Conversa usuario:Cordal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Cordal!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 23:28, 23 de marzo de 2011 (UTC)

Rumble fish[editar a fonte]

Corrixín o problema dos parágrafos en Rumble fish. Bótalle un ollo para ver como se soluciona. Non dubides en pedir axuda para o que necesites. Saúdos. --Xas (conversa) 00:18, 24 de marzo de 2011 (UTC)

Neutralidade[editar a fonte]

Ola, Cordal. Benvido á Galipedia. Xa vin que acababas de estrearte e non quero estresarte. Con todo, debo dicirche que algunhas das cousas que sinalas no artigo Rumble Fish non deben escribirse, pois son moi opinativas. Non parei a lelo enteiro, porque caio de sono e vou ir para a cama agora mesmo, pero non podemos dicir que os filmes son "grandes" ou que esta é a película que marca unha época, se non apoiamos esas afirmacións, cando menos, con referencias doutras publicacións, onde se afirmen tales cousas. Non sei se me explico. Se tes calquera dúbida, bótoche unha man. Un saudiño. --Xabier Cid Talk, please 00:28, 24 de marzo de 2011 (UTC)

Aquí tes algúns cambios que seguen o formato da Galipedia. Para calquera dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 01:21, 24 de marzo de 2011 (UTC)

Moitas grazas aos tres e desculpade a(s) torpeza(s).

dereitos de autoría[editar a fonte]

Ola, Cordal! A imaxe que subiches da portada de No desterro foi eliminada porque de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, resérvanse todos os dereitos de reprodución até pasados 80 anos despois da morte do propietario dos dereitos de autoría, polo que non se pode usar na Wikipedia. Podes ver máis información sobre o tema en Wikipedia:Dereitos de autoría.

Quería felicitarche polo ben que está a quedar o artigo sobre o poemario. Fixen uns arranxiños de formato, por exemplo na caixa de libro, onde se adoita pór só a data da primeira edición.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de maio de 2015 ás 05:49 (UTC)[responder]

Moitas grazas pola axuda. Andamos coma todos os anos con traballos do alumnado (este ano de Literatura) de Bach, eles fanos, eu tento subilos e puír o básico, pero xa saben que neste medio o traballo debe ser colectivo. Así que o artigo está quedando ben grazas ás túas contribucións. En canto á imaxe, desculpas, non sabía que a foto tiña autoría. Un saúdo!


Ola! volvín armar un pequeno enguedello na entrada "Sexismo". Eu só quería poñer que "A entrada é un traballo de tres alumnas do IES da Terra Chá para a materia de Lit. Universal 1ºBach" nalgún lugar da conversa ou onde se informe sobre quen fixo a páxina, pero agora sae ese cartel e non sei quitalo. Desculpas e unha aperta! --Cordal (conversa) 19 de xuño de 2017 ás 22:08 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Cordal. O aviso xa está na conversa. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 19 de xuño de 2017 ás 22:14 (UTC).[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola Cordal. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir!

Ola! Non entendo a que te refires con "repoñas o que fixen ata o punto no que cito a decadencia do espectáculo teatral e a Ditadura de P. de Rivera,". En qué artigo? Ata onde sei, non fixen nada que requira o tono do teu comentario.

Hoxe só fixen un par de edicións de mantemento. Supoño que te refires á Teatro das Irmandades da Fala. Só engadín dous marcadores de aviso de cousas que lle faltan, non entendo a qué te refires co de que eliminei contido cando non fixen tal.

