Conversa categoría:Compositores de Francia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Existen dúas categorías bastante similares: Compositores de Francia e Personalidades da música de Francia. Eu creo que unha delas sobra. Cal? A ver que opina o persoal.--Atobar (conversa comigo) 22:52, 7 abril 2009 (UTC)

Pódese manter, xa que é un grupo máis específico. Fixen algúns cambios nas categorías para que quedara algo mellor. --Iago dime 10:16, 8 abril 2009 (UTC)

Creei sen darme conta unha nova categoría: Compositores franceses. Propoño pasar tódolos compositores desta categoría á nova (que vai máis a corde co resto de páxinas de compositores por procedencia que empregan o xentilicio e non o nome do país) e eliminar esta, non considero que a miña categoría sexa mellor ou peor, senón que todas menos a dos compositores de Francia, empregan o xentilicio. Un saúdo Piquitoconversa

  • Parece coherente. Iso si, se decidimos borrala daquela antes hai que transferir todo o que está aquí para aló e só nese momento, non antes, marcar esta categoría como lixo. En todo caso, debo dicir que se non estivesen feitas xa as categorías sobre os xentilicios, eu sería partidarios de indicalo por país, porque, por exemplo, por poñer un caso, Chopin iría en Polonia pero tamén en Francia. Cantos artistas non serán de fóra en Francia (Ionesco, Tzara, Nemirovski, Arrabal, o propio Semprún, mesmo Picasso)? --Atobar (conversa comigo) 10:20, 17 de xuño de 2011 (UTC)
Apunto que existe o modelo {{Redirección de categoría}}. Para poñelo entrementres. --Toliño Fala aquí comigo 10:22, 17 de xuño de 2011 (UTC)
Eu co caso de Chopin o puxen nas dúas, non sei o que pensades ao respecto, noutras wikis como en:wiki se fai, non creo que ese sexa un problema sempre e cando o país tivera unha relevancia na súa carreira (ben formativa ou ben profesionalmente) ou vivira un tempo considerable ou se considerara el mesmo dese país como con Honegger que vivíu máis en Francia que en Suíza (falando de memoria), naceu en francia, mais se consideraba suízo e nunca renunciou á nacionalidade suíza a pesar de vivir en Francia. Eu redirixiría a categoría mentres non solucionemos o asunto. Un saúdo Piquitoconversa
  • Unha pregunta que se me acaba de ocorrer: as categorías pódense fusionar como os artigos?? Piquito

¿Futbolistas franceses ou futbolistas de Francia?[editar a fonte]

  • Na Galipedia temos unha pequena ensalada no formato das categorías e vai levar moito traballiño unificala o día que nos poñamos. Por so falar do tema xentilicio/país temos as dúas opcións, ollade o contido dos exemplos:
  1. Opción xentilicio, nestas categorías todas as subcategorías teñen o formato Futbolistas franceses: Categoría:Actores por procedencia, Categoría:Futbolistas por nacionalidade, Categoría:Compositores por procedencia.
  2. Opción país, nestas categorías tódalas subcategorías teñen o formato Futbolistas de Francia: Categoría:Escritores por procedencia, Categoría:Deportistas por país, Categoría:Personalidades da política por país, Categoría:Personalidades por países, Categoría:Personalidades da música por procedencia.

Eu son partidario da segunda opción, que ademais é a maioritaria, e penso que habería que deixalo claro en algures da páxina: Wikipedia:Categorías para que os problemas non se sigan repetindo--. HombreDHojalata.conversa 13:02, 17 de xuño de 2011 (UTC)