Conversa usuario:Elisardojm/arquivo 5

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arquivo das conversas do segundo semestre do 2013:

Consulta[editar a fonte]

Ola outra vez! Un compañeiro de Literatura Galega fíxome esta consulta e eu, ao no saber contestala, paso a pelota: "Resulta que os meus alumnos de lit. s. XX tiveron que facer un traballo sobre a novela de Rivas "Todo é silencio". Botando unha ollada na Galipedia vexo que no argumento e análise do espazo da novela utilizan o topónimo Brétema (suposta vila mariñeira na que se desenvolven os feitos). Aconteceu que tan pronto se publicou a novela xurdiu nos foros literarios achegados a Marina Mayoral un certo descontento (sospeito que atizado por un fillo seu), motivado porque ese nome é usado por Mariña Mayoral en moitas das súas obras e artigos. O sangue non chegou ao río, nin houbo denuncia porque a disputa que enfrontaba a dous autores que publican as súas novelas na mesma editorial (Alfaguara) resolveuse cambiando o topónimo Manolo Rivas nas edicións posteriores á primeira e no canto de Brétema xa figura Noitía. Despois de toda esta monserga a miña pregunta é: como se pon unha nota na Galipedia aclarando nunha simple liña a mudanza do nome? Algúns dos meus alumnos levaron unha sorpresa ao encontrar que no exemplar que manexaban da novela non aparecía Brétema por ningún lado, tal como pon a Galipedia.Sei que unha chorrada pero debera figurar." ¿pódesnos aclarar isto? Grazas de antemán pola túa axuda. --UL Abelrr (conversa) 3 de abril de 2013 ás 18:19 (UTC)[responder]

The Signpost: 01 de abril de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 5 de abril de 2013 ás 12:46 (UTC)

Non tiña nin idea, desde logo. Un bo exemplo da globalización: unha pequena adega de Portonovo nunha web checa. E todo un detalle recoñecer a fonte, desde logo. Grazas polo aviso, Elisardo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 6 de abril de 2013 ás 21:20 (UTC)[responder]

Fotos hockey[editar a fonte]

Boas Elisardojm!! Os da selección portuguesa son fáciles, se vas ao artigo correspondente do mundial de 2007 na wiki en francés (aquí) tes todos os planteis e concrétamente en Portugal vense os números dos xogadores por diante (aínda que non os coñezo a todos, coinciden os números de varios incluíndo a Ventura que ten artigo na nosa wiki). O caso da selección española é máis complicado, porque a algúns os vexo cambiados e non podería asegurar quén é quen, os que sei seguro son Pedro Gil (de pé á esquerda -o pelado-), Marc Torra (ao lado de Gil), Gillem Trabal (o porteiro da esquerda, este tamén ten artigo na nosa wiki), Sergi Fernàndez (o outro porteiro) e Marc Gual (agachado á dereita). É todo o que podo facer, os outros non sería capaz de dicir con certeza quén son. Apertas, e se identifico a alguén máis xa te aviso. Piquito (conversa) 8 de abril de 2013 ás 07:49 (UTC)[responder]

Ben feito Elisardo!!! Vistos de cerca se recoñecen mellor (aínda que hai algún que un pouco cambiou dende aquela), xa incluín as imaxes dos xogadores que teñen artigo na Galipedia no seu respectivo artigo. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 8 de abril de 2013 ás 10:15 (UTC)[responder]
Xa irei vendo se podo crear algún artigo de xogadores de Italia ou Francia (pode que algo haxa na wiki en francés) por exemplo, ou se atopo algo para facer de Nicolás Fernández (Chile), por exemplo. É complicado porque non hai moitos sitios onde atopar información, mais tentareino co tempo, xa tiven que retrasar o avance en dous artigos que teño co marcador en uso por engadir contidos ao portal da ópera e non quería alargar moito o traballo neles para poder pasar a outros pronto, lóxicamente se te ves con ganas, tempo e curiosidade podes crealos ti e calquer problema que teñas podo axudarte na medida das miñas posibilidades. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 8 de abril de 2013 ás 10:33 (UTC)[responder]

Ola Elisardo. Acabo de crear o aviso de usuario {{au-interwikis}} e {{au-fusionar}}. Saúdos --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 8 de abril de 2013 ás 12:29 (UTC)[responder]

RE:Máis equipos de fútbol[editar a fonte]

Revisados. Moitas grazas por avisar. --Krisko (conversa) 8 de abril de 2013 ás 15:59 (UTC)[responder]

Revisado tamén. Unha apertiña. --Krisko (conversa) 29 de abril de 2013 ás 12:18 (UTC)[responder]

Conversa[editar a fonte]

Podes ver esta conversa? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 8 de abril de 2013 ás 22:40 (UTC)[responder]

Podes traducir este parágrafo. Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 9 de abril de 2013 ás 11:50 (UTC)[responder]
Grazas, e felicidades por ser administrador. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 10 de abril de 2013 ás 08:51 (UTC)[responder]

Non-pd coats of arms of Finnish ex-municipalities[editar a fonte]