Se se perdeu información nalgún artigo, indícame que artigo é, cando se perdeu, se foi facendo unha edición co teu usuario ou non, e reviso a ver que pasou. Banjo tell me 31 de maio de 2015 ás 18:43 (UTC)[responder]

Ola, non son administrador e tampouco sei o que debería sobre como usar estas páxinas. O único que sei é que estaba traballando ás seis e media ou sete menos cuarto, creando unha nova páxina e (na medida en que ía procurando links dentro da propia Galipedia e corrixindo os erros que atopaba) engadindo información actualizaba máis ou menos cada cuarto de hora, que nunca se sabe. Nese momento tampouco sabería describir o que ocorreu exactamente, non pechei ningunha ventá do navegador e de repente tiña un aviso e a nova páxina estaba paralizada, e eliminárase boa parte do traballo da tarde. Se te non tes nada que ver pido desculpas, pero relacionei os dous feitos -a túa mensaxe e a mutilación da páxina- porque se presentaron simultaneamente. Por outro lado creo que, sexa cal for a persoa que eliminou o traballo, un usuario anónimo que leva semanas mellorando artigos, cunhas cantas horas de traballo ao lombo, non debe ser perseguido sen máis. É fácil comprobar quen fai boicot e quen contribúe ao traballo colectivo, e debería haber un prazo prudencial cando existan dúbidas. Promovo a Galipedia desde o meu posto de traballo na docencia, e así seguirá sendo, pero con incidentes coma este parece difícil propoñer un uso pedagóxico. A edición desde un usuario non anónimo trae moitos máis problemas ca vantaxes tanto ao alumnado coma ao profesorado, por razóns que sería longo expoñer e que teñen que ver precisamente co ritmo de mellora dos artigos e coas posibilidades de mellora por parte da rede de usuari@s. Un saúdo.--Cordal (conversa) 31 de maio de 2015 ás 18:57 (UTC)[responder]

Ola de novo. Indícame o título da páxina que se estaba a crear, ou na que vexas contido eliminado, ao mellor podo indagar no que pasou. Podes concretar o de "paralizada"? Algunha mensaxe de erro ou algo así? É que sigo sen entender ben cal foi o problema, que foi o que se "mutilou", se me das o nome de artigo no que pasou iso poderei revisar máis a fondo. Banjo tell me 31 de maio de 2015 ás 19:12 (UTC)[responder]

Boa noite. Uso os termos "paralizada" e "mutilada" porque non apreciei ningún síntoma de disfunción nin no ordenador nin na rede (comprobeino no rexistro). Lamento ser pouco capaz de describir o que pasou, si podo contar que pasou en menos de medio minuto: no antes tiña a páxina xa case ao 80%, faltaba incluír a nómina de autores. No despois volvía ao estado no que a gardara ás 16:30, pero non o entendo porque fun gardándoa varias veces ata as 18:45 aprox. O seu título é Teatro das Irmandades da Fala. Grazas de novo. --Cordal (conversa) 31 de maio de 2015 ás 20:26 (UTC)[responder]

Ola de novo! Revisei o historial de Teatro das Irmandades da Fala, que podes ver aquí. Hai catro edicións, dúas da IP 88.6.165.20, as 16:59‎ e as 17:16‎, que foron a creación do artigo e un engado de contido. As 18:00‎ eu fixen unha edición, para engadir os marcadores de {{wikificar}} e {{sen categoría}}. As 18:43‎ hai outra edición da IP 88.6.165.20, que engade dúas categorías, có que por certo queda resolto o do marcador "sen categoría" e pode retirarse. Non hai máis edicións no historial, polo que ninguén eliminou contido. Tal e como comentas, puido ser que non se gardaran os cambios feitos por ti ou outro usuario, pero a causa tivo que ser ou ben técnica do lado do servidor ou do lado do usuario... Isto non queda rexistrado no historial do artigo, só se gardan as edicións nas que o servidor rexistra o cambio efectivo, así que non podo asegurar o que pasou, só podo dicir con certeza que non se deu unha eliminación de contido pola miña parte ou por parte de ningún outro usuario ou administrador.
Non creo que haxa persecución como dis, nin de usuarios anónimos nin de usuarios rexistrados novos. Sempre que as contribucións sexan construtivas serán aceptadas e máis que benvidas. Como xa che comentei, hai que asumir a boa fe, e ter en conta que se as contribucións feitas seguen os Cinco piares serán aceptadas e máis que benvidas, non eliminadas sen máis.
Comprendo a frustración de perder unha tarde de traballo, pero non podes facer responsable a outro usuario desta perda cando non hai ningunha acción manual pola súa parte que cause dita perda. Sinto que ocorrese, tanto a wikipedia como os medios informáticos en xeral non están exentos de erros e problemas que causan este tipo de contratempos.
As túas contribucións e as dos teus alumnos son máis que benvidas. Se necesitades axuda en algo ou tendes algunha dúbida tanto eu coma o resto de administradores e usuarios estaremos máis que dispostos en axudar no que poidamos. Saudos! Banjo tell me 31 de maio de 2015 ás 21:18 (UTC)[responder]

