Conversa Wikipedia:Filtro de abusos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Castelanismos[editar a fonte]

Boas, estiven pensando en meter unha regra que non permita gardar castelanismos a ninguén salvo ós administradores, se algún usuario precisa engadir algún castelanismo, dunha cita ou algo así, pode avisar no taboleiro e listo. Se poñemos esta lista e logo facemos un repaso por tódolos artigos que temos para eliminar os que haxa, cousa que non é complicada coa axuda de todos e dos bots, poderíamos eliminar estes erros para sempre na Galipedia. Que vos parece? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2016 ás 13:29 (UTC)[responder]

O problema que lle vexo é que podería arredar a novos editores que quizais non teñan un nivel académico de galego aínda que sexan galegofalantes de toda a vida, e sería unha pena, editar na Galipedia axuda a mellorar a lingua.--HacheDous=0 (conversa) 11 de outubro de 2016 ás 13:51 (UTC)[responder]
(conflito de edición × 2) Paréceme un cambio controvertido, canda menos. As intencións son boas, dende logo, pero a medida semella excesiva. Quizais eu sería partidario dunha opción intermedia. Eu estaría máis a favor de impedir o gardado cun primeiro aviso que incluíse claramente a lista de castelanismos para alertar o usuario de que os corrixa (en caso de necesitaren corrección), pero coa posibilidade de confirmar o gardado da edición. Evitamos así sobrecargar de traballo aos administradores e a necesidade de que calquera usuario teña que pedir axuda en moitas ocasións, o que pode coartar as melloras dalgunhas persoas. --Toliño Fala aquí comigo 11 de outubro de 2016 ás 13:53 (UTC)[responder]
Concordo con Toliño, para novos editores (- de 10/20/50? edits) pode poñerse un aviso se o filtro detecta algún dos que se lle definan, pero non se pode impedir a edición sen máis, daría demasiados falsos positivos. Banjo tell me 11 de outubro de 2016 ás 14:22 (UTC)[responder]
Banjo, en que casos pode dar falsos positivos? A idea é poñer só os castelanismos que sexan erros perfectamente definidos e totalmente incorrectos, se algún pode dar un falso positivo nalgún caso raro entón non o engadimos, pero non sei se haberá algún así... Logo contesto ó resto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2016 ás 18:06 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Se un usuario novo edita polbo, engade unha referencia a "Moxica, C., et al. "Cultivo intensivo de paralarvas de pulpo, Octopus vulgaris Cuvier, 1797, en tanques de 9 m 3." Boletín. Instituto Español de Oceanografía 18.1-4 (2011): 31-36.", temos *pulpo como castelanismo e non lle deixamos gardar a edición, é un falso positivo. Se outro usuario novo edita historia da medicina, engade unha referencia a "Melendo, E.B., 2007. Instrumental médico-quirúrgico en la" Hispania" romana. Sautuola: Revista del Instituto de Prehistoria y Arqueología Sautuola, (13), pp.181-196.", temos *quirúrgico como castelanismo e non lle deixamos gardar a edición, é un falso positivo... ad infinitum Banjo tell me 11 de outubro de 2016 ás 18:17 (UTC)[responder]

Non creo que sexa boa idea nin que de bo resultado empregar o filtro de abusos como filtro ortográfico. ¿Hai algunha outra Wikipedia, nalgunha lingua, que o faga? --. HombreDHojalata.conversa 11 de outubro de 2016 ás 22:08 (UTC)[responder]
Ah, vale Banjo, non caera na conta das referencias... Dareille outra volta a ver se vexo como facer. HombreDHojalata, o filtro de abusos xa está a ser usado para filtrar insultos e palabras malsoantes, a nova regra sería bastante semellante e semellante a outras que teñen en es.wiki e en.wiki. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2016 ás 22:50 (UTC)[responder]

How we will see unregistered users[editar a fonte]

Hi!

You get this message because you are an admin on a Wikimedia wiki.

When someone edits a Wikimedia wiki without being logged in today, we show their IP address. As you may already know, we will not be able to do this in the future. This is a decision by the Wikimedia Foundation Legal department, because norms and regulations for privacy online have changed.

Instead of the IP we will show a masked identity. You as an admin will still be able to access the IP. There will also be a new user right for those who need to see the full IPs of unregistered users to fight vandalism, harassment and spam without being admins. Patrollers will also see part of the IP even without this user right. We are also working on better tools to help.

If you have not seen it before, you can read more on Meta. If you want to make sure you don’t miss technical changes on the Wikimedia wikis, you can subscribe to the weekly technical newsletter.

We have two suggested ways this identity could work. We would appreciate your feedback on which way you think would work best for you and your wiki, now and in the future. You can let us know on the talk page. You can write in your language. The suggestions were posted in October and we will decide after 17 January.

Thank you. /Johan (WMF)

4 de xaneiro de 2022 ás 18:15 (UTC)