Hi, I answered your licensing question here. I hope this clarifies the issue! --Jmk (conversa) 9 de abril de 2013 ás 11:51 (UTC)[responder]


Boas vindas[editar a fonte]

Obrigado pelas boas vindas, gostei do seu idioma, é bem próximo do PT-Br. Abraçõs Onjacktallcuca (conversa) 9 de abril de 2013 ás 13:42 (UTC)[responder]

Mediático[editar a fonte]

Ola Elisardo, fixen estas correccións ortográficas no artigo que fixeches da Estación de radio militar de Pierre-sur-Haute, entre elas está mediático, que como podes ver aquí non é unha palabra correcta, xa a incluín no corrector e puxen como correcto dos medios, pero non sei se coñeces (se é que existe) unha palabra propia no galego para mediático, se é así cambia dos medios por esa palabra no corrector. Saúdos. --JaviP96 9 de abril de 2013 ás 18:05 (UTC)[responder]

A min tampouco se me ocorre (polo momento), e ao mellor non hai un termo en galego para mediático, quen sabe, de todas formas se atopo un xa te aviso. --JaviP96 9 de abril de 2013 ás 20:09 (UTC)[responder]
Xa o confirmei, en galego non é normativa a palabra *mediático, e non hai ningunha co mesmo significado (polo que hai que utilizar dos medios), de todas formas, debido ao seu extenso uso, é probábel que se inclúa cando saquen unha nova normativa. Un saúdo. --JaviP96 26 de abril de 2013 ás 15:36 (UTC)[responder]

The Signpost: 08 de abril de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 10 de abril de 2013 ás 06:41 (UTC)

Administrador[editar a fonte]

Parabéns! Xa es administrador da Galipedia. Espero que todo vaia ben coas novas funcións. --Toliño Fala aquí comigo 10 de abril de 2013 ás 22:23 (UTC)[responder]

Por certo, acabo de decatarme de que a túa votación durou 1 mes, cando o estipulado na política é 15 días. Aínda que é certo que tamén di que se deben evitar períodos vacacionais como a Semana Santa (como ocorreu coa túa votación), de modo que supoño que unha cousa compensa a outra :P --Toliño Fala aquí comigo 10 de abril de 2013 ás 22:40 (UTC)[responder]
Parabéns! compañeiro. --. HombreDHojalata.conversa 11 de abril de 2013 ás 07:37 (UTC)[responder]
Parabéns, administrador! --Paradanta (Cóntame) 11 de abril de 2013 ás 11:32 (UTC)[responder]
Parabéns!!!! Piquito (conversa) 11 de abril de 2013 ás 11:40 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Parabéns tamén pola miña parte! por certo aquí tes as primeiras páxinas para fusionar, mira primeiro esta páxina de axuda, aínda que supoño que xa a coñecerías. Por outra parte xa podes poñer na túa páxina de usuario estes marcadores: {{Admin}} e {{Administrador}}. Saúdos. --JaviP96 11 de abril de 2013 ás 15:07 (UTC)[responder]

Petición[editar a fonte]

Podes ver esta petición Conversa Wikipedia:Política de protección de datos? Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 11 de abril de 2013 ás 11:07 (UTC)[responder]

Ekaterimburgo[editar a fonte]

Boas Elisardojm!! Podes mirar un tema de licenzas que hai coa imaxe que puxen na caixa de información de Ekaterimburgo? Xa comentara algo con HombreDHojalata, pero está ausente e o certo é que non controlo nada do tema licenzas e non sei cal delas meter. Moitas grazas de antemán!!! Piquito (conversa) 11 de abril de 2013 ás 15:07 (UTC)[responder]

Ola Elisardojm: Corrixín o artigo do título, e retirei a marca de wikificación (que ti colocaches). Tamén retirei a de ortografía. Velaquí] os cambios que realicei. Outros cambios foron realizados antes.

Se observas necesario volver colocar a marca de wikificación ({{Wikificar}}), rógoche que lle expliques o motivo a Alvaropv DGallaecia para que comprenda o que debe corrixir. Grazas e un cordial saúdo.-- Lmbuga / Conversa comigo  13 de abril de 2013 ás 10:45 (UTC)[responder]

Nova petición[editar a fonte]

Podes ver estas dúas peticións? Conversa MediaWiki:Sp-contributions-footer e Conversa MediaWiki:Movepage-moved. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13 de abril de 2013 ás 19:45 (UTC)[responder]

Imaxe con dereitos?[editar a fonte]

Boas Elisardo!! Quería tentar ilustrar artigos de hóckey a patíns, vendo a web do Escola Lubiáns atopeime con que non indica que o contido da web teña dereitos, polo que a pregunta é: a foto do equipo sénior que aparece na sección de categorías podería ser cargada na Galipedia? Así como esta imaxe, calquera das que figuran na sección de historia ou o logo do equipo poden ser susceptibles de ser subidas? Moitas grazas!!! Piquito (conversa) 15 de abril de 2013 ás 14:16 (UTC)[responder]