Como che dixen non teño coñecementos técnicos para determinar a que se debeu esa perda de información; non sei, por exemplo, se o feito de que alguén (usuario ou administrador) faga nunha páxina unha edición en tempo simultáneo a outra anónima se sobrepón a esa. Tampouco son quen para dubidar de ninguén, só sei o que vin na pantalla e xa non me interesa porque non ten solución. A páxina do Teatro das Irmandades vai quedar así bastante tempo, só tiña esta tarde para trasladar e editar o traballo dun alumno. Grazas pola axuda. Co voso permiso seguirei sendo usuario anónimo e lembrarei que é mellor gardar as edicións cada poucos minutos. --Cordal (conversa) 31 de maio de 2015 ás 22:55 (UTC)[responder]

Carteliño de "en uso"[editar a fonte]

Ola Cordal.

Un consello. Cando esteas a traballar nun artigo e para evitar conflito de edicións entre un gardado e outro, ponlle á páxina o código: {{en uso}}.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 1 de xuño de 2015 ás 06:36 (UTC)[responder]

Moitas grazas! --Cordal (conversa) 1 de xuño de 2015 ás 07:26 (UTC)[responder]
Tes máis información sobre este tema en: Axuda:Conflito de edición. --. HombreDHojalata.conversa 1 de xuño de 2015 ás 08:45 (UTC)[responder]
Outro consello: editade cun usuario, é moito máis sinxelo lembrarse dun editor chamado Cordal ou MaríaCastaña (son alias, non nomes reais) que de 244.17.10.115. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de xuño de 2015 ás 08:39 (UTC)[responder]

Grazas de novo, pero explico arriba as razóns do anonimato. E como usuario penso tamén que aínda que o supoño complexo de xestionar, é unha vantaxe e non un inconveniente deste medio (a existencia de contribuíntes anónimxs)--Cordal (conversa) 1 de xuño de 2015 ás 09:15 (UTC)[responder]

A ver se alguén pode axudar, e desculpade coma sempre a cibertorpeza: como fago para que a páxina sobre sexismo, en realidade parte dun traballo escolar que eu só coordino, non apareza ao público mentres non estea minimamente presentable? Creo que era con "en obras", ou algo así, pero non lembro o método e ao final do curso a verdade é que non dou feito. Moitas grazas por anticipado e desculpade.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Cordal (conversacontribucións) 19 de xuño de 2017 ás 10:58‎

O cartel "{{En uso}}" o único que fai é poñer un aviso no artigo indicando que alguén está a traballar nel, pero é accesible para todo o mundo. Iso si, con ese cartel o resto de editores saberán que estades modificando o contido do artigo e evitarán modificalo ata que rematedes o voso traballo. Non sei se era isto o que buscabas, espero que si. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de xuño de 2017 ás 12:05 (UTC)[responder]

historial de edicións[editar a fonte]

Ola, Cordal! Como vai?

Procurando no historial de edición de cada artigo podes ver como estaba dito artigo en cada momento, o cal che serve para recuperar edicións anteriores. Por exemplo esta é a primeira edición do artigo Anaiansi.

