Conversa categoría:Esqueleto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Creo que habería que uniforma-los títulos: non ten sentido ter frontal (óso) xunto a Óso temporal e Óso nasal. De facer falta esa puntualización, como é o caso de temporal, ¿non sería máis coherente temporal (óso) e nasal (óso)? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:53, 1 decembro 2008 (UTC)

  • E ó dar á Vista previa vexo que témo-las dúas formas: temporal (óso) e Óso temporal. Pedro --Lameiro (conversa) 17:53, 1 decembro 2008 (UTC)
    • Eu prefiro que os nomes sexan "óso tal" "óso cual", e así evitamos as parénteses... --Toliño Fala aquí comigo 17:57, 1 decembro 2008 (UTC)
      • ¿E aplicar ese mesmo criterio a tódolos demais ósos (óso occipital, óso vómer, óso maxilar...)? Facer iso obrigaría a moitos cambios nas ligazóns internas. Pedro --Lameiro (conversa) 18:06, 1 decembro 2008 (UTC)
        • Pódense deixar como redireccións. Só o digo porque é mellor non usar parénteses agás cando sexa estritamente necesario ou non haxa outra alternativa. --Toliño Fala aquí comigo 18:11, 1 decembro 2008 (UTC)
  • Non acabo de entender. Se occipital non dá lugar a confusión, a entrada sería occipital, sen máis; se temporal dá problemas, a entrada sería óso temporal. O caso é que hoxe nasal non ten problema, pero hai un artigo fosa nasal, e mañán pode haber un (consoante) nasal. ¿Cambio, xa que logo, temporal (óso) e frontal (óso)? Pedro --Lameiro (conversa) 18:50, 1 decembro 2008 (UTC)
    • Non sei se eu non te entendín a ti, ou ti non me entendiches a min. A ver: eu digo que prefiro que as páxinas sobre ósos sexan "óso frontal", "óso temporal", "óso ..." para cando haxa confusión con outro artigo e que teñan a denominación sen óso para cando non a haxa. Quizais non sexa o mellor xeito, se alguén atopa outro que o diga. --Toliño Fala aquí comigo 19:02, 1 decembro 2008 (UTC)