos que logo ampliará cada alumno ou alumna pola súa conta. Admitimos suxerencias. Un saúdo--IES Pazo da Mercé 19:11, 7 marzo 2007 (UTC)

Aniversario[editar a fonte]

Ola Resorte. Antonte sábado 11 de agosto cumpríuse un ano desde que estás connosco, quero aproveitar esta data tan sinalada para lembrar a túa contribución a este wiki e agradecerche que continues colaborando. Por outra banda, non lembro se xa o dixen, eres un dos poucos usuarios de Ourense que temos na Galipedia e iso tamén é valioso para o proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:38, 13 agosto 2007 (UTC)

Ola Resorte! Grazas polas túas felicitacións e parabéns. Graciñas de verdade. Colaborar na Galipedia está a ser un verdadeiro placer. Saúdos! ;) --ShinichiDime 19:00, 28 agosto 2007

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:29, 3 outubro 2007 (UTC)

Wikiproxecto[editar a fonte]

Olá, Resorte. Non hai normas sobre como organizar un wikiproxecto. A páxina de referencia é Wikipedia:Wikiproxecto. Alí verás que xa hai varios en marcha; crea unha [Wikipedia:Proposta de wikiproxecto XX], convida a participar a xente que saibas que está interesada nese tema e cando o teñas preparado móveo a [Wikipedia:Wikiproxecto XX]. Non sei se che sirve de axuda. Non che vou poder axudar máis nas próximas semanas porque estarei ausente. Un saúdo. --Xosé (✉) 19:49, 20 decembro 2007 (UTC)

Wikiproxecto linguas do mundo[editar a fonte]

Ola, vin a túa mensaxe e boteille un ollo ao wikiproxecto, encantaríame participar pero no tema das linguas non me sinto capacitada, preparada ou como o queiras chamar. Non sei a quen convidaches pero quizais si fose interesante que pensases en Sobreira, Xabier Cid, Lmbuga, Xosé ou Maañón que xa teñen amosado coñecementos sobre o tema. Eu de verdade que o sinto moito, de todas formas se cres que pode haber algunha tarefa na que poida resultar útil non dubides en dicirmo. Grazas e saúdos. --Alma (fálame eiquí) 16:49, 29 decembro 2007 (UTC)

Sobre o do wikiproxecto de arriba. Eu tamén vou estar liado de aquí a mediados de ano. Teño certo material e referencias que poden ser de interese. Eu comezaría creando unha bibliografía. Non vou entrar no tema das linguas, cales son, como diferencialas, etc., pero creo que pode ser moi interesante xa só polo do nome das linguas se se fai con rigor, sobre todo no ámbito terminolóxico. En Termigal traballouse algo sobre o nome dalgunhas linguas puntualmente, pero non hai nada sistemático. Non sei en que medida sería legal que che subministre datos e cousas así disto en concreto, pero só é necesario ter instalado o parche de OpenOffice ou WindowsXP (e no futuro WVista) para coñecer a versión galega oficial (por estar avalada por Termigal) dos nomes das linguas máis importantes. No Galizionario tamén hai algo traballado, pero moito menos. Se o precisades, podo facer unha minibibliografía especializada de referencia en galego para linguas e xentilicios (3-4 libros). Como mínimo, considero fundamental a Guía das linguas de Europa (ou algo así) de Xosé Henrique Costas (Ed.Positivas) e básico a proposta de Begoña González, Benigno Fernández Salgado e os listados oficiais da UE. Boa fin de ano.-- Sobreira (parlez) 00:27, 30 decembro 2007 (UTC)

  • Eu incluiría tamén o ethnologue ademais do SIL, para non ser demasiado sesgados cara ós datos dunha soa páxina. -- Sobreira (parlez) 00:30, 30 decembro 2007 (UTC)

Re: Wikiproxecto Linguas do mundo[editar a fonte]

Ola Resorte. Grazas pola invitación. Agora mesmo non teño moito tempo dispoñible e non poderei colaborar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:38, 4 xaneiro 2008 (UTC)

Ola Resorte. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento. Antes de ser borrada, agradeceríamosche que renomees esta imaxe  a "Image:Zona recreativa de Quintela de Canedo, Canedo, Ourense" ou a un outro nome máis adecuado.

Para renomeala:

  1. carga a imaxe co nome novo,
  2. fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros arquivos e substitúe en ditos arquivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
  3. edita a imaxe e substitúe o marcador {{NomeIncorrecto|...}} por {{BorrarImaxeDuplicada|Imaxe:Nome da imaxe nova que se vai manter}}.

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --Alma (fálame eiquí) 18:59, 6 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:54, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Cuestionario onomástica[editar a fonte]

Ola, Resorte! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:42 (UTC)[responder]

Imaxes de Ourense[editar a fonte]

Boas Resorte, non sei se se poderá contactar aínda contigo pero como hoxe atopei a túa páxina e vin que es de Ourense, pensei: non se pode perder esta oportunidade! :) A ver, cóntoche, levamos xa varios anos Wikipedia:Wikiproxecto_fotos_de_parroquias, xa están listas as provincias de Coruña e Pontevedra, e agora o traballo céntrase en Ourense e Lugo. Pero precisamos moitas mans para acadar o obxectivo, e moitas máis en Ourense xa que non hai moitos Galipedistas por aí. Por iso veño aquí a comentarche que se te animas a facer unhas fotos das parroquias do teu concello, estas 13 son as que faltan, a túa axuda sería máis que benvida. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2017 ás 12:06 (UTC)[responder]