Conversa usuario:Albertony
Benvido á Galipedia, Albertony!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2013 ás 21:00 (UTC)
Luciano García Alén[editar a fonte]
Boas Albertony, desfixen as túas edicións no artigo porque non entendo por que quitas as ligazóns internas a outros artigos, as ligazóns son a base da interconexión das páxinas das Wikipedias, e esas ligazóns deben engadirse aínda que os artigos non existan. Se queres comentar esas modificacións podes facelo na páxina de conversa do mesmo artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 12:04 (UTC)
Contido[editar a fonte]
Ola, Albertony. Por favor, non retires contidos sen xustificalo antes. E se queres engadir algo, por favor achegar referencias. --Atobar (conversa comigo) 16 de setembro de 2018 ás 18:55 (UTC)
Posible conflito de intereses[editar a fonte]
Ola Albertony. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.
Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 18 de outubro de 2018 ás 19:48 (UTC)