Conversa usuario:Adalbertofrenesi

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Por favor, engade os comentarios novos ó final. ¡Grazas!

Arquivo da Primeira Época

Benvido outra vez[editar a fonte]

Saúdos dos compañeiros da Galipedia despois dunha tempada sen verte por aquí. --Prevert(talk) 16:18, 10 Mar 2005 (UTC)

Biografías[editar a fonte]

  • Vin que estabas a facer algunhas biografías, coma de Semen Timoshenko. Se podes amplia-la biografía, moito mellor, pero non copies directamente da fonte (coma a que suministras dentro de ligazóns externas xa que podemos tela sorpresa do CopyRight) Biografías e Vidas. O meu consello e que modifiques un pouco a estructura das biografías en sí, en canto as ligazóns é mellor non face-las figuran nalguns casos (coma este; podes lee-lo contido lo link adxunto) para evitarnos futuros males. un saudo--Xelo2004(talk) 00:24, 13 Mar 2005 (UTC)

Biografía y vidas[editar a fonte]

Os termos do copyright da web Biografía y Vidas indican expresamente que queda prohibida a modificación, alteración, ou descompilación, polo que eu considero que non son válidos para a Galipedia: traducir é modificar, e en todo caso na Wikipedia só se poden incluír artigos que poidan ser modificados.--Rocastelo 22:36, 13 Mar 2005 (UTC)

  • Tes razón, síntoo. Volvín lelo, e a prohibición fai referencia á modificación da propia web de Biografía y vidas. --Rocastelo 17:22, 14 Mar 2005 (UTC)

Listaxe alfabética de elementos químicos[editar a fonte]

Xa existe unha páxina como Listaxe alfabética de elementos químicos chámase Listaxe ordenada de elementos químicos. Saúdos. --Prevert(talk) 15:56, 30 Mar 2005 (UTC)

  • Cando vín o teu artigo lembrei que había algo semellante, nada máis, para evitar dobre traballo. Nos artigos dos elementos químicos aínda queda moito por facer, e é posible que haxa ligazóns duplicadas -só teño comprobado algunha das páxinas-. Incluso hai que modificar os nomes de páxina dos elementos químicos , por exemplo, de Pb/elemento a Chumbo, e así con todos. Saúdos. --Prevert(talk) 16:34, 30 Mar 2005 (UTC)

Volver á carga, cambiar de chaqueta, etc.[editar a fonte]

  • Penso que estas entradas son máis propias do Galicionario. Xosé(Falarlle) 12:44, 4 Abr 2005 (UTC)

Que unha entrada estea no Galizionario ou na Galipedia, en principio, non depende do termo en cuestión senon do contido do artigo. Tal como escribiches Zoco e unha entrada de Galizionario, pero pretendía ser un artigo onde se explícase que son os zocos. O mesmo que Sobreira fixo co artigo billarda. Para mover algo ao Galizionario úsase Transwiki. Algo parecido pasa cos artigos das frases que cita Xosé, por exemplo Cambiar de chaqueta ten sentido como referencia dentro dun artigo enciclopédico chamado chaqueta non como artigo independente, e Vai á porra non é unha expresión galega. Para finalizar, agradecerche o traballo que estás facendo. Contribúe a que pouco a pouco continuemos medrando e mellorando. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:49, 6 Abr 2005 (UTC)

Monarcas[editar a fonte]

Aínda non hai un política definitiva sobre o tema. Está pendente un fío de discusión sobre ese asunto na taberna. Proximamente teño pensado recoller varias propostas pendentes para decidir definitivamente -entre elas esta- agrupadas nunha mensaxe. Mentras tanto, -e só é unha opinión persoal- penso que os reis españois deberían aparecer o mesmo que os doutros lugares (para garantir a unidade de criterio). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:44, 7 Abr 2005 (UTC)

Orde alfabética nas categorías[editar a fonte]

Hai que facelo manualmente e faise así: [[Category:Cidades|China, Cidades de]]. O termo que indica a orde alfabética aparece separado co signo | do nome da categoría, o resto do texto cunha coma (,) e un espazo en branco. Outra cousa para que as categorías se amosen como enlaces hai que incluir dous puntos (:) diante do texto category, deste xeito [[:Category:Galicia]]. O resultado é este Category:Galicia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:37, 7 Abr 2005 (UTC)