Unha aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de xuño de 2016 ás 18:21 (UTC)[responder]

Máis alá![editar a fonte]

Podes mirar a conversa do artigo, que titulaches como ¡Máis alá!, cos dous signos mentres no artigo aparece sen o primeiro. Haberá que elixir unha forma pero non é coherente titular dunha forma e no interior do texto empregar outra. E en realidade eu concordo contigo en que se debe empregar Máis alá!--HacheDous=0 (conversa) 6 de maio de 2018 ás 17:25 (UTC)[responder]

Desculpa a miña torpeza ao editar, en realidade estaba a punto de solicitar que se mudase iso no título, porque eu non sabía facelo. Grazas e un saúdo. Cordal

Xa está cambiado: Máis alá!. Saúdos.--HacheDous=0 (conversa) 6 de maio de 2018 ás 17:44 (UTC)[responder]

Feminicidio.Carme Adán[editar a fonte]

Ola Cordal. Sinto moito o que che pasou. Eu entrei cousa de dous min. máximo a corrixir un homónimo e poñer un marcador de categorías. Pero certamente, se estabas a editar en ese momento dá igual que fose un segundo. Para evitar isto hai varias opcións: traballar na zona de probas, traballar nunha subpáxina de usuaria,poñer o marcador en uso ou xa de últimas cando che chega a mensaxe de conflicto de edición, copiar o texto (mellor en código) no portapapeis antes de gardar (ou non gardar, que vai ser que non che deixou) e na seguinte edición pegalo. Como era unha ip, á que enviei ademáis unha mensaxe de benvida, e as entradas de libros son curtas, pensei que xa rematara o seu traballo. Lamentablemente creo que non hai máis solución. Pidoche desculpas polo traballo que teñas perdido e pódome ofrecer a axudarche, xa que é un libro que veño de ler hai pouco, pero non se me ocurre nada máis. Un saúdo.Maria zaos (conversa) 14 de maio de 2019 ás 17:04 (UTC)[responder]

Ola, pois nada, non te preocupes, non tes nada polo que desculparte e en todo caso son eu quen ten que aprender (non é o primeiro ano que me pasa algo parecido) a usar ben as ferramentas de edición. Agradezo a túa resposta, un saúdo! Cordal (conversa) 14 de maio de 2019 ás 17:31 (UTC)[responder]

Feminicidio[editar a fonte]

Boas Cordal, puxen o modelo de Fonte primaria no artigo Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión que porque o artigo non se axeita ó contido da Wikipedia. A Wikipedia e a Galipedia non son o sitio para publicar traballos nin investigacións orixinais, neste proxecto hai que engadir contidos baseados en fontes de referencia, é dicir, achegas que poidan verificarse. Haberá que refacer o artigo seguindo esa filosofía. Se queres publicar un traballo orixinal ou investigación cunha licenza libre, podes usar o proxecto irmán da Galipedia Galilibros. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2019 ás 10:35 (UTC)[responder]

Boa tarde, Elisardojm, agradezo moito sempre as vosas intervencións porque son de gran axuda para quen intervimos de forma moi modesta nesta obra colectiva; por iso adoito pedir desculpas para empezar, porque o non saber do formato e doutras pautas xa me ten dado algún problema; con todo, debo aclarar que son xa varios cursos os que levamos lendo a Galipedia no ensino medio, de xeito activo e pasivo. Iso implica un difícil labor de explicación (ás veces tampouco me resulta fácil comprendelas a min) desas pautas ás que aludo arriba. Ningún problema coa túa indicación, antes ao contrario, dou as grazas a calquera das persoas que botades aquí moita vida e asumides o choio de revisión do que se publica, pero vou comentar algún detalle sobre a páxina que fala acerca do libro de Carme Adán. En primeiro lugar, non hai autoría (foi subido e editado en calidade de contribución anónima, precisamente porque creo que é unha noción ben importante para o ensino a de mostrar o valor do anonimato, ata onde ten sentido, e da obra colectiva) e daquela só podo falar dunha opinión a título persoal con respecto á avaliación do artigo. Con toda modestia, e asumindo por adiantado que é probable que me engane no que vou dicir, penso que se trata dunha publicación colectiva -a autoría só podería corresponder, en xustiza, a unha alumna de 2º de Bach do meu instituto- e que a Galipedia e as Wikis en xeral están cheas de artigos moi similares (algún editado desde hai anos por min mesmo e por outra xente), e explícome: non se trata dunha interpretación, nin dunha crítica, nin dunha avaliación, senón dunha descrición que nin chega a recensión nin pretende selo, só se limita a contextualizar -con algunha fonte externa- e a resumir o contido da obra. Podo estar equivocado tamén na impresión de que se xulga con criterio máis estrito calquera contribución humanística e quizais máis aínda cando se trata dun tema polémico, pero é doado observar que en certas contribucións -p. ex. no dominio das ciencias exactas ou experimentais- pasa bastante desapercibido o feito de que quen edita realice afirmacións que só poderían provir do que podemos chamar, se se me permite, "traballo orixinal", aínda que sexa de escasa entidade. Polo demais, as primeiras interesadas e interesados en que o artigo sobre a obra de Carme Adán medre e se enriqueza somos nós, e aquí permítome a licenza de me incluír no grupo de defensores e divulgadores, desde a nosa posición ben cativa, do que significa a Galipedia -para a intelixencia colectiva e para este idioma en particular-. Ben, nada, espero que desculpes porque o parágrafo me saíu longo de máis, moitas grazas pola túa mensaxe e un saúdo. Cordal (conversa) 15 de maio de 2019 ás 14:00 (UTC)[responder]