Ficheiro:ELLO logo small.png[editar a fonte]

Ola Elisardo, poderías borrar esta imaxe con dereitos de autor? xa lle mandei aviso ao usuario, non sei se lle queres dicir algo máis. Saúdos. --JaviP96 15 de abril de 2013 ás 16:16 (UTC)[responder]

Desculpa, acabo de ver que xa a borraches. Saúdos e perdón polas molestias. --JaviP96 15 de abril de 2013 ás 16:18 (UTC)[responder]

Entrada desaparecida[editar a fonte]

Ola de novo! Desta volta quería consultarche por unha entrada que fixen hai pouco: Os Falcatrueiros (asociaicón cultural de Monterroso). Hoxe fixen a procura para engadir algunha foto e o escudo-logo da asociación e resulta que desapareceu. ¿Cando se borra unha entrada non se lle comunica ao autor? ¿Cal pode ser o motivo da súa eliminación? Grazas por adiantado. --UL Abelrr (conversa) 15 de abril de 2013 ás 22:42 (UTC)[responder]

eliminación de artigos[editar a fonte]

Ola, Elisardo!

Ao eliminares un artigo ou redirección, procura revisar primeiro as ligazóns cara a ese título. Corrixín as ligazóns que levaban a restauración (arte).

Por certo; chegouche a factura?

Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de abril de 2013 ás 09:46 (UTC)[responder]

Petición3[editar a fonte]

Podes ver e esta petición? Toliño xa mellorou a explicación de como fusionar. O artigo que debe quedar é o que ten as ligazóns. Saúdos e grazas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16 de abril de 2013 ás 12:28 (UTC)[responder]

Fusionar estas páxinas, debe quedar a páxina da esquerda:

--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16 de abril de 2013 ás 12:45 (UTC)[responder]

Non sei, non teño nin idea. Escolle o que mellor che pareza. Saúdos --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16 de abril de 2013 ás 17:19 (UTC)[responder]

Entrada desaparecida[editar a fonte]

Ola! Aquí de novo. Entendo o que me dis en canto que estou en contacto con esa asociación (conflicto de intereses ou visión partidista). O que me despista é que para facer a entrada copiei o esquema doutra semellante: Xacarandaina que nin é máis longa, nin ten máis referencias acreditadas nin é menos localista ou máis internacional. Supoño que me falta unha fervedura Wikipédica. Ao fío do dito xurden un par de cuestións: - Son profesor no IES Universidade Laboral. A entrada que fixen sobre el, ¿peca do mesmo ca dos Falcatrueiros de Monterroso? - Teño unha casiña nunha aldea da que tiña pensado facer entrada (Frameán), ¿debo descartala por localista? Non creo que a ninguén fora de Galicia lle interese moito o sitio en cuestión. Gracias polo teu tempo e paciencia e disculpa polo abuso. Ao mellor tiñamos que plantexarnos a posibilidade de que nos deras un curso. Un saúdo. --UL Abelrr (conversa) 16 de abril de 2013 ás 14:36 (UTC)[responder]

Ok! Entendido por ben explicado. Vexo que tes dotes de docente, así que vou consultar co resto dos do equipo de EDLG do centro e mirar de quedar como a ti mellor te conveña para organizar algo, unha charla, un mini curso, un bombardeo de preguntas ... Moitas grazas outra vez. --UL Abelrr (conversa) 17 de abril de 2013 ás 11:56 (UTC)[responder]

Eli, dúas peticións:

  1. Por favor, cando empregues {{Atención}}, non esquezas poñerlle o subst:, deste xeito: {{subst:Atención}}.
  2. Poderías arquivar a túa páxina de conversa? Pesa moitísimo, e para os que navegamos dende pequenos dispositivos móbiles (cada vez máis xente), coma smartphones etc, é un suplicio cargala.

Moitas gracias, e perdoa se son cansiño (penso que xa faláramos destes temas). Un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 17 de abril de 2013 ás 07:29 (UTC)[responder]

O "subst:" unicamente con algúns modelos. Podes fiarte de {{tl:Modelos principais}} que está bastante detallado. --. HombreDHojalata.conversa 17 de abril de 2013 ás 08:54 (UTC)[responder]

Hahaha, hehehe, hihihi, hohoho, huhuhu. A que máis che guste, pero sempre con H. Un saúdo! --Atobar (conversa comigo) 17 de abril de 2013 ás 09:38 (UTC)[responder]

Correccións[editar a fonte]

Non deixes de correxir ou comentar calquera erro que podamos cometer os novos usuarios. Eu polo menos agradézoo e extendo o agradecemento ao resto da comunidade. --Frebas (conversa) 17 de abril de 2013 ás 12:27 (UTC)[responder]

The Signpost: 15 de abril de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 17 de abril de 2013 ás 19:46 (UTC)

Recorteille o escudo. --. HombreDHojalata.conversa 18 de abril de 2013 ás 20:26 (UTC)[responder]

Erro no nome do artigo[editar a fonte]