  • Cando te atopes con casos como o de [[Category:Batallas|navas de Tolosa, Batalla das]] tes que escribir así: [[Category:Batallas|Navas de Tolosa, Batalla das]] para que na orde alfabética non se vexa o n en minúscula. Saúdos. --Prevert(talk) 15:48, 7 Abr 2005 (UTC)

Páxinas especiais[editar a fonte]

Non hai ningún período fixo para actualizar as páxinas máis buscadas, non depende de nós e non podemos actuar sobre iso. Por outra parte, penso que é un erro o comentario da páxina de Lenin. Para os lectores pon en sospeita o artigo e pode incitar a que outros usuarios sigan o exemplo, e iso poderia supor un problema. Sobre todo cando lle pedimos a outras persoas que sexan neutrais. O mellor na miña opinión sería que o borraras. Só é unha opinión, fai o que estimes oportuno. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:58, 8 Abr 2005 (UTC)

  • Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:29, 8 Abr 2005 (UTC)
  • Xa sei que o escribiches tí, pero debemos preocuparnos da impresión que transmite a alguén que chegue a Galipedia; pode pensar que está matizando o contido do artigo, como unha extensión del. Eu creo que hai que evitar calquera conflito innecesario. Quizás non se produza agora, pero pode ocorrir no futuro cando outro usuario vexa esa páxina ou noutra calquera queira facer valoracións inapropiadas. Trátase de evitar as discusións continuas que hai noutras wikipedias maiores e que perxudican o avance do proxecto. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:46, 8 Abr 2005 (UTC)
  • Sobre número de artigos: en inglés usan a coma e os que realizan os cambios en MediaWiki son casi todos da wikipedia inglesa. Saúdos. --Prevert(talk) 15:28, 9 Abr 2005 (UTC)


¿O texto Fonte: Parlamento de Galicia non se podería por ó final do artigo na subsección Ligazóns Externas? Penso que ahí quedaría mellor. Un saúdo --Alyssalover(fálame) 10:58, 11 Abr 2005 (UTC)

  • Xa engadín un gráfico á páxina do congreso, é un pouco grande pero senón non se verían as barras dos partidos cun só deputado ;) Un saúdo --Alyssalover(fálame) 11:34, 11 Abr 2005 (UTC)

Ovo de pascua de MediaWiki (!?)[editar a fonte]

Supoño que decubriches por casualidade esa característica oculta de MediaWiki (eu polo menos non a vín documentada en ningún sitio, aínda que iso non significa que non o estea). Lembrame ao xeito en que descubriron no laboratorio uns cantos dos edulcorantes actuais (un deles, o acesulfamo foi froito de non seguir a regras básicas de seguridade, a mestura dun matraz desbordou e James Schlaterr tocou coas mans esa sustancia. Logo chupou un dedo para pasar a páxina dun libro e estaba dulce. A continuación tivo a feliz idea(!!??) de saborear o preparado porque pensou que non era tóxico. De aí saiu o edulcorante). En fin, introducir unha categoría entre chaves ten como resultado clasificar a páxina na categoría(s) raíz, incluíndo todo o texto introductorio que haxa na páxina da categoría. (Xa estou pensando na posibilidade de sacar partido a iso ;-)). Felicitacións polo descubrimento. Saúdos. --Prevert(talk) 18:27, 11 Abr 2005 (UTC)

Obrigado[editar a fonte]

Obrigado pelos teus comentários, tentarei contribuir no que saiba gz2005

cia, cio, zo, za[editar a fonte]

Ben, en xeral a diferenza está entre palabras cultas e patrimoniais, nas cultas é -cia e nas patrimonias -za, o problema pode ser recoñecelas, ás veces non queda máis solución que mirar no dicionario.
Así: Abundancia, alternancia, circunstancia, constancia, discordancia, distancia, elegancia, ignorancia, importancia, infancia, redundancia, substancia, vixilancia, tolerancia, ciencia, adolescencia, apariencia, indepedencia, intelixencia, presidencia, residencia, conciencia, obediencia, acacia, avaricia, malicia, palacio, negocio, nuncio, silencio, pertinencia...
Pero: andazo, avinza, cansazo, crenza, diferenza, espazo (espazar e espazoso), graza e desgraza, licenza, nacenza, novizo, perseveranza, pertenza, presenza, prezo (e prezar, desprezar), querenza, sentenza, servizo, terzo (e terzar), xustiza...
De teres dúbidas pono como aprendeches, xa se corrixirá. E falando doutra cousa entradas como Museo de Arte Sacro de A Colexiata habería movelas a Museo de Arte Sacra da Colexiata, de A vai contra todas as normas do galego (falado ou escrito) e arte é feminino, en galego non hai problemas de cacofonía. Saúdos (por certo estás facendo un gran traballo, ultimamente estamos medrando bastante)--Rocastelo 18:54, 14 Abr 2005 (UTC)

