Conversa usuario:Rabalde
- Vou pasar os exercicios de lingua galega da Wikipedia a Wikibooks. Xa pasei dúas páxinas (b:Exercicios de morfosintaxe en lingua galega/artigo, b:Exercicios de morfosintaxe en lingua galega/numeral/1 ó 20). Marcoa as da Wikipedia para que sexan borradas. Cando acabe as cousas que teño pendentes (tardarei un trempo) comezarei co curso de galego e wikibooks aproveitando o material que fixeches na Wikipedia--Lmbuga 21:55, 24 xaneiro 2006 (UTC)
- Comecei a creación do b:Curso de lingua galega en wikibooks. Agradézoche calquera observación, contribución, participación,... Parto do que xa estaba feito na galipedia e nos galilibros--Lmbuga 11:43, 12 febreiro 2006 (UTC)
- Está xa creado o b:Curso de lingua galega. Probablemente estea descompensado e haxa moito que mellorar. Agradézoche as ideas que teñas--Lmbuga 20:47, 25 febreiro 2006 (UTC)
[editar] 20.000 artigos
Ola Rabalde. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:49, 6 decembro 2006 (UTC)
[editar] Eleccións de administradores
Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:29, 3 outubro 2007 (UTC)
[editar] Revogación de permisos de administrador
Ola, comunícoche que se pediu a revogación dos teus permisos de administrador segundo a nova politica expresada aquí: Wikipedia:Elección de administradores. Podes ver a petición aquí: Wikipedia:Votacións á administración. Saúdos --BaNjO tell me 20:15, 6 novembro 2007 (UTC)