Ola Elisardo! Xa volvín meter a pata. Fixen unha entrada (tradución) sobre a escritora alemá Christiane Gohl. O caso é que centrado en revisar o formato da entrada e a tradución non revisei o título do artigo e gardei co nome Chistiane Gohl sen o "r". Como se corrixe isto? Fagoo eu se me dis como. Caeme a cara de vergoña por dar máis traballo. Desculpa outra vez. --UL Abelrr (conversa) 18 de abril de 2013 ás 22:55 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Xabier Cid Talk 2 me, please 18 de abril de 2013 ás 23:17 (UTC)[responder]

Fusións[editar a fonte]

Aínda non fusionaches Cabezo I (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) en Cabezo (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19 de abril de 2013 ás 11:35 (UTC)[responder]

Vale --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19 de abril de 2013 ás 11:47 (UTC)[responder]
Non é por ser pesado, pero xa pasaron outros 10 días e aínda non están feitas as fusións. Saúdos. Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 1 de maio de 2013 ás 17:20 (UTC)[responder]

Elisardo, coñeces isto?: http://python.org.ar/pyar/Proyectos/CDPedia

Que che parece falar con eles para pedirlles que aloxen, tamén, a Wikipedia en galego?--. HombreDHojalata.conversa 20 de abril de 2013 ás 07:42 (UTC)[responder]

Unha parvada: o parámetro |data3= do modelo {{Infobox}} estaba usándose dúas veces (corrección). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 22 de abril de 2013 ás 11:41 (UTC)[responder]

Pode ser cousa do Explorer, mais eu acabo de acceder á páxina desde ese navegador e vin que a cousa estaba ben. Proba a facer unha edición nula (edita e garda a páxina sen facer nada) para forzar a última versión da páxina. --Toliño Fala aquí comigo 22 de abril de 2013 ás 12:48 (UTC)[responder]

RE: Teatros[editar a fonte]

Boas Elisardojm!!! Está ben o dos mapas, só teño unha pregunta: hai algún xeito de poñer as coordenadas cos graos, minutos e segundos? Sinceiramente, non lembro cómo pasar a graos como está no modelo, o facía no instituto, mais xa pasaron uns cantos anos e é algo que non uso nunca, hai xeito de facelo? Graciñas por todo!!! Piquito (conversa) 22 de abril de 2013 ás 14:27 (UTC)[responder]

Ola! Sintoo moitoo. Non o sabía, de feito esto da galipedia é un exercicio da asignatura TIC para aprender a empregala. Aínda estamos comezando e non sabemos moi ben como funciona. Xa nos explicou algo o profesor sobre o dos dereitos de autor. Estes apuntamentos sobre o carro saqueinos desa Páxina Web que me serviron como documentación para Antropoloxía, e como non había moita documentación na galipedia, pois eso, que os metín aquí. Pois que o sinto moito, e grazas por avisarme, moi amable. Silvia.--Silvia6dejunho (conversa) 23 de abril de 2013 ás 12:44 (UTC)[responder]

Proposta[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 16:59 (UTC)[responder]

The Signpost: 22 de abril de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 25 de abril de 2013 ás 12:06 (UTC)

Revisor ortográfico[editar a fonte]

Grazas pola información. De todos xeitos, non conto con poñerme a sincronizar Wikipedia:Erros de ortografía e desviacións e Wikipedia:Revisor ortográfico/Listaxe.

O caso é que xa estou a traballar en utilizar a lista de Wikipedia:Erros de ortografía e desviacións para as suxestións do corrector Hunspell de galego (o que se utiliza en GNU/Linux, LibreOffice, Firefox, etc.). De feito, xusto onte rematei de preparar o corrector para utilizar o contido da lista (como estaba o día 14 de abril), e agora estou completando a lista cos erros que se suxeriron dende Trasno, para logo proceder a actualizar o corrector con esas novas suxestións.

Enumero os motivos da miña falta de motivación, e por tanto os motivos da miña negativa:

  • Xa estou a facer un traballo similar no corrector Hunspell. Cansa facelo, e só sigo pola motivación de estar facendo algo que me pode resultar útil a min mesmo. Facer o dobre de traballo (para o corrector Hunspell e para o revisor web da Galipedia) non me chama a atención.
  • O revisor web é extremadamente limitado, no sentido de que só admite pares fixos de palabras. Iso quere dicir que, para as formar verbais, tería que elixir entre volverme tolo ou facer as cousas a medias. Se ven vou ter que facer algo similar para algúns casos do corrector Hunspell (volverme tolo), probablemente deixaría de traballar tamén no corrector Hunspell se tivese as mesmas limitacións que o revisor web.
  • O número de usuarios que se beneficiarían do traballo no revisor web é bastante reducido, moito máis que o de usuarios que se beneficiarán do meu traballo no corrector Hunspell.
  • Manter o revisor web da Galipedia e mailo corrector Hunspell paréceme duplicar esforzos, e o Hunspell ten moitas máis posibilidades. Antes que manter ambos, vería de crear un revisor web que funcione co Hunspell, e tiraría co actual.
  • O meu navegador, Rekonq, non parece ser compatíbel co corrector. E non poder aproveitar o froito do teu propio traballo…
  • Podendo instalar o Hunspell no navegador web, o revisor web paréceme innecesario. Paréceme mellor explicar aos usuarios como instalar o Hunspell no navegador web, pois a experiencia será probablemente máis agradable (rápida) que usando o revisor web.