Balcáns[editar a fonte]

Polo que eu sei a forma correcta é Balcáns.--Rocastelo 21:55, 18 Abr 2005 (UTC)

Provincias[editar a fonte]

Creo que os artigos deberían ter alo menos 200 caracteres (sen contar interwiki, categorías, cabeceiras,...). Ultimamente temos demasiados artigos moi curtos na Galipedia. É unha reflexión xeral que vai na liña de ter artigos de calidade en lugar de cantidade. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 7 xullo 2005 18:44 (UTC)

  • Como lle dixen a Rocastelo grazas. A miña idea era ir marcando 10 artigos por semana no que cada un de nós púxese algún dato ata conseideralo cunha calidade mínima. Na páxina do wikiproxecto estarían as pautas de revisión que poderiamos decidir entre todos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 7 xullo 2005 21:18 (UTC)
  • Mandeiche un correo a información é a título persoal é intransferible, vai con relación a certos sucesos ocorridos o 16 de agosto. un saudo. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 13:12, 21 agosto 2005 (UTC)
  • Ola, un pracer verte de novo por aquí, faciamoste de menos, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 18:00, 7 decembro 2005 (UTC)

Benvido unha vez máis[editar a fonte]

debate israel[editar a fonte]

a seguir os teus comentarios a respito do artigo sobre israel, pensei que che podería interesar os intercambios recentes e as posturas d@s moderador@s... está na páxina de dicusión aquí: [1]

Translations[editar a fonte]

Hi, Adalberto! Could you help me translating the articles Allan Kardec and Espiritismo to Galician? Arges 14:14, 5 abril 2006 (UTC)

So, Adalberto? Could you help me? Arges 13:13, 17 abril 2006 (UTC)

Diocese NON leva til gráfico. Os dicionarios de Edicións Xerais de Galicia, Ir Indo Edicións, Volga (1997 e 2004) e RAG non poden estar trabucados todos co mesmo erro tipográfico. (v. Acento prosódico#Erros frecuentes no acento de intensidade ) Saudiños --Sobreira 16:09, 31 maio 2006 (UTC)

Hola Adalberto. Quería indicarche só, por se nalgún momento a precisas, que vou borrar unha vella imaxe (Image:Soviet flag berlin.png) , subida no 2004 e orfa, que está en Commons co nome Image:Red army soldiers raising the soviet flag on the roof of the reichstag berlin germany.jpg. Estou á túa disposición. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 08:05, 18 xuño 2006 (UTC)

categorías[editar a fonte]

ola, pregúntome: se está a category:Historia de cataluña incluído na Category:Historia dos estados e das nacións, non deberia tamén estalo a category:Historia de Galicia e a Category:País Vasco?--AlberteSi, digame? 21:33, 19 xuño 2006 (UTC)

Greetings from Turkey[editar a fonte]

Hello, this is Bahar from the Turkish Wikipedia. If you don't mind, I was going to ask you something. A Turkish user 'Tembelejderha' (lazy dragon) is asking what his user name is in other languages. If you can write its' Galician to my talk page under the title of "Translations for Tembel ejderha", that would be great. Thank-you very much. Bahar (means spring in Turkish)

Ola Adalbertofrenesi!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

Redireccións[editar a fonte]

Ola Adalbertofrenesi! Lin a tua mensaxe sobre as redireccións, e éstas xa están feitas. Grazas por dar eses pequenos toques de atención Grazas. Resorte(Dicias Algo?)

Páxina ao chou[editar a fonte]

Feito. --Prevert(talk) 22:47, 7 outubro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Adalbertofrenesi. Como xa sabes, a Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos. Este feito posibilítanos ollar con perspectiva a evolución do wiki e decatarnos de que estamos nunha etapa crucial no desenvolvemento do proxecto galego e da comunidade de usuarios da Galipedia. É o momento de celebrarmos que o esforzo realizado por múltiplos e heteroxéneos usuarios está a dar un froito que cando se iniciou o proxecto semellaba utópico e que nos permite albiscar un futuro inda mellor.

