Conversa categoría:Escritores de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Debería revisarse esta categoría e mais a de Escritores en lingua galega. Sei que son conceptos diferentes pero o feito é que solapan. E ¿que facemos cos que escribiron en castelán e mais en galego? Pedro --Lameiro (conversa) 16:38, 12 novembro 2007 (UTC)

  • Os que escribiron en castelán e galego irían nas cats: Escritores de Galicia, Escritores en lingua galega, Escritores en lingua castelá. Eu creo que esta act. é necesaria para englobar a tódolos escritores galegos, independentemente do idioma no que escribiran. AlberteSi, digame? 16:45, 12 novembro 2007 (UTC)
    • Entón xa che vexo recategorizando o millón e medio que temos só en Escritores en lingua galega. Amén de definir qué entendemos a estes efectos por "escritores galegos": nacidos, criados e mortos aquí; ou tamén nacidos fóra e vividos aquí, e mais os nacidos aquí pero que viviron toda a súa vida fóra. ¿Onde meterías a Constantino García, asturiano de nación pero ó que tanto lle debe a lingua galega? ¿E ó mesmo Sarmiento, berciano de nación e que viviu en Madrid case toda a vida? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:09, 12 novembro 2007 (UTC)
    • Posme nun aprieto. A ver... Creo que mellor que categorizar só por lingua é mellor categorizar por lingua e por procedencia, xa que só por lingua é máis incompleto. Agora ben, comentas dous casos nos que pode haber dificultades. No caso do asturián as categorías que poría son category:Escritores de Asturias e Category:escritores en lingua galega. O caso de Sarmiento é máis difícil. Non sei a onde pertencía o Bierzo daquela, mais se el se sentía galego creo que pode ir como Escritor de Galicia, xa que entre o Bierzo e Galicia hai moitos vencellos. Respecto ó de nacidos, criados ou mortos, creo que para darlle a categoría de escritor galego (actualmente) o escritor debe ser galego. No estatuto de Galicia creo que di quen se consideran galegos e cales non. Creo que me fixen un pouco de lío, espero que entenderas a explicación. AlberteSi, digame? 18:40, 12 novembro 2007 (UTC)
  • Concordo con User:Albert galiza, o tema non e facil pa resolver, pero vale mellor gardar as dúas categorias, porque as dúas teñen sentido. Véxase como as outras wikipedias categorizan aos escritores (por lingua, por nacionlidade e a nacionalidade leva tamen problèma). Ramon del Valle Inclan y Camilo José Cela son indudablemente escritores de nacionalidade española, e non impide que a mín pareceme que e o boo no conocemento (en sentido de cultura general) de saber que son galegos aun que non escribiron en galego. Rosalía de Castro escribiu nas duas lenguas e o meu parecer, ten que estar nas catro categorias (lingua castelana, lingua galega, escritor espagnol - por haber escrito en galego, como en castelan - e escritor galego . Manuel Curros Enríquez e sin duda un escritor español, e é tamen escritor galego, ei van tres categorias (Vexase eiqui esta nunha lista de escritores españoles de expresion galega fr:Liste d'écrivains espagnols, por outra banda esta lista non é muy boa pero a idea esta ehi). Polo momento para coos exemplos. Pa resumir a miña opinion, planteo  :
  • unha enciclopedia non é fonte primaria do estado da sabiduria no momento que se fai. Unha enciclopedia movese co seu tempo, o seu rol é de dar o estado da sabiduría tal como anda polos "sabios".
  • o estado da sabiduria collese nas fontes primarias fiables ecetéra (ver os piares), un escritor que escribe en galego ou en castelan pode estar reconocido que representa algo a outro nivel (Rosalia de Castro corresponde o romanticismo español ao lado de Gustavo Adolfo Bécquer, Gertrudis de Avellaneda e Carolina Coronado, tanto pola sua obra en castelan como en galego)
  • pa clasificar un escritor non hay problema si se trata da(s) lingua(s) na(s) que escribiu,
  • a nacionalidade xa e a cousa mais complexa. Milan Kundera tuvo duas linguas e duas nacinalidades, mentrás que Samuel Beckett duas linguas e creo que solo unha nacionalidade, logo hay a nacionalidade do carnet de identidad e a nacinalidade cultural , historica, ....
  • logo podese tamen clasificar por teatro, novelas etc., incluido ou non na lingua etc ...

