Conversa Wikipedia:Efemérides destacadas/4 de decembro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nesta efeméride dicimos que Louis Aragon morre o 4.12.1982. As únicas fontes que atopo que concretan o día son a wiki, e dan o día 24.12. ¿Alguén podía confirmalo noutra fonte máis "primaria"?

A falta de confirmación (ou case sen ela) proporía substituír esa efeméride por calquera destas que me parecen máis significativas que a morte de Aragon:

Dicimos tamén que o 4.12.1993 tivo lugar a primeira acción dos GAL. Non é certo. Primeiro, porque nesa data, pero de 1983 (dez anos antes), secuestraron a Segundo Marey; segundo, porque xa o 17 de outubro (tamén de 1983) secuestraran a dous tipos de ETA (se ben os corpos non apareceron ata 1985 e non foron identificados ata 1995; e o 18 de outubro intentaron secuestrar a outro dirixente de ETA. O de Segundo Marey foi o primeiro atentado sonado e recoñecido. Isto esixe cambia la data (a 1983) e cambia-la redacción.

Pedro --Lameiro (conversa) 16:57, 3 decembro 2007 (UTC)