Como celebración do éxito que supón acadar esa cifra, inconcibible sen a colaboración daqueles compañeiros que, coma ti, están fortemente implicados no proxecto, están á túa disposición os seguintes novos espazos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando o teu parecer en Wikipedia talk:20.000 artigos. Grazas pola túa colaboración e a túa compañía --Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:21, 6 decembro 2006 (UTC)

a outra Galiza[editar a fonte]

movín Galitzia para Galitsia porque, como digo nos motivos, é máis respectuosa co orixinal polaco. --Sobreira (parlez) 02:50, 6 decembro 2006 (UTC)

Batalla de Normandía[editar a fonte]

Saúdos, estaba a ver o artigo sobre o desembarco de Normandía que comezache porque quería realizar un sobre toda a batalla de Normandía (dende os desembarcos ata a liberación de París). A miña idea era facer un artigo xeral sobre a batalla con enlaces a artigos que falen sobre capítulos puntuais como os desembarcos. Que opinas? Beninho 03:08, 2 marzo 2007 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:07, 3 outubro 2007 (UTC)

Algunhas dúbidas[editar a fonte]

Non sei se teño que preguntarcho ou debería falar cun administrador, pero como me falaches tí ai vai: como verás nos meus artigos non poño imaxes, nin escudos nin nada, só texto. Estiven lendo as instruccións para cargar imaxes e non me parece nada fácil. As imaxes teño que telas no meu pc descargadas ou teño que ir a algún arquivo online? se me explicases brevemente como é o proceso para subir imaxes agradeceríacho, se ves calqueira erro dimo porque son moi experto nisto. Saúdos! Galipedia

Licenza GFDL[editar a fonte]

Ola, parabéns polo teu traballo, pero o fin non xustifica os medios. Respeta o traballo dos demais, se fas a tradución ou adaptación dun artigo doutra wiki estas obrigado a mencionalo expresamente. Senón o fas estás a vulnerar os dereitos de todos aqueles que xa traballaron no artigo que che serviu a ti para facer o teu, compañeiros a fin de contas. Rógoche revises o teu traballo e cumplas co obrigado. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 19:39, 23 outubro 2007 (UTC)


Simplemente na caixa de resumo cando grabes por primeira vez ou cando fagas algunha modificación do artigo. Podes ver o consello que deixou Prevert no taboleiro dos administradores (agora creo que está arquivado alí) de poñerlle a referencia a aqueles artigos que non tiveran relacionado a autoría. Desculpa se fun un pouco brusco pero e que é unha práctica demasiado común na Galipedia e semella ir en aumento. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 20:22, 23 outubro 2007 (UTC)

Maior motivo que o traballo de orixe sexa de varios coautores desinteresados. O exemplo vese no caso contrario. Traduciron o artigo do Castro de Las pero non puxeron a orixe. Para un editor calquera o artigo é orixinal, a Galipedia non foi a fonte. Pior se temos en conta o tamaño da Galipedia pois co tempo semellará máis lóxico que o artigo sexa orixinario da española e non da galega. Se se referencia candos e fai a tradución a Galipedia é mencionada como fonte, e pode ser fácilmente contrastable o contido e as posibles melloras que se fagan no orixinal. Xa non é cuestión de que a licenza esixa mencionar a autoria senón de propia xustiza. Aquí ninguén cobra rén, alomenos decir que os galegos fixeron o artigo.. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 20:27, 23 outubro 2007 (UTC)

Unha aclaración sobre cambiar o nome dunha páxina que xa existe.[editar a fonte]

O tema é que estou facendo a traducción das rexións de italia da wiki italiana (vistos o comentarios anteriores porei as fontes) e aproveitos os links vermellos que hai na páxina Italia, sección rexións. O que pasa é que despois de facer os artigos vexo que os nomes iniciais son Umbría-Umbria e Emilia Romaña-Emilia Romagna (estes sen guión Emilia-Romagna). Entón se buscas no buscador Umbría non aparece nada porque a entrada é Umbría-Umbria, non hai forma de cambiar isto? E con Emilia Romaña, non hai forma de porlle Emilia-Romaña e Emilia-Romagna redireccionada? Graciñas por todo e desculpas ao anterior comentario polo das fontes.

