Conversa Wikipedia:Monicreques

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O arquivo da redacción vella atópase en Wikipedia:Monicreques/Redacción rexeitada.


Nova redacción[editar a fonte]

Continuando co labor que pretendo realizar de crear e completar as políticas da Galipedia traio un lavado de cara desta sobre usuarios monicreques que no seu día foi rexeitada. Botándolle un ollo á vella e logo lendo esta "nova" pódese apreciar claramente a mesma estrutura, xa que aproveitei moitísimos textos dela. Iso si: pareceume boa idea simplificar algunhas partes e cambiar a orde doutras. Tamén fixen algunha que outra adición.

Ben, pois agora xa está lista para que digades o que vos parece antes de sometela a votación para ver se a facemos oficial. --Toliño Fala aquí comigo 11:50, 12 de setembro de 2010 (UTC)

  • A min paréceme unha redacción moi clara e concreta. Entendo que en breve debería pasar a ser unha política oficial. --Atobar (conversa comigo) 12:09, 12 de setembro de 2010 (UTC)
  • Eu non mirei a política vella pero esta ten moi boa pinta. Saúdos, --Elisardojm 22:13, 1 de outubro de 2010 (UTC)
En esencia, a política vella é moi semellante a esta reelaboración. Non conta con cambios substanciais. Como xa dixen enriba, só intentei simplificala un chisco. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15:17, 2 de outubro de 2010 (UTC)
Pois como dixo Xoacas, dálle pa diante!! :). Saúdos, --Elisardojm 22:14, 2 de outubro de 2010 (UTC)