Conversa modelo:Proteína

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cromosoma (humano) / Cromosoma humano[editar a fonte]

Non sería posible que a liña Cromosoma = remitise a Cromosoma humano en lugar de a Cromosoma (humano)? Téñase en conta que en inglés poñen o adxectivo diante (human chromosome) e cando se ven obrigados a poñelo detrás non é sintacticamente normal, polo que o poñen entre prénteses, é dicir, Chromosome (human). Pero nós non temos necesidade neste caso (noutros exemplos si) de utilizar aquí parénteses, porque para nós dicir Cromosoma humano é perfectamente normal. Outra solución sería crear nos distintos artigos de cromosomas redireccións deste tipo: Cromosoma 15 (humano), pero xa hai páxinas e redireccións con Cromosoma 15 e Cromosoma 15 humano (e así con outros cromosomas doutro número). Co tempo chegaranse a facer páxinas do cromosoma 15 de chimpancé, Cromosoma 15 de rato, etc. Eu non sei como se fai iso, e agora o que está a pasar é que nas páxinas que teñen o Modelo:Proteína, aparece en vermello a ligazón Cr... (o número), cando en realidade as páxinas de moitos deses cromosomas xa están feitas.--Miguelferig (conversa) 18:45, 19 de abril de 2012 (UTC)

Feito! Feito!, fixen que apuntara a Cromosoma "número" humano. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:16, 21 de abril de 2012 (UTC)