Conversa categoría:España

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

España non debería estar tamén categorizado en África, parte do seu territorio pertence a ese continente, en inglés por exemplo teñen a categoría países bicontinentais.

  • Países bicontinentais son Turquía, coido que con menos dun 3% en territorio europeo, ou Rusia, que anda aí, entre medias. Pero polo que teño escoitado fálase das illas Canarias como o territorio ultraperiférico europeo, non africano. E ao respecto das cidades autónomas, supoño que empregaran o mesmo baremo. É dicir, Europa non recoñece ese territorio como africano, mais Turquía si fala da súa europeidade, o mesmo ca Rusia. Así o entendo eu. Que alguén me corrixa se ando nun erro.--Atobar (conversa comigo) 10:51, 19 abril 2009 (UTC)
  • A categoría Europa non fai referencia á Unión Europea, é Europa como continente xeográfico e todos os xeógrafos que eu saiba concordan en que Canarias é África, neste caso non é política é xeografía.--RNC 10:55, 19 abril 2009 (UTC)
  • Tan só unha precisión a Unión Europea como non podía ser doutra forma recoñece que as Canarias están en África [1] o que non impide que se refira a elas como territorio europeo pois como parte de España están totalmente integradas na Unión Europea --RNC 12:16, 19 abril 2009 (UTC)
Daquela está bastante claro. Boa achega, RNC. --Atobar (conversa comigo) 12:22, 19 abril 2009 (UTC)