Conversa modelo:Discordo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Propoño mudar-lle o nome a este modelo e substituí-lo por Discrepo. O uso de discordo fai-se raro; fíxo-o notar Lameiro na votación sobre Image:Escaravello pataca 01.jpg como Imaxe da Semana [1]. --Xosé (✉) 12:44, 21 xullo 2007 (UTC)

  • Discordo Valga a redundancia. Se tal podería ser En discordo, pero discrepo non o vexo. Aínda así prefiro como está. AlberteSi, digame? 13:45, 21 xullo 2007 (UTC)
  • Concordo (naturalmente). "Discordar" e "Discordo" son dous palabros que nunca oín nin lin na miña vida, ata que o vin aquí na Galipedia. Pedro --Lameiro 21:11, 21 xullo 2007 (UTC)
    • En vez de discrepo, que tal Opóñome? --Xosé (✉) 15:26, 11 outubro 2007 (UTC)

  • Só quería comentar que teño problemas con este template dende que Xosé lle engadiu a Category:Mantemento. --Toliño (Fala aquí comigo) 15:39, 11 outubro 2007 (UTC)

(Xa está solucionado. --Toliño (Fala aquí comigo) 16:39, 11 outubro 2007 (UTC))


  • A min gústame máis "opóñome" que "discrepo", e pásame coma a algúns que tamén o comentan, ata que cheguei eiqui non "discordara" con ninguén na miña vida. ;) Alma (fálame eiquí) 16:06, 11 outubro 2007 (UTC)
  • Boa opción a de opóñome, quizais menos pedante que discrepo. ;)Lansbricae (Ti dirás) 16:35, 11 outubro 2007 (UTC)
  • Penso tamén que o de Opóñome é boa opción. --Toliño (Fala aquí comigo) 16:39, 11 outubro 2007 (UTC)
  • Pois eu prefiro En desacordo. AlberteSi, digame? 17:00, 11 outubro 2007 (UTC)
  • Prefiro a opción "Concordo" e "Discrepo". Fan boa parella e non parece tan "agresiva" como "Opóñome". Tampouco non está mal o que propón Alberte: "En desacordo", pero iso implicaría muda-la primeira opción a "De acordo" para que fixeran unha parella harmónica. Pedro --Lameiro (conversa) 19:35, 11 outubro 2007 (UTC)