Conversa usuario:Majoalpe

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Majoalpe!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 13 de novembro de 2014 ás 16:04 (UTC)[responder]

Lusofonía[editar a fonte]

Ola, Majoalpe. Revertín as túas edicións que alteraban o enunciado da entrada lusofonía. O motivo é que a Wikipedia debe tratar de expresar calquera concepto da maneira máis clara posible para un público xeral, e para o caso iso cumpríase. Porén, coa túa modificación, xa non tal. Amais, esa referencia que achegas non entendo moi ben a que se refire. Poderías, por favor, indicar con maior exactitude que é o que pretendes ampliar? Un saúdo e grazas polas túas colaboracións. Ah, tamén che pido que antes de volver tocar o mesmo, te informes do que é unha guerra de edicións, cousa que debemos evitar. --Atobar (conversa comigo) 13 de novembro de 2014 ás 16:04 (UTC)[responder]

Bo día, Majoalpe. Grazas por informarme. Moi ben, dálle entón duro ao artigo e se precisas calquera cousa, pregunta sen medo. Vexo que agora mesmo lusofonía está un pouco desaxustado con respecto ao formato que rexe na wikipedia; é preciso crear unha división clara dos apartados pero sempre poñendo no comezo unhas poucas liñas definitorias de carácter xeral sobre o motivo do artigo, algo así como unha cabeceira. En diante, se tes dúbidas de formato, propoño que te dirixas a HombreDHojalata ou a Estevoaei, que son dous usuarios xa veteranos e que che poden botar unha man. Ou a min mesmo, pero ultimamente ando algo desconectado. Outra cousa: non esquezas asinar as mensaxes cando escribe na páxina de conversa doutro usuario, como fixeches comigo. Un saúdo e a seguir. --Atobar (conversa comigo) 15 de decembro de 2014 ás 10:28 (UTC)[responder]

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos[editar a fonte]

Ola Majoalpe.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 15 de decembro de 2014 ás 12:14 (UTC)[responder]

correo electrónico[editar a fonte]

Ola, Majoalpe! Son Adrián Estévez, usuario da Wikipedia (tamén administrador da Galipedia) e estudante de cuarto curso do grao de lingua e literatura galegas da USC. Quería poñerme en contacto contigo por e-mail, pero non tes esa opción activada. Podes facelo pulsando en "preferencias", na parte superior dereita. Impórtache? Sería para axudarche co formato dos artigos -ben interesantes- que estás a desenvolver.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de decembro de 2014 ás 18:04 (UTC)[responder]

Ola Majoalpe.

Se estás a traballar nalgún artigo, quizais queiras poñerlle o marcador {{en uso}}, para evitar os conflitos de edición con outros usuarios.

Podes ver exemplos na Categoría:Páxinas en edición por un usuario.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 15 de decembro de 2014 ás 22:06 (UTC)[responder]

Ficheiro con dereitos de autor[editar a fonte]

Boas, marquei o ficheiro Ficheiro:Lu.JPEG porque entendo que ten dereitos de autor e por iso non pode estar na Galipedia. A maioría das imaxes que se atopan en Internet teñen dereitos de autor e por iso non se poden usar nas wikipedias. Podes atopar imaxes libres no servidor de imaxes das wikis, Commons. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2014 ás 10:30 (UTC)[responder]

O mesmo cos outros dous ficheiros que subiches. Entendo que poden ser útiles pero non se poden copiar de sitios que teñen dereitos de autor. O que poderías facer sería crear imaxes similares baseándote nas imaxes e mapas que hai en Commons... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2014 ás 10:38 (UTC)[responder]
Si, o mapa do artigo en portugués está libre e xa está en Commons, co cal non fai falta copialo aquí (xa borrei o ficheiro e cambiei o nome no artigo). Tamén engadín a lenda do mapa, simplemente hai que usar o modelo lenda, que funciona igual que da wiki-pt. Comparando as versións do historial podes ver os cambios. E perdoa que modificara o artigo cando o tiñas en uso pero é que facelo directamente era moitísimo máis doado que explicalo :)
Nota, tes que firmar os comentarios que deixas nas discusións, e é conveniente poñer un título para separar as cousas. Se precisas axuda con algo da wiki non dubides en avisarme. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2014 ás 13:42 (UTC)[responder]
Pois non se pode ligar a artigos de wikipedias doutras linguas, se o artigo non está na Galipedia haberá que crealo. Tampouco se poden poñer ligazóns externas a páxinas de wikipedia noutras linguas porque as wikipedias non son fonte primaria. E outra cousa que che quería comentar, a sección de ligazóns externas non pode ser tan longa, a Galipedia non é un listado de ligazóns. Outras cousas que non son a Galipedia podes velas aquí: Wikipedia:O que a Wikipedia non é :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2014 ás 16:00 (UTC)[responder]