Cústame motivarme para facer traballo deste tipo, e calquera destes puntos —por separado— abondaría para que non me decidise a actualizar Wikipedia:Revisor ortográfico/Listaxe. Espero que entendas a miña postura :)

Un saúdo! ─ GallaecioE logo? 26 de abril de 2013 ás 17:25 (UTC)[responder]

The Signpost: 29 de abril de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia

The Signpost: 06 de maio de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 10 de maio de 2013 ás 17:46 (UTC)

Dúbidas cunha imaxe[editar a fonte]

Boas Elisardojm!!! Teño unha dúbida con esta imaxe. Para min é cláramente {{PD-formas simples}} porque entendo que é símplemente texto e formas xeométricas sinxelas. Ti que opinas??? Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de maio de 2013 ás 00:24 (UTC)[responder]

Esquéceo, acabo de ver en Commons unha imaxe do logo. Piquito (conversa) 12 de maio de 2013 ás 00:26 (UTC)[responder]

Re:Cortesía verbal[editar a fonte]

Ola Elisarfojm. Estiven botándolle unha ollada ó artigo en español, e aínda que hai cousas en común, penso que aló se toma o tema dende unha perspectiva máis xeral ca puramente lingüística, de aí o nome cortesía verbal e a posterior redirección dende cortesía. De todos os xeitos, non, como son novo nisto, non sei exactamente que é un interwiki. Pero se o cres necesario ou beneficioso, adiante. Un saúdo e grazas polo consello: Vazvilpa

Manuel Insua Santos[editar a fonte]

Perdoa, estaba en transito nun aeroportoen e desfixen co smartphone, pendente de dar a explicación máis tarde.

A cousa é que Insua era militar, máis, segundo expresa o artigo, non está na Galipedia por ser militar, senon por outras cousas que fixo.

Faltan, daquela, máis categorías.

Un saúdo, e desculpa por non terme explicado antes. --. HombreDHojalata.conversa 15 de maio de 2013 ás 11:40 (UTC)[responder]

Portal Hóckey a patíns[editar a fonte]

Boas Elisardojm!! Xa hai tempo que funciona o Portal:Hóckey a patíns, mais non aparece no índice da portada, mirei se o podía incluír eu mais non podo cambiar nada na portada porque non son administrador. Poderías mirar se o podes incluír ti? Moitas grazas!!! Piquito (conversa) 15 de maio de 2013 ás 21:06 (UTC)[responder]

Graciñas!! Piquito (conversa) 15 de maio de 2013 ás 21:50 (UTC)[responder]

The Signpost: 13 de maio de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 16 de maio de 2013 ás 01:41 (UTC)

Compositores[editar a fonte]

Boas Elisardojm!! Poderías insertar na caixa de información de compositores o parámetro fara a sinatura? Teño varios artigos nos que puxen o ficheiro coa sinatura pero nos que non aparece porque non está no modelo. Moitas grazas!! Piquito (conversa) 22 de maio de 2013 ás 15:15 (UTC)[responder]

Xa o vin, moitas grazas de todos xeitos. Piquito (conversa) 23 de maio de 2013 ás 08:26 (UTC)[responder]

The Signpost: 20 de maio de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 23 de maio de 2013 ás 07:31 (UTC)

Chusma e cadafalso[editar a fonte]

En efecto. *Xentuza > chusma // *Cadalso > cadafalso. As primeiras son incorrectas. As boas en galego son as segundas. Un saúdo! --Atobar (conversa comigo) 23 de maio de 2013 ás 15:21 (UTC)[responder]

Presa El Salto[editar a fonte]

Hola Elisardo. Muchas gracias por haber traducido el artículo sobre el dolmen de La Pastora. Me preguntaba si podrías hacer algo similar con el de la es:Presa El Salto, bien de interés cultural por su arquitectura neomudéjar que hasta ahora no tenía ninguna imagen en Commons. Saludos. --Hispalois (conversa) 27 de maio de 2013 ás 05:36 (UTC)[responder]

¡Muchísimas gracias Elisardo! --Hispalois (conversa) 28 de maio de 2013 ás 19:57 (UTC)[responder]

Patí Vic[editar a fonte]

Boas Elisardojm!! Vin que tiraches unhas cantas fotos no Liceo-Vic e as subiches a Commons. Non cres que sería mellor que as imaxes do Vic estiveran na categoría Club Patí Vic ou CP Vic (que non existe) dentre da categoría "Roller hockey in Catalonia‎"? Todas as imaxes de xogadores do Vic son durante o quecemento e saen só xogadores do equipo catalán, polo que non me parece que deban estar na categoría do Liceo. Se queres o fago eu, prefería consultarte antes de facer nada eu. Unha aperta!! Piquito (conversa) 28 de maio de 2013 ás 17:43 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Xa están as categorías que me dicías. Polo momento na do partido só están as do Vic, xa irei metendo as do Liceo. Hai fotos chulas, xa llas puxen aos artigos do Club Patí Vic, Eduard Lamas Alsina, Toni Pérez e ao de Xavi Malián que creei hoxe. Apertas!!! Piquito (conversa) 29 de maio de 2013 ás 08:42 (UTC)[responder]