É posible que haxa outros artigos que teñan problemas semellantes e haberá que revisalos, pero iso non é escusa para mantelos neste, hai que melloralos todos pouco a pouco. A Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria, polo tanto, ten que basearse en referencias para manter a Wikipedia:Verificabilidade, o resto, o que sexa investigación orixinal, interpretación, etc, terá que eliminarse do artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2019 ás 23:26 (UTC)[responder]
Boas, revisei algunhas das referencias que se engadiron no artigo e varias delas non son correctas xa que non reflicten, ou eu non o atopei, que sexan a fonte dos contidos que hai no artigo. Supoño que foi un erro, pero é un erro grave, non se poden poñer referencias xeralistas, nas fontes ten que poder atoparse de forma clara a información que se quere referenciar, se non, non valen de nada. Engadir referencias incorrectas a mantenta ou ó chou pode considerarse un vandalismo que iría en contra da política Wikipedia:Verificabilidade.
Volvín poñer o aviso de "fonte primaria" no artigo, por favor, non o quitedes, engadide referencias axeitadas, eu ireinas revisando e cando o artigo estea amañado xa retiro eu o aviso. O primeiro que vos pediría é que nas referencias de vídeo e de son poñades o momento onde está a información da que é fonte a referencia xa que é demasiado traballo consultar as declaracións completas e como vos xa coñecedes as declaracións non vos dará moito traballo poñer esa información. Para outras referencias, se non se poden atopar directamente na fonte, pídovos que acheguedes no modelo referencia o parámetro cita, coas frases que son a fonte da información que hai no artigo, para facilitar o traballo de revisión.
Se non sodes capaces de achegar referencias para algunha parte do texto, o mellor é que eliminedes ese texto, simplificar o artigo tamén simplificará a necesidade de referencias. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de maio de 2019 ás 08:02 (UTC)[responder]

Ola, Cordal. Tan só un pequeno detalliño sobre as túas edicións, por exemplo en Vangardas. Cando remata unha frase e leva referencia ao final, esta debe ir despois do punto ou doutro signo de puntuación; non entre a palabra e o signo de puntuación. Isto, aínda que podería ser discutible, é unha convención de estilo da Galipedia e tamén noutras linguas. Por suposto, se a frase é grande, tamén pode ir detrás dunha palabra en concreto se non hai punto, nin coma nin punto e coma. Máis nada, encantado de que actualices eses artigos que están algo escuchimizados. Un saúdo e a seguir. --MAGHOI (conversa) 11 de setembro de 2022 ás 16:33 (UTC)[responder]

Moitas grazas por avisar! Non o sabía, a partir de agora así o farei. Un saúdo! Cordal (conversa) 11 de setembro de 2022 ás 17:57 (UTC)[responder]