Conversa categoría:Personalidades da política de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Temos a Categoría:Personalidades da política de Galicia e a Categoría:Políticos de Galicia. Unha das dúas sobra. Eu case que apostaba por eliminar a primeira, xa que a de Categoría:Políticos de Galicia vai en consoancia coas restantes subcategorías presentes na Categoría:Personalidades da política por país. --Paradanta (Cóntame) 11:20, 1 de maio de 2011 (UTC)

Ollo, se se fixera iso, antes de eliminar nada, habería que mudar a categoría nos máis de 100 artigos, un por un--. HombreDHojalata.conversa 11:36, 1 de maio de 2011 (UTC)

  • Pois se hai que facelo vaise facendo pouco a pouco, pero non podemos ter dúas categorías diferentes para a mesma cousa. Creo que é mellor eliminar esta, ademais de porque a Categoría:Políticos de Galicia vai na liña das demais categorías análogas, está ben subcategorizada, cousa que esta non o está.
Se finalmente se decide a eliminación comprométome eu a lle ir mudando pouco a pouco a categoría aos artigos encadrados nela (se cadra lévame un mes, pero fágoo), e cando estea libre de artigos márcoa como lixo para que un administrador a borre, ok?--Paradanta (Cóntame) 11:48, 1 de maio de 2011 (UTC)
Pero ¿non quedamos en evitar, no posible, o uso de categorías "masculinas"? Falamos disto hai pouco e creo que a conclusión ía por utilizar preferenmte formas como "personalidades de" antes que "Políticos de". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:56, 1 de maio de 2011 (UTC)