The Signpost: 27 de maio de 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 31 de maio de 2013 ás 07:06 (UTC)

Imaxe de Miller e Urey[editar a fonte]

Ola Elisardojm. Con respecto á tradución da imaxe que propós penso o seguinte:

  • En vez de iluminación eu poñería "lóstrego". Porque o experimento con esas muxicas o que intenta imitar é as tormentas eléctricas que había na atmosfera da Terra primitiva e que proporcionaban enerxía para impulsar as reaccións. Ademais, ten en conta que en inglés non é o mesmo lighting (iluminación) ca lightning (lóstrego).
  • Sampling probe traduciríao mellor como "sonda de mostraxe", porque "mostreo" non sae no dicionario da Academia.
  • to vacuum pump debería ser á bomba con acento porque leva a preposición to. En canto á palabra baleiro/vacío habería moito que discutir. Hai partidarios de dicir vacío nese contexto, pero no dicionario da Academia podes consultar e ves que remite a baleiro vacío2.
  • Por último, aínda que isto é un detalle pouco importante, eu en vez de poñer contendo compostos orgánicos poñería simplemente contén compostos orgánicos para non calcar tanto a sintaxe inglesa, pero isto vai en gustos, xa que non creo que se poida dicir que contendo estea mal. Déixao estar se queres.

Eu traduzo moitas imaxes de formatos en bitmaps, pero non as vectoriais svg, xa que non teño instalado o Inkscape e non sei usalo, aínda que creo que é sinxelo. Así que haberá por aí moitas imaxes svg en páxinas miñas sen traducir.--Miguelferig (conversa) 5 de xuño de 2013 ás 10:40 (UTC)[responder]

The Signpost: 05 June 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 6 de xuño de 2013 ás 22:06 (UTC)

FAVOR GORDO[editar a fonte]

Ola, Elisardo! Teño que pedirche un favor gordo; como sabes, estase a levar a cabo o proceso de fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras; podes encargarte de xestionar a actualización das categorías das imaxes? Vou crear xa a categoría:Imaxes de Oza-Cesuras, e habería que incluír nela as subcategorías actuais de Imaxes de Oza dos Ríos e Imaxes de Cesuras. A ver se entre todos aquelamos o asunto.

Xa me contarás! Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de xuño de 2013 ás 12:59 (UTC)[responder]

Conche, pois non pensara en Commons; referíame só á Galipedia, pero abofé que habería que actualizar a info nos dous proxectos. En Commons supoño que será máis fácil, porque adoita haber menos categorías, pero na Galipedia as imaxes están máis organizadas (Categoría:imaxes de tal parroquia, Categoría:imaxes de igrexas de tal concello...); organízate como te sexa máis cómodo, e se queres axuda avisa. Saúdos, e mil grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de xuño de 2013 ás 13:09 (UTC)[responder]
Ola, Elisardo! No tema das categorías penso que o ideal sería acabar eliminando as categorías:Oza dos Ríos e Cesuras cando estean reparadas todas as ligazóns, mais de momento pode ser unha boa idea incluílas en Categoría:Oza-Cesuras. Onte caín da burra: o asunto dos mapas é fastidiado, pois hai que modificar todos os mapas de situación dos concellos de Galicia, borrando a fronteira entre Cesuras e Oza dos Ríos. Sen présa, isto vai avanzando, aos poucos habemos ir amañando todo. Un saúdo, e graciñas pola axuda! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de xuño de 2013 ás 17:06 (UTC)[responder]
Chachi!! A medio prazo, cando estean arranxadas as ligazóns todas, creo que deberiamos borrar as categorías:Oza dos Ríos e Cesuras, pero de momento non molestan. Ánimo co de Commons; sinto non poder axudar pero pérdome moito nas categorizacións.
Se podo pasareime o 19 ou 20 pola Coru; confirmo se é que si. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de xuño de 2013 ás 12:32 (UTC)[responder]

ILLAS CÍES[editar a fonte]