Todo esto falando unicamente dos escritores, pas obras e outro tema. En conclusion a miudo ca Galipedia medre pois iremos discutindo os criterios pa facer categorias, polo momento na miña opinion debese gardar as duas categorias Escritores de lingua galega e Escritores de Galicia. En tal caso pode abrise eiqui ou nunha páxina special unha disucion pa decidir os criterios pa entrar na categoria "Escritores de Galicia" : que naceron en Galicia e que a sua obra fala de Galicia, ou que basta con que naceran en Galicia etc.... Pa medrar debese ter un monton de artigos, e niste caso e util pa persona que consulta a enciclopedia de ver unha organizacion que ten sentido. A estruturacion dos conocimientos podese discutir, as outras wikipedias non resolvendo a estructuracion co mismo xeito. Ainda que pa o mais importante e casi a mesma cousa. Eso non impide discutir porque a discusion entre os contribuyentes obrigaos a compartir sentido, e eso e boo pa traballar xuntos. Por outro bando as discusios levan sempre rifas e tense que ser forte pa cas rifas non leven perxuicio o proxecto. A Galipedia ten que medrar, madurar e ira pa diante ! Falei moito e non escribin ningun artigo. Xa que perdo tempo acabo por aliviarme : vin por ei un artigo de escritores famosos (non se me acordo como o atopei), pois eu si tiña tempo decia de borralo, o aspecto enciclopedico de "famoso" é muy especial (cantidade de libros vendidos no mundo ? / cantidade de artigosos de x xornales ???). Non da mais, polo momento solo traballo como peon (lol), e gustariame que se garde esta categoria. Si a gardamos, propoñome de ir pouco a pouco nos escritores de lingua galega e botarlle por demais a categoria Escritores de Galicia, salvo a xente como Garcia Lorca, porque escribiu un pouco en galego pero no é escritor de Galicia (lol). Saúdos pa todos ElviraConversa con mi 00:55, 13 novembro 2007 (UTC)

as cantidades de categoria pa un artigo[editar a fonte]

Ando aproveitando a crianza de categorias novas. (Perdin un pouco tempo con Carson Mc Cullers, porque descubrin que andaba pola Galipedia e é unha das miñas autoras preferidas). Explico como fago , por si non concrdais :

  • a cantidade de categorias non ten importancia si tén sentido.
  • as categorias dunha persoa teñen que dar unha estructura da sabedoria sobre ela

Exemplos : A Rosalia de Castro saqueille a categoria Literatura, xa que esta en 4 tipos de Personalidades da literaura. Os catro tipos de personalidade (duas lenguas e duas procedencias) non se comen entre si. Deixeille as categorias Rexurdimento e Día das Letras Galegas . No seu caso, sendo unha autora significativa tamen podrian porse categorias do tipo nacida en etc.

Exemplos doutras wikis :

pa Honoré de Balzac un dos mais importantes escritor frances do seculo XIX  :
  • na francesa : Catégories : Page semi-protégée • Honoré de Balzac • Écrivain français du XIXe siècle • Dramaturge français du XIXe siècle • Essayiste français • Journaliste français du XIXe siècle • Imprimeur français • Critique littéraire • Naissance en 1799 • Décès en 1850
  • na inglesa : Categories: 1799 births | 1850 deaths | People from Tours | French novelists | French short story writers | French fantasy writers | Burials at Père Lachaise Cemetery | Roman Catholic writers | French Roman Catholics
  • na española : Categorías: Wikipedia:Artículos buenos en w:en | Wikipedia:Artículos destacados en w:en | Escritores de Francia | Escritores del siglo XIX | Escritores en francés | Novelistas de Francia | Literatura del Realismo | Nacidos en 1799 | Fallecidos en 1850 | Index Librorum Prohibitorum.
  • na portugesa : Categorias: Honoré de Balzac | Autores de literatura gay. O da portugesa é un pouco raro : fanlle unha categoria pa il como os franceses ; é moito extraño de por Balzac na literatura gay ????.
pa Miguel Delibes:
  • na francesa : Catégories : Écrivain espagnol • Écrivain de langue espagnole • Avocat espagnol • Lauréat du Prix Cervantes • Naissance en 1920
  • na española : Categorías: Abogados de España | Escritores de España del siglo XX | Escritores de España del siglo XXI | Escritores en español | Novelistas de España | Premio Príncipe de Asturias de las Letras | Premio Cervantes | Académicos de la Real Academia Española | Periodistas de España | Escritores de Castilla y León | Escritores ganadores del Premio Nadal | Nacidos en 1920 | Vallisoletanos.
  • na inglesa : Categories: 1920 births | Living people | Spanish writers | Spanish novelists | Premio Cervantes winners | Spanish lawyers

