Conversa categoría:Xogadores do Al-Hilal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na Galipedia, si vexo coherente unha categorización por xogadores do Dépor, de Madri, do Barçaou de Milán, pero equipos coma este non entran dentro das nosas posibilidades de seguimento. --Atobar (conversa comigo) 11:20, 11 setembro 2009 (UTC)

  • A ver, o das categorías évos algo bastante complicado porque, cando se considera que é apropiado crear unha? Na miña opinión, e mentres non haxa un maior desenvolvemento das actuais (temos algunhas eivas nalgunhas das máis básicas), deberiamos quedar cunha categorización básica pero concisa. Arestora, poida que non necesitemos tanta concreción. Concordo con Atobar. --Toliño Fala aquí comigo 11:34, 11 setembro 2009 (UTC)
  • Bueno, eu cando creo estas categorías fagoo pensando cicais nun proxecto máis global que o máis próximo. É dicir, Dépor, Madrí, Barça ou Milán si, pero tamén máis. Non sei se me explico... aínda que me supedito á opinión dos usuarios, por suposto. Unha aperta, compañeiros. --Krisko 11:38, 11 setembro 2009 (UTC)
  • Non lembro onde, pero parecérame ver nalgures que era pertinente crear unha categoría cando existían 10 artigos categorizables como tal. É bo ou mal criterio? Non o sei, pero podería servir. Se existen artigos de 10 xogadores que xogaron no mesmo equipo, podería crearse. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:53, 11 setembro 2009 (UTC)