Prezado Elisardojm ! Grazas polos louvos que me fixeches ao meu humilde mapa das illas Cíes. Mira, estaba farta de ver isto e observar como as diversas wikipedias contan con innúmeros mapas topográficos en .svg de moitísimas zonas, especialmente de Europa, e ver que nin en España nin en Galicia contabamos con algo comparable. Por poñer só un exemplo, en Francia case todos os seus departamentos contan cos seus respectivos mapas topográficos, así como a mor parte das súas illas: como a illa de Belle Ile, a illa de Yeu, a illa de Levant, a illa de Groix ou a illa de Porquerolles. Entre nós non hai nada diso: nin as grandes illas de Cíes, Ons ou Sálvora, nin as pequenas pero importantes de Cortegada, Sisargas, Coelleira, etc. nin en xeral ningunha parte de Galicia contan con ese tipo de mapas topográficos en .svg amoldados aos estrictos pero moi aceptables preceptos estéticos da Wikipedia. Galicia non é, nin debe ser, menos que Francia ou outro lugar de Europa. Por iso optei por comezar, humildemente, a integrar Galicia dentro da normalidade cartográfica da Wikipedia. Por certo que estou a pique de rematar o mapa topográfico en .svg de Galicia; adxúntoche unha captura de pantalla de como vai quedando o dito mapa (en breve subireino completo a Commons). Con respecto ao que me dis de "A do Piñón", non se trata de "A. do Piñón" sendo "A." unha especie de abreviatura de "Alto". Trátase dun topónimo (moi coñecido, por certo: é un arrecife onde se pesca moito) chamado A do Piñón, é dicir, A (Pedra) do Piñón, A Pedra que está ao lado do cantil chamado O Piñón ("A" non é unha mala lectura nin unha abreviatura de "Alto"). Os datos toponímicos que lle foron entregados ao SITGA e foron revisados e normativizados pola Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia enriquecéronse con pequenos detalles coma este a posteriori (e incluso "a anteriori" !). Unha gran aperta

--Susana Freixeiro

RE: Outro equipo[editar a fonte]

Xa revisei e arranxei os equipamentos que daban erro que me comentabas. Unha aperta e grazas polo aviso! --Krisko (conversa) 9 de xuño de 2013 ás 12:14 (UTC)[responder]

Obradoiro da Coruña[editar a fonte]

Boas Elisardojm!! Tentarei buscar xente á que lle poda interesar e poda ir. Eu ando pola Coruña, mais non sei seguro se poderei ir ou non. Sobre o do grupo de editores: como é eso? Unha aperta!! Piquito (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 16:22 (UTC)[responder]

Obradoiro Coruña[editar a fonte]

Boas Elisardo!!

Se podo achégome por alí ao final do curso do 19 no Agora e apúntome ás cañas. Publicito a convocatoria dos cursos e se ao final quedan prazas libres, e se podo, apúntome ao curso do agora eu tamén.

Falamos e parabéns pola iniciativa.

Un saúdo. --UL rbcouto (conversa) 12 de xuño de 2013 ás 11:58 (UTC)[responder]

Xa fago publicidade entre as miñas amizades da Coruña. Se podo achégome o día 19 pois o 20 non podo. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 12 de xuño de 2013 ás 18:20 (UTC)[responder]

Biografías[editar a fonte]

Pois si, eu tamén tiña visto ese tipo de listaxes noutras wikis e pensara de facer algo parecido, algún día, na nosa.

Como estiven a traballar no artigo da GEG, unha cousa levou á outra...

Porén, antes de poñerme, pensei: a ver se me poño a facer algo que xa esta feito. Busquei, por si acaso, e XAS!, aí estaba a subpáxina de Elisardo.

Está ben, mais para ir facendo aos poucos, sen presa ningunha. --. HombreDHojalata.conversa 13 de xuño de 2013 ás 08:59 (UTC)[responder]

Casualmente estou fóra de Ribadeo; esta finde volto e tentarei contactar direitamente con el. Saúdos,--Agremon(contacto) 13 de xuño de 2013 ás 21:53 (UTC)[responder]

Non dou sabido quen é. Seguirei. --Agremon(contacto) 17 de xuño de 2013 ás 20:06 (UTC)[responder]

The Signpost: 12 June 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 14 de xuño de 2013 ás 06:11 (UTC)

Obradoiro da Coruña[editar a fonte]

Para cando sería o obradoiro? en que se che podería axudar? a min cádrame preto ... --Xabier Cancela (fálame) 15 de xuño de 2013 ás 22:38 (UTC)[responder]

Xa mirei cando é e onde é o obradoiro (cádrame ben) o que non sei é en que podería axudar ... --Xabier Cancela (fálame) 15 de xuño de 2013 ás 23:00 (UTC)[responder]

Non coñezo a xente que queira ser editor, se a coñecese o máis seguro é que lles dese eu uns consellos persoalmente para editar. No que dis de facer un grupo de editores ... home eu non son unha persoa con tempo libre de forma estable, edito a tiróns, pero se sabes dalgunha cousiña na que poida axudar, pois comunícasmo e miro se podo facer algo. Saúdos.--Xabier Cancela (fálame) 17 de xuño de 2013 ás 21:20 (UTC)[responder]

Boas Elisardo!!

Como foi a matrícula para o obradoiro de mañá mércores no Ágora? Se quedan prazas libres podemos encher (creo) tres prazas aínda que ao estar fora de prazo non sei se é posible.

