Conversa usuario:Alfredo Ferreiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Alfredo Ferreiro

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc.

Primeiros pasos

Na Guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos da políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki - é realmente doado contribuír.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá a mensaxe de «Tes mensaxes novas» e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Alex Pereira¡digame! 00:42, 30 novembro 2007 (UTC)

Ola, Alfredo. Alédame verte editando na Galipedia. Olla para estes cambios mínimo de formato que lle fixen a Xosé Abeal e así vas colléndolle o truco para o futuro ás biografías de escritores. Un saúdo e para o que queiras. --Atobar (conversa comigo) 10:48, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola Alfredo Ferreiro, non se pode argumentar "É desexo da Asociación que figure o nome enteiro da mesma, por iso acrecentei o seu nome completo" para realizar un cambio. Aquí séguense os criterios da Galipedia. Se cres necesario o cambio terás que argumentar de acordo con eses criterios. Grazas por contribuír a mellorar os artigos dos escritores galegos. Para calquera dúbida, aquí estamos. --Xas (conversa) 18:16, 24 de xaneiro de 2011 (UTC)

Nomes propios na Galipedia[editar a fonte]

Ola de novo Alfredo Ferreiro. A ver se podo aclararche o que me pides: Como en todo proxecto común, na Galipedia establecéronse unhas normas e convencións para o seu funcionamento. Telas en Wikipedia:Política e normas e Wikipedia:Libro de estilo. Recoméndoche que as consultes. Para o caso específico que ti enuncias, teño que responderche que non é como ti dis: Aínda que ti queiras que na Galipedia o teu artigo figure co título de Alfredo Luís Ferreiro López (se ese fora o teu nome completo), non poderías facelo, posto que a política que se adopta é poñer como título do artigo o nome máis coñecido. Ademais, como outra das políticas é manter o punto de vista neutral, hai unha norma que establece que un non pode ser o editor do seu propio artigo na Galipedia (cousa que creo que xa sabes, porque ese foi o teu caso), polo tanto, a AELG non podería demandar que se lle puxese outro nome (se é que o seu artigo tivera ese título na Galipedia). Para a cuestión que nos ocupa é norma da Galipedia respectar as achegas (neste caso o nome que utilizan) dos anteriores editores sempre que sexa correcta, e no caso AELG é perfectamente correcto; como ocorre cando un editor pon USC en lugar de Universidade de Santiago de Compostela. Espero terche aclarado a cuestión, e insisto en que lle botes un ollo aos artigos de Política e normas así como ao Libro de estilo. Saúdos e ánimo para seguir colaborando neste proxecto. --Xas (conversa) 16:57, 2 de febreiro de 2011 (UTC)

Alfredo, Xas explicouno perfectamente, pero por se quedan dúbidas, eu poño un exemplo a maiores. Se a RAG pedise formalmente que soamente a citásemos na Galipedia como Real Academia Galega, tal desexo non sería aceptado, porque tanto o acrónimo como o nome completo son válidos, así como tamén, nun momento dado da redacción, se podería citar simplemente como Academia, sen máis. É dicir, prima o respecto até as últimas consecuencias da opción tomada polo primeiro editor, e no caso de mudar RAG por Real Academia Galega ou AELG por Asociación de Escritores en Lingua Galega, soamente se faría puntualmente e a fin de mellorar a redacción, facela máis clara, para que cadrasen as liñas etc. Por outra banda, aproveito para comentarche que hai unha serie de casos que si non se tocan e marcan o criterio do resto de artigo de acordo coa elección do primeiro editor, sen excepción. Son os ata/ate/até, ble/bel, Galiza/Galicia, desde/dende, ao/ó etc. Telo todo no libro de estilo, en políticas e normas e na guía de edición. Para calquera cousa, aquí estamos. --Atobar (conversa comigo) 17:11, 2 de febreiro de 2011 (UTC)

Xas e Atobar: moitas grazas polas explicacións, que agora comprendo polas condicións establecidas para o traballo de edición colectiva que vai estipulando a Galipedia. Pasarei estas razóns á AELG, que logo comprenderán. Tomo nota tamén dos artigos sobre Política e Estilo, que consultarei.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Alfredo Ferreiro (conversacontribucións)

Non hai de que. E que non che esqueza o asinares as mensaxes así como escribilas non na páxina de conversa de teu senón na de aquel ou aqueles usuarios aos que desexas dirixirte. Outramente, non recibimos aviso de nova mensaxe e é soamente unha cuestión de sorte que leamos ou non a túa resposta. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:59, 3 de febreiro de 2011 (UTC)