Conversa categoría:Empresas de alimentación

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Copio e pego comentario de Lameiro na miña páxina de discusión, e inicio debate --Xabier Cid 08:05, 30 agosto 2007 (UTC)

  • Xabier: ten presente que xa temos "Industrias alimentarias" para cousas como "Pizza Móvil". Alí teño metido "Depuradora", "Furancho" e "Restaurante". A miña idea non contemplaba empresas concretas pero aínda así creo que as dúas categorías se solapan. Pedro --Lameiro 01:16, 30 agosto 2007 (UTC)

Respondo: En primeiro lugar, asumo o meu erro porque non sabía desa categoría. Pero despois de analizar a brillante descrición que fixeches da categoría, temo que os nomes de empresas concretas de alimentación (dende Coca Cola a Pescanova pasando pola xa existente Pizza Móvil) non teñen moita cabida nese esquema. Ocórrenseme tres vías de solución:

    • Fusionar as dúas categorías dentro de industrias, por exemplo, e facer unha subcategoría posterior interna de empresas concretas (e polo tanto incluír esta na descrición)
    • Fusionar as dúas categorías dentro de industrias e non facer ningún tipo de división interna
    • Mantelas como categorías separadas.

A min paréceme máis axeitada a primeira, pero ti como o ves? --Xabier Cid 08:05, 30 agosto 2007 (UTC)