Un saúdo. --UL rbcouto (conversa) 18 de xuño de 2013 ás 10:58 (UTC)[responder]

Arranxo Liceo[editar a fonte]

Boas Elisardo!! Non puiden ir tirar as fotos que me pedías, ao final non fun por Carballo esta fin de semana. Poderíache pedir un favor? Fíxenlle algún retoque ao artigo do HC Liceo, poñendo entre outras cousas un cadro do plantel actual, mais ao incluír a imaxe de Bargalló aparece un espazo grande en branco (alo menos eso pasa en Explorer) que non se aprecia na previsualización (onde aparece a imaxe ao lado do cadro); mirei se reducindo o tamaño do cadro se amañaba, mais non sei qué pasa pero non funciona... poder mirar se atopas o problema?? Moitísimas grazas!!! Piquito (conversa) 17 de xuño de 2013 ás 08:20 (UTC)[responder]

Si, reducindo o tamaño da imaxe xa vin que quedaba ben, mais non che parece un pouco pequena? No cadro hai tres espazos que son, ao meu entender, demasiado grandes: nome, idade e equipo anterior. O problema que teño é que non son quen de reducir eses espazos para que o cadro sexa máis pequeno e a imaxe se vexa máis grande. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 17 de xuño de 2013 ás 09:18 (UTC)[responder]

En lugar da lista que aparece premendo en Biografías (aparecen catro imaxes, a última de abaixo de Luz Casal) é mellor ir a Procura avanzada, poñer na cela de procura un asterisco: " * ", desmarcar tódalas celas de Artigos e Elementos multimedia agás Biografía e premer en Procurar.

Co segundo sistema saen algúns nomes máis e as primeiras palabras do artigo, en páxinas de 10 en 10, ata 395 páxinas.--. HombreDHojalata.conversa 17 de xuño de 2013 ás 18:03 (UTC)[responder]

Realmente non hai que poñer o asterisco. Abonda con deixar a caixa de procura baleira. Que che parece se dividimos o traballo? para non pisarnos. Sigo eu coa "A" e ti coa "B"? Por exemplo. --. HombreDHojalata.conversa 17 de xuño de 2013 ás 18:09 (UTC)[responder]
Eu os poño na orde en que saen na GEG, coa diferenza de que alí aparecen co formato:   APELIDOS_EN_MAIÚSCULAS, Nome   e aquí emprégase:   Nome_Apelidos   (en maiúsculas unicamente as iniciais).
Escanear+OCR!. Uf!, que traballiño! Eu divido o monitor en dous (teño un grandiño, 1920px de ancho) poño a GEG na mitade esquerda e a wiki na dereita e vou transcribindo á man.
Logo divido a pantalla en tres! Á esquerda a wiki para facer procuras, no medio a GEG e á dereita a lista na wiki. Esa é a parte máis lenta e máis traballosa, ver se existe o artigo con outro nome, un por un, na Galipedia. Puxen unha marca por onde vou coas comprobacións. --. HombreDHojalata.conversa 18 de xuño de 2013 ás 10:23 (UTC)[responder]
Eu son máis partidario de que estean ordenados tal e como están ordenados na GEG. --. HombreDHojalata.conversa 18 de xuño de 2013 ás 11:36 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Paréceche ben que vaia movendo a páxina cara o espazo de nomes principal? Quería ligala dende ArtigosSolicitados, Lista de artigos que a Galipedia debera ter... --. HombreDHojalata.conversa 20 de xuño de 2013 ás 09:37 (UTC)[responder]

Movida. --. HombreDHojalata.conversa 20 de xuño de 2013 ás 12:49 (UTC)[responder]

O do "}" non o sei amañar, estiven mirando e non teño nin idea, pedín axuda na Taberna. O outro que comentas xorde da necesidade de facer cambios no modelo para os casos onde o municipio ten só bandeira ou escudo (non os dous) para que estea centrado. --Norrin_strange (Fala-me) 20 de xuño de 2013 ás 13:02 (UTC)[responder]

Está arranxado o de "}". O outro é un tema e vai dar traballo. É necesario para que as bandeiras e escudos teñan un tamaño estandarizado. --Norrin_strange (Fala-me) 20 de xuño de 2013 ás 15:36 (UTC)[responder]

The Signpost: 19 June 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 20 de xuño de 2013 ás 21:06 (UTC)

Nos casos das redireccións, adiante con eles. Estes días tiven un par de líos con iso, porque ás veces as redireccións están máis intrincadas do que parece: La Paz Bolivia, leva a La Paz, que leva a A Paz-La paz, que agora leva á Paz... e cando queres resolver iso todo salta polos aires. Vai con tento, pero eu pasaria de fusionar redireccións, porque non aporta ningún valor. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21 de xuño de 2013 ás 10:42 (UTC)[responder]

Mira qué divertida a RAG... "vitoriano/a: De Vitoria ou Gasteiz ou dos seus habitantes" :) Pois creo que nese caso... vostede decide cal é o artigo principal, se Vitoria ou se Gasteiz. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 21 de xuño de 2013 ás 10:49 (UTC)[responder]

The Signpost: 26 June 2013[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 27 de xuño de 2013 ás 20:11 (UTC)