Ningunha e perfecta, pero a Galipedia millorase ! ElviraConversa con mi 21:24, 18 novembro 2007 (UTC)

  • Eu iso de categorizar ós escritores de Galicia tamén como Escritores de España, non me acaba de convencer. Ademais de ser redundante, ó chegar a certos autores o considero un insulto cara eles, como pode ser o gran Ferrín. Non sei, é un tema complexo. AlberteSi, digame? 21:39, 18 novembro 2007 (UTC)
  • Si que é complexo si, pero no caso do Ferrín supoño que xa o terá superado porque o seu DNI é como o do resto dos mortais, quizais lle gustase menos ao Gran Sarmiento que non o consideremos Escritor de Galicia só por ter nacido uns quilómetros máis aló do Padornelo... A cousa da para debate e deabte si. Lansbricae (Ti dirás) 21:45, 18 novembro 2007 (UTC)
  • Claro, aquí está o tema de se o DNI imposto dinos quen somos. A min por moito que me poña que son español eu non mo considero, e se non me sinto español, coido que non son español. Se fora escritor e tivera un artigo na galipedia que puxera que son español revolveríame sobre min mesmo e me cabrearía bastante, porque ademais categorizando só como galego xa se entende que pertence a España. AlberteSi, digame? 21:49, 18 novembro 2007 (UTC)
  • Pois concordamos logo no fundamental. Sarmiento para min é escritor galego a pesares de non ter nacido en Galicia. Por iso eu era partidario de entender a Categoría escritores de Galicia no conceto máis amplo posible, inda que iso levase a valorar a subxetividade de se o autor se consideraba galego ou non.
No que non concordamos é que para entender que pertence a España categorizandoo só como galego é suficiente. En termos de wiki eso sería así se escritores galegos fosen subcategoría da de España (manténdose tamén ao mesmo nivel que ela). Para nos non faría falla esa categorización coñecemos a nosa realidade política (nos guste máis ou menos) pero para aqueles alleos ao noso ámbito xeográfico e cultural esa obviedade xa non é tal. Para un rumano que non coñeza a nosa realidade se llo poñemos colgando de Escritores de España é español e se non o poñemos non o é. A enciclopedia está pensada cun caracter universalista polo que debemos empatizar cos lectores alleos á nosa cultura e esforzarnos en non considerar plantexamentos que para nós son obvios que tamén o sexan para eles.Lansbricae (Ti dirás) 22:39, 18 novembro 2007 (UTC)
Pa ter en conta esta discusion paro, hasta que concordemos, de por as duas procedencias ElviraConversa con mi 22:03, 18 novembro 2007 (UTC)

Dividir por concellos e provincias[editar a fonte]

Discordo da proposta que se fixo de dividir esta categoría por concellos e provincias. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xuño de 2014 ás 21:19 (UTC)[responder]

Porqué? Quero dicir, se dividimos por concellos, séculos e provincias (por exemplo) se podería alixeirar a categoría. Tamén se podería dividilos por lingua (e así moitas veces eliminaríamos a duplicidade de telos en "Escitores en lingua galega" e "Escritores de Galicia", pasando a telos en "Escritores de Galicia en lingua galega", que a súa vez penduraría das dúas anteriores. Non se trata de eliminar información, se trata de non ter unha categoría de 1400 páxinas. --Norrin (Fálame) 7 de xuño de 2014 ás 09:02 (UTC)[responder]
Si, pareceme ben dividir por séculos ou por categorías máis concretas que especifiquen lugar e lingua, do tipo: Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega. Serían categorías útiles. Dividir por provincias ou concellos non, non me parece axeitado neste caso. De calquera xeito, engadín {{TOC categoría}}, que fai a categoría máis usable. --. HombreDHojalata.conversa 7 de xuño de 2014 ás 09:29 (UTC)[responder]
Outra cousa que se pode facer, HombreDHojalata, é dividir por xéneros. Os Poetas poden ir en "Poetas de Galicia", non cómpre que estean nas dúas. --Norrin (Fálame) 10 de xuño de 2014 ás 07:36 (UTC)[responder]
Iso está claro, no caso dos autores que unicamente cultivan a poesía. --. HombreDHojalata.conversa 10 de xuño de 2014 ás 07:52 (UTC)[responder]