Jonathan Chapela

Cidades de Romanía[editar a fonte]

O problema non se dá só con Romanía, mais tamén noutros artigos que empregan o template {Infobox_País}, como Bélxica - België. A variábel "cidade_principal" coloca automaticamente unha ligazón para [[:Category:Cidades {{{de|de}}} {{{nombre_común|{{PAGENAME}}}}}, ou sexa, que se colle a PAGENAME real que, no noso caso, respecta o nome propio do país e por iso resulta nesas categorias existentes. Imaxino que o template foi traído da wikipedia española, na que os lugares coñécense só co nome en español. Non sei ben como funcionan as redireccións de categorias, pero penso que non é posíbel, polo que haberá que pensar en adaptar o template. --Xosé (✉) 13:00, 24 outubro 2007 (UTC)

Auguste Comte[editar a fonte]

Ola Adalbertofrenesi ! Dirixome a ti porque eres o creador do artigo Auguste Comte, e o millor podes darme axuda a pregunta que puxen eiqui Conversa:Auguste Comte. Un cordial saúdo ElviraConversa con mi 11:10, 25 novembro 2007 (UTC)

Participación nas primeiras eleccions "democráticas"[editar a fonte]

Ola!. Só por se non estiveses ao tanto, infórmote de que es un dos poucos que podes participar nas Primeiras votacions "democráticas" a administradores (ás que se presentan 3 candidatos). Pareceume importante facercho saber para que poidas exercer o teu dereito, sempre que o estimares oportuno, pero polo menos que estiveras informado, pois a informacion é un dos piares da liberdade. Saúdos. ---- Maañón00 (o que ho?) 20:52, 25 novembro 2007 (UTC)

Imaxe con orixe en Commons[editar a fonte]

Ola Adalbertofrenesi. Grazas por contribuíres a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Imaxe:Panama flag large.png, localizamos a orixe da imaxe en Commons (Commons:Image:Flag of Panama.svg), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.

Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Imaxe:Panama flag large.png foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), ponte en contacto comigo para e restaurar a imaxe.

Un cordial saúdo.

--Lmbuga Commons - Galipedia 19:29, 31 decembro 2007 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:14, 30 xaneiro 2008 (UTC)

As imaxes Imaxe:Patton.jpg, Imaxe:Hispania.png, Imaxe:Visigodo.gif foron marcadas para borrar por ausencia de datos. Se é posible, agradézoche que llos engadas. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:37, 27 marzo 2008 (UTC) O mesmo para Imaxe:Lancio sputnik.jpg-- Lmbuga / Conversa comigo  22:18, 28 novembro 2008 (UTC)

Cuestionario onomástica[editar a fonte]

Ola, Adalbertofrenesi! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:18 (UTC)[responder]

Aviso na taberna de axuda[editar a fonte]

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 22:02 (UTC)[responder]

Calvin Coolidge[editar a fonte]

Boas Adalbertofrenesi, o artigo Calvin Coolidge, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 13:13 (UTC)[responder]

Tamén ten o mesmo marcador o artigo Ucronía. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xullo de 2017 ás 15:48 (UTC)[responder]
E tamén Herbert Clark Hoover. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xullo de 2017 ás 21:28 (UTC)[responder]
Tamén ten o marcador o artigo Carga útil. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de agosto de 2017 ás 08:15 (UTC)[responder]

Servizo Federal de Seguridade[editar a fonte]

Boas Adalbertofrenesi, o artigo Servizo Federal de Seguridade, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 22:25 (UTC)[responder]

Península do Sinaí[editar a fonte]

Boas, o artigo Península do Sinaí, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 16 de febreiro de 2020 ás 22:33 (UTC)[responder]

Ciclo hidrolóxico[editar a fonte]

Boas, o artigo Ciclo hidrolóxico, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 21 de novembro de 2020 ás 22:24 (UTC)[responder]

Boas, o artigo Afelio, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 24 de febreiro de 2021 ás 21:26 (UTC)[responder]

Catedral[editar a fonte]

Boas, o artigo Catedral, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, RubenWGA (conversa) 11 de marzo de 2021 ás 21:41 (UTC)[responder]

Forzas Armadas de Portugal[editar a fonte]

Boas, o artigo Forzas Armadas de Portugal, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, RubenWGA (conversa) 20 de xaneiro de 2022 ás 16:42 (UTC)[responder]

Richard Nixon[editar a fonte]

Boas, o artigo Richard Nixon, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 27 de marzo de 2022 ás 17:43 (UTC)[responder]

Batalla de Lepanto[editar a fonte]

Boas, o artigo Batalla de Lepanto, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 25 de abril de 2023 ás 07:58 (UTC)[responder]